O alumnado do primeiro curso do Ciclo de TAPSD visitou a biblioteca para coñecela e familiarizarse cos fondos e as normas de funcionamento. O grupo interesouse
moito polos libros de psicoloxía que temos na aula do alumnado e levou en préstamo alguns deles, tamén novelas actuais e clásicos da literatura! Parabéns polo voso interse pola lectura! Esperamos que nos visitedes con frecuencia e sigades levando en préstamo moitos libros e películas da nosa biblio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario