Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
- Cada resposta correcta: 5 puntos
- Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
- Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As preguntas son as seguintes:
1. Por unha dedicatoria estampada en 1863 nun libro fixouse o 17 de maio como Día das Letras Galegas. De que libro se trata?
2. Con que autor, homenaxeado no ano 1993, e con que obra se corresponde a seguinte CDU que figura no catálogo da nosa biblioteca: N/BLA/esm
3. Que escritor dos homenaxeados, nacido en Bos Aires, foi tamén un artista gráfico de primeiro nivel?
4. Busca no catálogo da nosa biblioteca que editorial publicou o primeiro volume da obra completa do dramaturgo ao que se lle dedica este ano o Día das Letras?
5. Cal foi a primeira compañía de teatro profesional que fundou o autor ao que se lle dedica o Día das Letras este ano?
1ºPregunta:Cantares Gallegos de Rosalía se Castro.
ResponderEliminar2ºPregunta:Eduardo Blanco Amor,Esmorga.
3ºPregunta:Pablo Bernasconi.
4ºPregunta:Positivas S.L.
5ºPregunta:Grupo de Teatro Antroido.
Miss Carrusel
ResponderEliminar1- Cantares Gallegos
2- Eduardo Blanco Amor
3- Luís Seoane
4- Xerais
5- Grupo de Teatro Antroido
Equipo A:
ResponderEliminar. Cantares Gallegos
. Eduardo Blanco Amor, A Esmorga
. Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao
. Positivas
. Grupo Antroido
1. É debido á publicación do libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.
ResponderEliminar2. Correspóndese co autor: Blanco Amor,Eduardo
Obra: "A esmorga"
3. Luis Seoane, que tamén foi pintor e grabador.
4. Editorial Sotelo Blanco, publicando a obra: "Cochos" no 1992.
5. Grupo Antroido.
1. Por unha dedicatoria estampada en 1863 nun libro fixouse o 17 de maio como Día das Letras Galegas. De que libro se trata?
ResponderEliminarA data de celebración do Día das Letras Galegas , o 17 de maio, débese a que en tal día como este, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares gallegos", de Rosalía de Castro, que marcou o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.
2. Con que autor, homenaxeado no ano 1993, e con que obra se corresponde a seguinte CDU que figura no catálogo da nosa biblioteca: N/BLA/esm
Coa obra “A esmorga” do autor Eduardo Blanco Amor.
3. Que escritor dos homenaxeados, nacido en Bos Aires, foi tamén un artista gráfico de primeiro nivel?
Foi Luis Seoane López.
4. Busca no catálogo da nosa biblioteca que editorial publicou o primeiro volume da obra completa do dramaturgo ao que se lle dedica este ano o Día das Letras?
Publicouno coa editorial Sotelo Blanco.
5. Cal foi a primeira compañía de teatro profesional que fundou o autor ao que se lle dedica o Día das Letras este ano?
A primeira compañía de teatro profesional que fundou Roberto Vidal Bolaño e á súa vez ,a primeira fundada en Galicia, foi Teatro Antroido.
1- De ¨Cantares Gallegos¨.
ResponderEliminar2- Eduardo Modesto Blanco Amor,a escaleira de jacob (1933,galaxia)
3-
4- Galaxia
5- Grupo Antroido
1-Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
ResponderEliminar2-A Esmorga de Eduardo Blanco Amor.
3-Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
4-Positivas.
5-Grupo Antroido.
1.O dia das letras galegas e unha celebracion instituida en 1963 pola real academia galega para homenaxear a aquelas personas que destaquen pola sua creacion literaria no idioma galego e pola defensa ao galego e cada ano dedicaselle a unha personalidade distinta tendo en contaque se exigen polo menos dez anos desde a sua morte. O libro e de rosalia de castro e titulase cantares gallegos.
ResponderEliminar3.Enrique Muiño.
5.A compañia de teatro Antroido, primeira compañia teatral profesional galega.