martes, 22 de junio de 2021

Fin de curso

Rematamos este curso coa presenza desta dúas poetas galegas Aldaolado que non deleitaron coa súa obra e nos fixeron sorrir. Grazas 

jueves, 17 de junio de 2021

Apadriñamento lector ao alumnado de 4º de Infantil

 Os alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora da Piedade foron hoxe apadriñados por un grupo de alumnos e alumnas do IES.


miércoles, 16 de junio de 2021

Apadriñamento lector a 6º de Infantil do CEIP Nosa Señora da Piedad

 O alumnado do IES de 1º de ESO de ITI apadriñaron ao alumnado de 6º de Infantil



martes, 15 de junio de 2021

Graduación

 

Este foi o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Rememoraron o seu paso polo centro, que estivo cheo de grandes momentos. Esperamos que esta nova etapa que comezades sexa moi emocionante e estea cargada de grandes momento. 


20210608 GRADUACION - Kizoa Movie Maker

De vacas no Camballón

 
O vindeiro martes 22, para dar remate a este curso 2020-2021, contaremos no patio do IES Marco do Camballón cos actuación en directo de De Vacas. Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz feminizan en galego e danlle outro ton distinto a canción do verán.

 

lunes, 14 de junio de 2021

Apadriñamento lector ao alumnado de 5ºB de Educación Infantil

De novo voltamos cos apadriñamentos lectores para o alumnado de 5º B de Educación Infantil do CEIP Nosa Señora da Piedade.



miércoles, 9 de junio de 2021

Apadriñamento lector no CEIP Cerdeiriñas

Nesta ocasión toca Apadriñar ao alumnado de 4º de Infantil de Cerdeiriñas, felices lecturas.

 

martes, 8 de junio de 2021

Apadriñamento lector ao CEIP Cerdeiriñas

Hoxe fixemos o apadriñamento lector para o alumnado de 5 de Infantil do CEIP de Cerderiñas de Piloño cos libros: A vaca que puxo un ovo; O xigante do pantano; A merliña; A casa da mosca chosca; O peixe arcoiris.


lunes, 7 de junio de 2021

Apadriñamento lector co CEIP de Cerdeiriñas

O alumnado de 1º de ESO apadriñou ao alumnado de 6º de Infantil do CEIP de Cerdeiriñas. Nesta ocasión leron estes títulos: Caperuchiña vermella; Con tango son tres; A xoaniña rosmona; Once damas atrevidas; Sopa verde.

 

viernes, 4 de junio de 2021

Ser positivo

En calquera situación temos que buscar o positivo. É difícil, ter un pensamento positivo sobre todo porque resulta fácil facer crítica. 
A crítica  constructiva é boa sempre que sexa respecto ás accións  dunha persoa  e non a persoa en sí mesma. Debemos partir por dar confianza as persoas que nos rodean, que non é unha tarefa fácil sobre todo porque hai que tratala e levala con coidado e con delicadeza, poñéndonos no seu lugar e sobre todo sen agobiala.



miércoles, 2 de junio de 2021

Recomendacións de verán




 E que mellor xeito de rematar o curso, que cunha serie de recomendacións que nos fan o alumnado do instituto para estar soñando cos ollos aberto

 

 

 



 

 Felices lecturas.

martes, 1 de junio de 2021

Tecendo autocoidados, fortalecendo á autoestima

Como coidadoras de persoas somos conscientes da importancia que ten o autocoidado ara as coidadores e  coidadores familiares e tamén para as coidadoras e coidadores profesionais, que deben atoparse ben para poder ofrece un correcto servizo. 


20210602 AUTOCOIDADOS - Kizoa Movie Maker

Apadriñamento lector co CEIP Cerdeiriñas de Piloño

 O alumando de 1º de ESO de INEIN acaban de rematar os vídeos para o apadriñamento lector co CEIP Cerdeiriñas de Piloño, nesta ocasión apadriñan ao alumnado de 4º de Educación Infantil.

Estiveron gravando na radio e logo cada un dos alunmos e alunmas fixeron un conto personalizado para cada un dos nenos e nenas do Cole de Piloño. Neste primeiro grupo traballaron: Corre, corre cabaciña; Barbazul; Grazas; Roedores; O desexo do gato Klops; Sacapenas e Cataliña, o oso e Pedro.