
viernes, 30 de septiembre de 2011
SANGRE DERRAMADA

jueves, 29 de septiembre de 2011
A PAIXÓN DE ALEXANDRA

miércoles, 28 de septiembre de 2011
MEXILLÓNS PARA CEAR

Un relato de Birgit Vanderbeke que deixa sen alento.
A novela mostra a relación entre os mozos, as normas morais e a violencia doméstica a través das vivencias dunha familia modelo alemá.
A novela narra, na voz da filla maior, a espera ao pai, en viaxe de negocios, para o que prepararon a súa cea preferida. Ante o seu atraso, a medida que van pasando as horas, organízase unha especie de "revolta" que pon en cuestión todos os valores da vida tradicional. A ausencia do pai acaba provocando unha reacción de liberación do resto de membros da familia e dá pé a un replanteamiento das normas morais nunha noite que será histórica.
martes, 27 de septiembre de 2011
GABRIELA, CLAVO Y CANELA

Gabriela, cravo e canela, a través do eixo central dunha sinxela e divertida historia de amor, constitúe unha crónica do Ilhéus de principios do século xx, centro da zona cacaotera brasileira, na que se librou unha violenta loita pola conquista da terra e a defensa da dignidade humana entre o campesinado e os «coroneis», os despóticos donos das plantacións, obrigados a ceder, non sen resistencia, ante o avance do progreso.
Publicada en 1958, Gabriela, cravo e canela representa o punto de inflexión de Jorge Amado, o paso a unha narrativa máis ambiciosa e aberta que, sen renunciar ao compromiso político da súa obra anterior, dá entrada ao pleno goce dun vitalismo e unha sensualidade profundamente ligados á cultura e aos costumes brasileiros, ao vitalismo da súa Baía natal.
lunes, 26 de septiembre de 2011
EL SEÑOR DEL CERO

Alí Ben Salomón, un mozo crente do islam de pai mercante que odia a José, foi a dicirlle ao cadí para que o castige por ser doutra relixión. O problema era que tiñan testemuñas, aínda que o cadí foi bondadoso e mandouno ás terras do norte, a un convenio chamado Santa Maria de Ripol. Alí coñeceu a Emma: Unha moza que desexa ser monxa nun convenio e Gerbert: Un mozo que estuda o catro ciencias en números romanos e a quen José ensinará os números árabes. No convenio estudábase igual que nos colexios e copiábanse e traducían libros.
Un día reciben a noticia de que Emma vaise a ter que casar cun súbdito do califa á forza, aínda que ama a José antes da voda mandaron a José ao soto para encerralo, pero Arnuf libérao, casa con Emma e lles dá diñeiro para empezar unha nova vida no mosteiro de Leyre.
viernes, 23 de septiembre de 2011
20 ANOS DESPOIS

Nevermind é o segundo álbum da banda estadounidense Nirvana, publicado o 24 de setembro de 1991, un álbum que está considerado un dos mellores da Historia do Rock
Nevermind foi un sorprendente éxito a finais de 1991, en gran parte debido a "Smells Like Teen Spirit". (Pica no enlace para ver o famoso vídeo desta canción)
O grupo publicou outros exitosos discos, entre eles, no ano 1994 o titulado MTV Unplugged in New York, onde se poden escoitar cancións como esta que en su día compuxera o mítico David Bowie: "The man who sold the world", é dicir, "O home que vendeu o mundo"
Se queres saber máis desta banda de Seattle (por certo, cidade da que é orixinaria Cristine, a nosa lectora de inglés do curso pasado) pica no seguinte enlace: Nirvana.
Só mencionar aquí, que o seu cantante Kurt Cobain, toda unha lenda do rock, decidiu acabar coa súa vida pegándose un tiro cando soamente tiña 27 anos (esta é a versión oficial da súa morte, aínda que hai outras teorías...), sumándose así ao tristemente coñecido "Club dos 27", un club que forman famosos músicos que morreron a esa idade tan nova: Jimmy Hendrix, Brian Jones, Amy Winehouse, Janis Joplin e Jim Morrison. Todas esas mortes teñen un denominador común: o abuso de alcohol e drogas, que como vemos, sempre son malas compañeiras de viaxe.
Achégate á Biblioteca, aí temos un exemplar deste coñecido disco para que o poidas escoitar enteiriño, e así poderás facerche unha idea da música que escoitaba a mocidade de hai 20 anos...!!!
CAROLINA SE ENAMORA

Carolina é unha moza como as demais: quere facer máis cousas das que os seus pais lle permiten, a súa paga semanal nunca lle alcanza para todo o que lle gustaría, quere unha moto para poder moverse con liberdade e ten a cabeza chea de ideas propias que nunca encaixan coas dos adultos...
Alegre e optimista, a súa vida transcorre entre as súas amigas, coas que comparte os días e os soños, o instituto, os exames, as festas e a familia. Pronto chegarán os primeiros bicos, roubados na penumbra do portal, a música que soa sempre no momento adecuado e cuxa letra sempre parece contar a súa historia. E o amor? Como é o amor verdadeiro? Cando coñece a Massimiliano parece que a pregunta vai responderse ao fin, pero o que Carolina non sabe é que o amor tamén pode facer moito dano e que non está preparada para o que vai ocorrer...
Carolina namórase é unha viaxe a través dos sentimentos, é unha historia sobre a emoción que sente ao atopar o primeiro amor, sobre a dor, sobre a primeira desilusión, que chega sen avisar e déixache sen palabras, sobre a perda e sobre as múltiples e infinitas caras do amor.
jueves, 22 de septiembre de 2011
LA DAMA DEL ALBA

Valiosa producción dramática de Alejandro Casona onde se narra un drama rural onde o amor e o torrente vital pugnan por impoñerse a dor e a morte
miércoles, 21 de septiembre de 2011
UNHA NOVA ANDAINA!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)