martes, 29 de abril de 2025

Apadriñamento lector no CEIP Nosa Señora da Piedade

 


No día de onte, o noso alumnado de 1º ESO de Relixión apadriñou ao alumnado de Educación Infantil no CEIP Nosa Señora da Piedade. 

Cada padriño ou madriña foi buscar aos seus afillados e afilladas lectores ao cole e despois, buscaron un lugar no parque da Residencia para ler o libro. Aparte da lectura, compartiron charlas e xogos  nas instalacións do propio parque.





O alumnado do Camballón foi obsequiado cun marcapáxinas pintado polo alumnado de Infantil. Aquí podedes ver algúns deses marcapáxinas. Moitas grazas!!






lunes, 28 de abril de 2025

Excursión a Barcelona e Tarragona

 O alumando de 3º e 4º de Dramatización e Relixión estiveron a semana pasada percorrendo o corazón de Barcelona: A Basílica de Santa María do Mar ( que inspira o libro da Catedral del Mar de Idelfonso Falcones), o Templo de César Augusto, a Plaza de San Jaume, Casa Milá- La Pedrera, Ponte do Bisbe, Plaza de San Felip Neri (onde se ambienta a película O perfume e Vicky Cristina Barcelona),Casa de l'Ardiaca (casa gótica que foi sede do colexio de Avogados e arquivo histórico), Plaza de Cataluña para finalmente visitar a Sagrada Familia.

Estivemos en Port Aventura desfrutando das distintas atraccións  e espectáculos que o parque  ofrece

Tamén se achegaron a Francolí para visitar a cova de l'Espluga e Montblanc Medieval. Finalmente displazáronse a Tarraco (Tarragona) antiga cidade romana declarada Patrimonio da humanidade. Alí viron o templo de Xúpiter, o foro colonial (concello) e provincial, o circo e o anfiteatro.






viernes, 25 de abril de 2025

Obradoiro sobre resolución de conflictos

Continuamos a aprender sobre resolución de conflitos, desta volta co alumnado de 1º FP Básica e 4º ESO, que puxeron en práctica mediante xogo de roles a súa abordaxe, coidando a expresión asertiva. Así mesmo, o alumnado puido reflexionar sobre o papel das etiquetas sociais, o compoñente emocional no

conflito e a importancia da súa resolución de forma pacífica, para o que resulta clave desenvolver destrezas e habilidades tales como a empatía, escoita activa...

Aquí  podedes ver algúns momentos dos obradoiros, que foron desenvolvidos por Arelar Xestión Socioeducativa ao longo de varias sesións.

Drogas e alcol en menores

Esta semana recibimos de novo a visita da Garda Civil, para informar sobre o consumo de drogas e alcol, pero desta volta aos menores. 

A axente encargada falou co alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º FPB, nunha sesión de prevención na que ademais de informar sobre os tipos de drogas e os seus efectos, incidiuse na importancia da toma de decisións reflexiva e o ocio responsable. 


jueves, 24 de abril de 2025

As tics e os seus riscos

No marco do Plan Director para a convivencia nos centros educativos, estes días estanse a levar a cabo unha serie de charlas no centro. No caso do alumnado de 1º ESO, no día de hoxe falaron con unha axente da Garda Civil sobre os riscos das TICs, a fin de favorecer un uso responsable das mesmas e previr os
mesmos. 

As novas tecnoloxías avanzan a pasos axigantados e aínda que non sexamos conscientes, estamos sometidos a riscos no seu uso de forma continua, por iso cómpre ser conscientes dos mesmos e facer un uso seguro e responsable das mesmas: manter as cámaras dos dispositivos tapadas, acceder só a páxinas seguras, non contestar a descoñecidos, manter sempre o modo privado, facer limpeza dos nosos móbiles para eliminar virus, empregar contrasinais fortes....son cuestións que poden reducir e minimizar os perigos. 

Internet non está exento doutros perigos como o ciberacoso, ciberadicción, acceso á pornografía a idades temperás....O caso é que a ciberdelincuencia é unha realidade e podemos ser vítimas da mesma ou incluso cometer un delito sen ser conscientes. Por isto, cómpre estar informados e facer un uso crítico e responsable destes medios. 

Para rematar, tal como nos informou a axente, indicar que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) pon a disposición da cidadanía o teléfono 017 para calquera tipo de dúbida ou axuda en ciberseguridade.

Prevención de delitos sexuais


Hoxe recibimos a visita da Garda Civil, que impartiu unha charla ao alumnado de 2º ESO sobre a prevención de delitos sexuais, informando sobre cuestións nas que moitas veces non se repara e que porén, poden ter consecuencias negativas. Na sesión, a axente incidiu na importancia do consentimento nas relacións, un aspecto fundamental nas mesmas para que estas se dean en igualdade e respecto. Así mesmo, falouse de grooming, sextorsión, agresión sexual, abuso sexual infantil... destacando a importancia de contalo a un adulto de confianza e denunciar nestes casos. 

Os contidos foron impartidos de forma dinámica e dialogada, buscando a participación e reflexión do alumnado mediante a exposición de información e visualización de vídeos. Todo iso coa finalidade de facelo consciente da importancia dos seus actos e da toma de decisións responsables. 

Moitos dos delitos sexuais indicados, están ademais vencellados coas novas tecnoloxías ou mesmo o consumo de substancias, como tamén se abordou durante a charla. A este respecto, cómpre educar na responsabilidade e non deixarse levar pola presión social imposta. 

miércoles, 23 de abril de 2025

Escritura rápida


Hoxe celebramos o día do Libro cun concurso de escritura rápida. Durante a hora de ler o alumnado da ESO, ciclos, FPBásica e 1º Bacharelato escribirán un relato no que teñen que aparecer cinco palabras relacionados cos coidados, tema que se traballa durante todo este curso no centro. A próxima semana
coñeceremos os gañadores e gañadoras, estade atentos e atentas!!



Día mundial do libro

 

Hoxe. día mundial do Libro, no alumnado do noso centro fará unha actividade especial para conmemorar o día do libro. A actividades terá lugar na hora de ler en todos dos cursos.

Non a perdades!!

sábado, 12 de abril de 2025

Los 242 días de Teresa Prieto


Aquí tedes o vídeo da charla que tivo lugar onte, día 11 de abril de 2025, no IES MARCO DO CAMBALLÓN Biblioteca Instituto Vila Cruces. Que vos podo dicir dela? Que, para min, foi unha experiencia memorable, que estaba no certo cando dicía, hai uns días, que os 50 minutos non me chegarían a nada... Coa axuda dos mozos e das mozas que saíron a ler fragmentos de "Los 242 días de Teresa Prieto" e coa partipación desde os asentos resultou, ao meu modo de ver, un acto entretido. Estou moi agradecida por este agasallo, que lembrarei toda a miña vida.



 

viernes, 11 de abril de 2025

Presentación do último libro de María José Viz Blanco



O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu, este venres, á presentación do libro Los 242 días de Teresa Prieto, da autora de Piloño, María José Viz.

Despois dunha breve presentación por parte da escritora varios alumnos e alumnas leron fragmentos da novela, a través dos que analizaron a distintos personaxes. 






O libro foi unha das lecturas do club de lectura de adultos. Este grupo xa realizara con esta autora un roteiro literario por Piloño sobre a súa novela La extraña desaparición de Carolina Santomé. 







Moitas grazas pola túa visita, María José! 





jueves, 10 de abril de 2025

Visita ao Sobreiral do Arnego

 


Onte o noso alumnado de 1º ESO percorreu unha pequena ruta pola Area recreativa do río Arnego, un espazo natural protexido.  Itziar e Ramsés,  da Asociación ADEGA,  faláronlles das sobreiras (como se quita a cortiza, para que serve....)  desta zona entre o río Ulla e o río Arnego así como doutra flora de moito interese como son as toxeiras, xesteiras eo monte baixo. 







Tamén hai unhas aves asociadas a este hábitat que son a Papuxa, o Picanto ou a Abeloiteira.

Descubriron unha tosta, caixas para mórcegos... pero tamén plantaron sobreiras e ameneiros.






miércoles, 9 de abril de 2025

Cartaz do concurso de Escritura rápida

 Este cartaz tan chulo feito polo alumnado de plástica coa súa profe Marta anuncia o concurso de escritura rápida que desenvolveremos o día 23 de abril durante a hora de ler! Este curso tratará sobre os coidados. Estade atentxs!