Jorge Mira no IES "Marco do Camballón"
Pechamos este mes do libro e a lectura recibindo a visita de Jorge Mira,
catedrático de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da USC, divulgador científico responsable do programa ConCiencia,
escritor de obras como A ciencia no punto
de mira (nº de rexistro 5478 e sinatura 50/MIR/cie na nosa biblioteca) e colaborador en varios
programas de TV como Cifras e Letras.
Esta última faceta súa e o feito de que este ano foi o encargado de presentar o
Día da Ciencia en Galego, faino un personaxe coñecido para a maioría de vós.
Este mércores 30 estará con nós na aula Manuel Dobarro a partir das 12:50
para falarnos de curiosidades científicas varias.
Estamos seguros de que
desfrutaremos da súa charla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario