jueves, 26 de marzo de 2026
Entrevista ao último mineiro de Fontao don Amable Brea
martes, 17 de marzo de 2026
lunes, 16 de marzo de 2026
Concurso Rosalía de Castro
Moitos parabéns polo teu traballo!
jueves, 12 de marzo de 2026
O alumnado leva a aula á radio
No noso centro o alumnado continúa demostrando que aprender pode ser tamén creativo, dinámico e moi motivador. Nas últimas semanas, os rapaces e rapazas están a traballar contidos de diversas materias a través da radio escolar, elaborando programas e podcast sobre temas moi variados relacionados co que estudan na aula.
Esta experiencia permítelles investigar, seleccionar información relevante e transformala nun formato atractivo para quen escoita. Deste xeito, os contidos de diferentes áreas convértense en programas interesantes nos que o alumnado explica, debate e comparte o aprendido.
Ademais, a radio convértese nun espazo perfecto para desenvolver habilidades moi importantes: a capacidade de traballar en equipo, organizar tarefas, respectar as opinións dos compañeiros e expresarse con claridade diante dun micrófono. Cada programa é o resultado dun proceso colaborativo no que todos e todas achegan algo: desde a preparación do guión ata a gravación final.
Os podcast que están a crear demostran non só o que saben, senón tamén a súa creatividade, responsabilidade e entusiasmo por comunicar. Sen dúbida, a radio escolar está a converterse nunha ferramenta educativa moi valiosa, na que aprender e comunicar van da man.
Iniciación segura á pegada dixital
lunes, 9 de marzo de 2026
Todos e todas somos diferentes
Como parte deste proceso, o alumnado participará na decoración dos corredores do centro, creando murais, mensaxes e elementos visuais que representen a riqueza da diversidade en todas as súas formas. Esta actividade permitirá que as ideas traballadas nas sesións de titoría se fagan visibles nos espazos comúns do colexio.
O principal obxectivo desta iniciativa é sensibilizar e visibilizar a diversidade, fomentando unha actitude de respecto, empatía e inclusión entre toda a comunidade educativa. Deste xeito, o centro convértese tamén nun espazo que transmite valores e que lembra cada día a importancia de convivir nun ambiente onde todas as persoas teñen cabida.
viernes, 6 de marzo de 2026
Visita ao CRE da ONCE
jueves, 5 de marzo de 2026
Arrancan as xornadas Plambe!
Estamos moi ilusionados de poder compartir o noso traballo e coñecer tamén as iniciativas doutros centros que, como nós, apostan por facer da biblioteca un motor de innovación e participación na comunidade educativa.
Comezamos!
Xornada Plambe
Hoxe a nosa coordinadora da biblioteca, Susana Porral, participa nas Xornadas PLAMBE, un encontro no que centros educativos de toda Galicia comparten experiencias arredor das bibliotecas escolares.
Nesta ocasión, Susana presenta o funcionamento da biblioteca dun IES do rural, explicando como se organiza o traballo diario, que tipo de actividades se desenvolven ao longo do curso e como a biblioteca se converte nun espazo vivo de aprendizaxe, encontro e participación.
Durante a súa intervención falará tamén da importancia da coordinación coa comunidade educativa —profesorado, alumnado e familias— para facer da biblioteca un proxecto compartido que vai moito máis alá do préstamo de libros.
No noso centro, a biblioteca é un verdadeiro motor das actividades educativas e culturais, impulsando proxectos de lectura, investigación, creación e colaboración entre diferentes materias e iniciativas do centro.
lunes, 2 de marzo de 2026
Recordando ás vítimas de Gaza
Sensibilizados coa barbarie que supón a guerra, sumámonos á iniciativa do IES Pintor Colmeiro (Silleda) e colaboramos con este centro no recordatorio das nenas e nenos tristemente falecidos a consecuencia do xenocidio na franxa de Gaza.
Rendemos así homenaxe ás vítimas menores, cuxos nomes figurarán nun espazo público da capital silledense tratando de que a súa vida non quede no esquecemento e lembrando a importancia dun mundo en paz.
viernes, 27 de febrero de 2026
Nada se tira: do caldo ás croquetas
Despois de desfrutar dun bo Caldo de Gloria, quedou carne sobrante. Maruja da Cuncha, a nosa experta en cociña, lembrou algo moi importante: na cociña, nada se tira, todo se pode aproveitar.
Grazas á súa sabedoría e ao seu amor pola cociña tradicional, ensinounos como reutilizar esa carne para preparar unhas ricas croquetas de polo. Axudou ao alumnado de TAPSD a poñer en práctica unha receita sinxela, saborosa e chea de sentido, demostrando que o aproveitamento tamén é unha forma de coidar o noso entorno e as nosas tradicións.
Aquí vos deixamos a receita que ela lles compartiu....
Unha vez preparada a masa, toca deixar repousar un día e logo hai que darlle forma, pasala por ovo e pan relado e fritir.
… mirade que pintaza tiñan!
Moitas grazas, Maruja, por compartir connosco tanta sabedoría culinaria e por manter vivas as receitas tradicionais que pasan de xeración en xeración
miércoles, 25 de febrero de 2026
Visita ao Centro para a Promoción da Autonomía Persoal
As alumnas do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitaron o Centro para a Promoción da Autonomía Persoal en Bergondo, dependente do Imserso, e que é referente na atención integral de persoas con discapacidade. Puidemos ver as súas instalacións e aprender da súa labor.
martes, 24 de febrero de 2026
Un recreo con sabor a caldo de Gloria
Na entrada do centro toda a comunidades educativa compartiu este humilde pero delicioso prato para celebrar o Día de Rosalía e tamén, a nosa cultura gastronómica e popular.
lunes, 23 de febrero de 2026
Hoxe facemos caldo de Gloria: tradición que se comparte grazas a Maruja da Cunca
Castro, no que se explica como facer un caldo humilde mentres se relata a épica diaria da supervivencia, da dignidade e da vida sostida co pouco.
Esta actividade coincide coa data do nacemento da autora, o 23 de febreiro de 1837, en Santiago de Compostela. Ao día seguinte foi bautizada na igrexa do Hospital Real, tal e como consta no rexistro parroquial.
O caldo galego típico, en enxebre, o de verdade, redúcese sinxelamente a unha mestura de patacas, feixóns, verduras e unto de porco, rancio, e máis nada.
Maruja estará acompañada polas alumnas do ciclo medio de TAPSD, que participarán activamente na elaboración da receita, convertendo a cociña nun espazo de aprendizaxe, transmisión oral e coidado compartido. O caldo resultante degustarase no recreo, nun momento para parar, xuntarnos e recoñecer o valor do esencial.
A receita do caldo de Gloria.
Nun pote grande póñense feixóns e auga case ata enchelo. Ponse o pote ao lume e, cando ferve, bótaselle o unto en proporción, non ao que o caldo require, senón ao que o peto do comensal permite.
Á hora e media de estar cocendo, bótanselle as patacas finamente cortadas e, cando están cocidas, engádense as verduras lavadas, cortadas e escollidas, facendo ferver de novo a mestura destapada.
As verduras poden ser nabos, nabizas, grelos, col ou unha verza moi típica que entre nós é coñecida co nome de verdura galega.
Innecesario é dicir que isto ten que levar o sal correspondente.
Hai quen espesa este caldo desfacendo, cando están ben cocidas, algunhas patacas, algunhas fabas e mailo unto.
Un caldo humilde, si, pero cheo de historia, identidade e calor humano.
Visita a Innovart26
O alumnado de FP e de 4°ESO visitou Innovart26 na Cidade da Cultura para coñecer as ensinanzas de FP de réxime especial que se ofertan en Galícia.
viernes, 20 de febrero de 2026
Caldo de Gloria: do pote á comunidade da man de Maruja da Cunca
Non esquezades traer o luns unha cunca e unha culler.
Imos degustar o Caldo de Gloria, inspirado no poema “Miña casiña, meu lar” de Rosalía de Castro.
Na cociña teremos unha mestra de excepción, Maruja da Cunca, acompañada dunhas pinches inmellorables: as alumnas do ciclo de TAPSD.
Vémonos no recreo no hall do centro, 1ª planta.
Haberá caldo… pero non calquera... o de Gloria.
Saúde mental
dependencia.
Desta volta tocou o turno ás emocións: aprendemos a identificalas, recoñecelas e xestionalas, ao tempo que poñemos en práctica habilidades sociais.
Todo isto, de man da Asociación Fonte da Virxe.
jueves, 19 de febrero de 2026
Homenaxe a Rosalía de Castro
viernes, 13 de febrero de 2026
Un Entroido cheo de cor, música e diversión
Nas últimas horas da mañá tivo lugar o esperado Concurso de Entroido, unha xornada chea de alegría, creatividade e bo ambiente. O concurso contou con diferentes modalidades, nas que participaron persoas de maneira individual, en grupo e tamén na categoría de coreografía.
Na modalidade individual, o disfraz gañador foi María Antonieta, que destacou pola súa elegancia e coidado dos detalles. O premio ao mellor disfraz en grupo foi para a temática dos Xogos Olímpicos, cunha posta en escena moi orixinal, mentres que na categoría de coreografía triunfaron Alvin e as Ardillas, facendo gozar ao público coa súa enerxía e ritmo.
O equipo da biblioteca tamén se sumou á celebración cun fermoso disfraz inspirado en Frida Kahlo, enchendo o espazo de arte e cor. Ademais, houbo moitas persoas disfrazadas que, aínda que non participaron no concurso, contribuíron a crear un ambiente festivo e participativo.A xornada foi realmente moi divertida, con risas, música e incluso photocall, onde se puideron inmortalizar os mellores momentos do día.
Parabéns ás persoas gañadoras e grazas a todas e todos por facer deste Entroido unha celebración inesquecible!
Memorias dun neno labrego no teatro.
O alumnado de 1º ESO foron a Compostela ao teatro ver "Memorias dun neno labrego", adaptación da novela do noso veciño Pepe Neira Vilas, que marabilla!
Ademais, as actrices e actores saudáronnos co saúdo regueifeiro ao final da obra! Viva vós!
Antes, fixeron unha actividade sociolingüística polas rúas, fomos á libraria Couceiro, entrevistamos a Mónica García, Federico Pérez e Santi Romay, do elenco da obra de teatro, e visitaron o Panteón de Galegos Ilustres e o Museo do Pobo Galego.








































.jpg)









