viernes, 3 de mayo de 2013

CAMBALETRAS 2013. Un concurso para conmemorar o Día Das Letras Galegas. Participa.






Concurso CambaLetras 2013

A biblioteca do IES Marco do Camballón, o Departamento de Lingua galega e literatura e o Clube da Lingua convocan o  concurso CambaLetras 2013.

Como participar

·         Poderá participar todo o alumnado do centro.
·         Deberanse realizar grupos de 3 persoas como máximo, que poderán ser de distintos cursos, pero cada persoa só poderá participar nun equipo.
·         É indispensable rexistrarse no blogue da biblioteca (Abre os ollos). Para rexistrarse débese proceder do seguinte xeito:
o   Entrar no blogue Abre os ollos e buscar a entrada titulada “Rexistro para o concurso CambaLetras 2013”.
o   Enviar un comentario no que se detallen: nome e apelidos dos participantes, curso/s e nome do grupo (será co que se concurse).
o   O prazo para rexistrarse será desde as 9:00h do día 6 de maio ás 20:00h do día 9 de maio. Non se admitirán rexistros fóra dese prazo.
o   A listaxe definitiva de grupos rexistrados publicarase o día 10 de maio ás 9:00h.

En que  consiste o concurso
·         A temática do concurso é a celebración do Día das Letras Galegas desde o seu inicio ata a actualidade.
·         Cada semana publicarase no blogue unha entrada con 5 preguntas que deberán ser respondidas no prazo establecido mediante o envío dun comentario.
·         O calendario de publicación das preguntas, respostas e clasificación será o seguinte:
o   1º bloque de preguntas: do luns 13 ata o venres 17 de maio. Respostas e clasificación: domingo 19 de maio.
o   2º bloque de preguntas: do luns 20 ata o venres 24 de maio. Respostas e clasificación: domingo 26 de maio.
o   3º bloque de preguntas: do luns 27 ata o venres 31 de maio. Respostas e clasificación co equipo ganador (excepto en caso de empate): domingo 2 de xuño.
·         En caso de empate establecerase un calendario especial para responder a unha “superpregunta” de desempate.
·         O sistema de puntuación das preguntas será o seguinte:
o   Cada resposta correcta: 5 puntos
o   Resposta con 1 falta da ortografía: 4 puntos
o   Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
Xurado e premio
O xurado estará constituído por Lucía Puentes, María Barcala, Rubén Noguerol, Séchu Sende e Rosa Salgueiro.
Haberá un único premio de 60 € para o equipo ganador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario