viernes, 17 de mayo de 2013

Nós tamén facemos "Letras Galegas"

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, a Biblioteca do "Marco do Camballón" publica algunhas producións literarias do alumnado. Comezamos por uns SMS de amor que empapelaron as paredes do noso centro desde o 14 de febreiro. Naquela data, ademais dos que aparecen neste vídeo, presentamos outros moitos extraídos das páxinas de Manuel Rivas, Miro Villar, Miguel Hernández, Pablo Neruda, Mario Benedetti, David Mourão-Ferreira, Carlos Negro, Olga Novo, Egito Gonçalves, María Lado, Fran Alonso, Claudio Rodríguez Fer, Estevo Creus, Celso Fernández, Antón Reixa ou Xesús R. Valcárcel. Intensos sentimentos condensados en fermosas palabras que nos inspiraron as mensaxes que podedes ler agora noutro formato. Cambamor on PhotoPeach

1 comentario: