jueves, 24 de abril de 2025

Prevención de delitos sexuais


Hoxe recibimos a visita da Garda Civil, que impartiu unha charla ao alumnado de 2º ESO sobre a prevención de delitos sexuais, informando sobre cuestións nas que moitas veces non se repara e que porén, poden ter consecuencias negativas. Na sesión, a axente incidiu na importancia do consentimento nas relacións, un aspecto fundamental nas mesmas para que estas se dean en igualdade e respecto. Así mesmo, falouse de grooming, sextorsión, agresión sexual, abuso sexual infantil... destacando a importancia de contalo a un adulto de confianza e denunciar nestes casos. 

Os contidos foron impartidos de forma dinámica e dialogada, buscando a participación e reflexión do alumnado mediante a exposición de información e visualización de vídeos. Todo iso coa finalidade de facelo consciente da importancia dos seus actos e da toma de decisións responsables. 

Moitos dos delitos sexuais indicados, están ademais vencellados coas novas tecnoloxías ou mesmo o consumo de substancias, como tamén se abordou durante a charla. A este respecto, cómpre educar na responsabilidade e non deixarse levar pola presión social imposta. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario