ABRE OS OLLOS

Blog da Biblioteca escolar do IES "Marco do Camballón"

lunes, 29 de diciembre de 2014

Torneo de Xadrez con lotaría

O pasado 19 de decembro disputouse a final do torneo de xadrez que contou con dous grupos:
Grupo A: ESO E FPB, con 22 participantes,
Grupo B: Bacharelato e CF Soldadura, cun total de 18.
A clasifiación para esta final iniciouse o 3 de decembro e prolongouse ata o 18, de xeito que cada semana se disputou unha partida en cada un dos grupos, segundo o modelo suízo.
Os catro mellores de cada grupo disputaron a "final-catro" nun tempo de 20 minutos por xogador o día 19 de decembro.

No grupo A resultaron clasificados: Marcos González, Rubén Salvado, Carlos Mella e Diego Rodríguez.


 
 Campión: Carlos Mella
Subcampión:  Marcos González













No grupo B clasificáronse: Martín Saa, Javier Troitiño, Alejandro Gómez e Alejandro González.



 Campión: Martín Saa
Subcampión:  Alejandro Gómez










PARABÉNS!!
Biblioteca en 17:18 No hay comentarios:
Compartir

martes, 23 de diciembre de 2014

“Ronald Figueiredo, axente segredo”

Este venres 19 proxectouse no noso centro “Ronald Figueiredo, axente segredo”, un filme redescuberto polo Clube da Lingua  cando realizaba unha actividade de recolla de información sobre as covas e subterráneos de Vila de Cruces.
O filme, realizado nos anos 80 por un grupo de activistas culturais das Cruces, aborda o tema da identidade galega a través dunha trama detectivesca que toma como punto de partida un achado arqueolóxico. A obra foi cedida ao IES "Marco do Camballón" polos integrantes de "Produccións Cotonudo", Rafael Martínez e Tito Pampín.

A trama delirante, os escenarios, á vez familiares e estraños polo efecto do paso do tempo, e a presenza de persoas coñecidas da vila co aspecto que tiñan 30 anos atrás, mantiveron o público do noso centro entre asombrado, expectante e divertido.


Aquí vos deixamos algunhas fotos e o enlace á entrada de Palabras de Pedra onde atoparedes toda a información que precisedes. 








Biblioteca en 9:00 No hay comentarios:
Compartir

lunes, 22 de diciembre de 2014

Colaboradoras

Ao longo deste trimestre, cinco alumnas do noso centro: Carla Castro, Alba Ramos, Silvia Porteiro, Carmen Lareo e Belén Porteiro  axudaron, de xeito espontáneo e desinteresado, en diversas tarefas da nosa biblioteca: efectuaron préstamo, colocaron os libros nos andeis e comunicaron polas aulas as actividades que levamos a cabo.
Este venres o equipo da biblio quixo recoñecer o seu labor facéndolles entrega das novas crachas de Colaboradoras que deseñou Carla Castro.






Moitísimas grazas ás cinco de parte do equipo da biblio e de toda a comunidade educativa!!!


Biblioteca en 9:00 No hay comentarios:
Compartir

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Sígueme: o desenlace

Sígueme


E os que mellor transitaron pola senda que, tan xenerosamente, nos descubriu o escritor Fran Alonso  son:

Categoría A : Brais Iglesias Montoto (4º ESO) co relato 
O meu desacougo
Categoría B: Noelia Dopazo Blanco (2º BACH) co relato 
A vinganza do porco






Biblioteca en 12:00 No hay comentarios:
Compartir

martes, 16 de diciembre de 2014

Lecturas de Nadal

Este ano as Bibliotecas Escolares andamos ás voltas coas Matemáticas, por iso adornamos a nosa árbore con raíces cadradas, números π e demais símbolos matemáticos...



e empregamos figuras xeométricas como soporte para as nosas recomendacións de lectura para estas festas.









Montaje creado Bloggif
Montaje creado Bloggif

Collede os boletíns de suxestións de lectura como agasallo de Nadal e facédelle un oco aos libros e -por que non?- tamén ás matemáticas durante estas vacacións.


Feliz 2015!!!



Biblioteca en 10:30 No hay comentarios:
Compartir

lunes, 15 de diciembre de 2014

Aviso para cambaNeteir@s






O calendario do concurso CambaNet para o 2º trimestre queda definitivamente así:


1.  Do 12 ao 18 de xaneiro: Departamento de Relixión
2. Do 19 ao 25 de xaneiro: Departamento de Ciencias Sociais
3. Do 26 de xaneiro ao 8 de febreiro: Departamento de Orientación
4. Do 9 ao 15 de febreiro e do 23 de febreiro ao 1 de marzo: Departamento de Filosofía

O mes de marzo faremos un descanso para concentrarnos na avaliación.



Biblioteca en 14:18 No hay comentarios:
Compartir

jueves, 11 de diciembre de 2014

Préstamo de Nadal



Mañá, venres 12 de decembro, comeza o prazo de préstamo de Nadal. Lembrade que podedes levar ata tres exemplares entre libros, CD de música e DVD.


Biblioteca en 13:37 No hay comentarios:
Compartir

martes, 9 de diciembre de 2014

Criaturas

Dámoslle a benvida a Criaturas, a nova revista dixital de Literatura Infantil e Xuvenil en galego.
Aquí tedes o número cero. Axudádelle a emprender o voo, lédea !





Biblioteca en 14:12 No hay comentarios:
Compartir

martes, 2 de diciembre de 2014

MERSH no Camballón

O venres 21 de novembro visitou o noso centro un grupo de estudantes da Facultade de Medicina da USC, entre eles, unha ex-alumna do "Marco do Camballón", María Fermández Mera. Trátase da asociación de estudantes MEIGA que entre outras actividades desenvolve o proxecto MERSH (Hospital de Educación médica, Reprodución e Saúde Reprodutiva) consistente nunha serie de exposicións teóricas e talleres sobre Educación Sexual,  Primeiros Auxilios e Soporte Vital Básico.

Resultou unha experiencia moi interesante e instrutiva para tod@s como poderedes comprobar lendo no seguinte documento as impresións sobre esta xornada que redactaron algúns compañeir@s de 3º e  4º de ESO (incluíndo un microrrelato que o taller de Primeiros Auxilios inspirou a Julieta Penas).


Impresións

Leer más publicaciones en Calaméo

 Aquí tedes algunhas das fotos das actividades:


Mersh - Movie Maker

Aquí o resultado da enquisa de avaliación da actividade que cubreu o alumnado de 3º e 4º de ESO:

Enquisa de avaliación de MERSH

Leer más publicaciones en Calaméo


E aquí a noticia recollida pola prensa:

Faro de Vigo

Voz de Galicia


Biblioteca en 17:43 No hay comentarios:
Compartir
‹
›
Inicio
Ver versión web
Con la tecnología de Blogger.