jueves, 29 de mayo de 2025

III Mostra de Orientación de A Estrada

O 27 e 28 de maio celebrouse a III Mostra de Orientación de A Estrada, que o alumnado de 4º ESO e 1º APSD tivo a oportunidade de visitar. 


Puideron coñecer a oferta formativa dos institutos da contorna, visitar os stands de formación profesional e das tres universidades galegas, así como outros da Policía Nacional, Garda Civil e Forzas Armadas. Tamén estiveron presentes puntos informativos das ensinanzas de réxime especial, Escola de Pilotos Aeroflota do Noroeste (AFN) e asociacións como Ocionautras e Acrofam, entre outros. 

Sen dúbida, unha inciativa moi útil para favorecer o proceso de toma de decisións vocacional no alumnado, a través do coñecemento da oferta formativa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario