E onte da man de alumnado de 4º de ESO, Antía, Xairo, Fran e Xoán tocou descubrir a parroquia de Santo Tomé de Insua. Nesta ruta estiveron acompañados polo señor Manolo e a súa filla Cristina Partiron do lugar de Dorvisou onde estiveron na escola, construida grazas a algúns dos veciños do lugar incluido un pintor emigrado, que tamén decorou o seu interior con diversas pinturas realizadas por el. Este lugar tamén está a Capela da Virxe das Dores que uns veciños de Cumeiro construiron como ben di na entrada, aquí celebrábase a festa na honra desta Virxe en Maio. Seguindo a ruta pasamos pola que fora a casa do pintor, casa importante con hórreo e próxima a ela descubriron unha das horreas que hai na parroquia.
Este lugar conta con varios muiños como o de Cubelos, o de Lareos, o do Couto que contaba con lavadoiro onde ían as mulleres do lugar lavar. Todos eles estaban repartidos por días entre a veciñanza e os arranxos corrían ao seu cargo. Despois pasaron polo Muiño de Xordedo, tamén coñecido como o da Cangalla, xa que unha gran enchenta levou o muiño e a cangalleira quedou colgada dunha árbore, nel moían os veciños de Xordedo. Despois fomos hacia Castro, ver o campo da festa de San Roque, que se facía o 14 de setembro e que ten unha fonte cuxa auga se di que cura diferentes males. Aqui tamén se pode ver un Carballo centenario.
Nesta parroquia hai outra escola, na parte baixa esta a escola e na segunda planta era a vivenda da mestra que foi reformada no 2003 e que se adica a local social.
Continuaron hacia o campo da festa construido fai trinta anos con gradas onde se facían o Santo Tomé o 19 e 20 de agosto, antigamente era o 21e 22 de decembro, despois foron hacia a Igrexa Parroquial onde viron a rectoral e un local das escolas católicas, pasamos o muiño do Castro, a ponte e dirixíamos hacia o muiño co
cura para despois ir hacia o Couto, único lugar de toda a aldea que fai máis de 70 anos tiña luz grazas a que un veciño diseñou unha especie de turbina ou xenerador de luz que as noites abastecía a este lugar da parroquia. Cada noite os veciños turnábanse para botar a turbina a andar e finalmente voltaron a Dorvisou, de onde partiron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario