Enfermidade mental
Ao
longo do mes de marzo o alumnado de distintos cursos e etapas (3º ESO,
4º ESO, 1º e 2º de FP Básica e 2º CM de Atención a Persoas en Situación
de Dependencia), tiveron a oportunidade de conversar coa psicóloga da
Asociación de Familiares e Enfermos Mentais - MOREA, de Lalín. Foron
unhas sesións moi amenas nas que se achegou ao alumnado información
sobre a enfermidade mental e os factores de risco e de protección ante a
mesma, coa finalidade de dar a coñecer unha realidade moi común pero
que sen embargo está moi estigmatizada socialmente.
Deste xeito,
transmitiuselle ao alumnado unha información fiable e verídica,
promovendo a normalización da enfermidade mental e a concienciación
sobre a importancia do coñecemento, comprensión, respecto e inclusión
das persoas con enfermidade mental nos distintos ámbitos da vida. A
enfermidade mental pode, en definitiva, afectar a calquera ao longo da
súa vida, en distintos graos e intensidades. É unha realidade que afecta
á persoa que a padece pero tamén ao seu entorno, especialmente ao máis
próximo (familia, amizades...), sendo fundamental saber identificala e
aceptala, para poder atallala."
No hay comentarios:
Publicar un comentario