Powered by Wikiloc
lunes, 2 de junio de 2025
Son das Cruces: Ruta Sabrexo
Co bo tempo, o alumnado de 4º ESO voltou as súas andainas polo noso concello, desta vez tocou ir a Sabrexo con Alberto, Álex, Sheila e Diego marcaron a súa ruta saíndo da Igrexa de Santa María e pasaron polo cruceiro que hai no camposanto, posteriormente dirixíronse hacia o Rigueiro de Orza. Ao longo do percorrido comprobaron que, en cada un dos lugares desta parroquia hai unha fonte, en Fontarcada, onde tamén destaca o díntel de 1909, Barral cuxa fonte foi inagurada en 1926 polo alcalde Jesús María Santaló. Continuaron polo lugar dos Castros, en Souto viron a Fonte de Remollapan. Non puidemos ir ver a fonte de San Miguel que está saíndo do núcleo de Sabrexo hacia Cortizada, outro dos lugares de Sabrexo que non visitaron debido a que queda a unha distancia bastante longa, esta fonte ten a auga máis sabrosa de todo Sabrexo e está auga sempre está moi fría.Tamén lle ensiñaron un alxibe, que era un depósito para almacenar auga e despois se recollía nun balde. Este lugar puideron ver varios dinteis. Continuaron o percorrido hacia Outeiro, pasaron por Orza, dende onde se pode ver a Escola, hoxe vivenda, e foron hacia o río para ver o Muíño do liño de Batán e pasando por un muíño particular.Xa na última parte do percorrido foron hacia Sabrexo onde visitaron a fonte datada a súa inaguración en 1920.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario