O venres 19 de outubro o alumnado de 1º de ESO e 1º de FPBásica
participou un taller de fotografía. A actividade tivo unha primeira
parte teórica impartida por Tania Rios, exalumna do centro e un apartado
práctico a cargo de José Ramón Moire, pai dunha alumna.
Tania
mostrou unha relación de fotógrafos que usan o retrato como base das
súas obras. José Ramón relatou a súa experiencia como fotógrafo
aficionado, mostrou o seu equipo fotográfico e falou da importancia de
aspectos como a luz ou o fondo.
A partir desta actividade iniciarase o traballo transversal sobre educación emocional nas distintas materias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario