sábado, 31 de mayo de 2025

Menores nin unha pinga

Próximos ao fin de curso, finalizamos o mes de maio participando no programa “Menores nin unha pinga”. Impartido por educadores da Fundación Alcohol y Sociedad, pretende previr o consumo de alcohol nos menores de idade e favorecer un ocio responsable, desligado do consumo destas substancias.
O alcohol, ao contrario que outras drogas, está normalizado socialmente, mesmo forma parte asidua de celebracións e eventos, o que sumado á presión do grupo, son factores determinantes no inicio temperá e ligado ao ocio. Por isto, da man de persoal experto, coñecemos os efectos do alcohol no organismo e o gran dano que causa en menores de idade, sendo o consumo nestes casos totalmente prohibido, á par que aprendemos técnicas e estratexias para aprender a dicir que non e divertirnos de forma saudable.
Sen dúbida, foron unhas sesións moi proveitosas nas que o alumnado obtivo información certeira e fiable, ademais de aprender de forma amena e divertida como podedes ver aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario