viernes, 17 de mayo de 2024

Miña nai

 Nun día como o de hoxe, as alumnas de Relixión de 4º ESO de Relixión, quixeron facer unha homenaxe non unicamente a Luisa Villalta Gómez, senon tamén as nais que dende o seu ventre nos vincula coa lingua materna.

A nai que sempre coida,
que non come,
para que nós non pasemos fame,
que vende o que ten,
para que non  nós lle falte nada aos fillos,
que sempre está a noso carón,
aconséllanos e deixamos camiñar.....,
coma nosa nai non hai outra e 
sen ela non somos quen de nós consolar.


martes, 14 de mayo de 2024

Excursión País Vasco

 Os días 1,2 e 3 de maio viaxamos ao País Vasco compartindo aventura cos institutos Basanta Silva de Vilalba e de Río Cabe de Monforte. Era a oitava edición do "Regueibertso", unha convivencia anual entre regueifeiras adolescentes da Galiza e bertsolaris de Euskal Herria. Esta convivencia ten dous obxectivos: xuntarnos para improvisar en verso e coñecer e compartir as nosas linguas e culturas. A regueifa é unha ferramenta para, entre outras moitas cousas, ampliar as relacións socioculturais e vivir emocións, ideas e actividades como esta, onde improvisar em verso é unha forma de vivir creativamente.

Estivemos en Igorre, no IES de Arratia, cun alumnado que nos acolleu moi hospitalariamente e con quen apredemos e nos divertimos. Realizamos diversas actividades, como unha visita ás Covas de Balzola, onde o escritor e profesor Angel Larera nos explicou a mitoloxía da zona, ou un obradoiro de baile tradicional.

Tamén participamos en dous festivais de improvisación, en Igorre e en Dima, onde o alumnado das Cruces, Vilalba e Monforte cantamos improvisando sobre temas variados: neardentais, eucaliptos ou a celulosa ALTRI.


viernes, 10 de mayo de 2024

O sobreiral de Arnego

 


Visita ao sobreiral de Arnego do alumnado de 1º de ESO. 

Dous integrantes de ADEGA guiáronnos por un terreo custodiado por dita asociación.


martes, 7 de mayo de 2024

Adrián na Olimpíada Filosófica Estatal


 O noso Alumno de Filosofía Adrián Pampín de 4º ESO ven de participar na Olimpíada Filosófica Estatal de Filosofía celebrada en Bilbao 10 e 20 de abril. Todo un orgullo para o centro levar tan boa representación galega! Parabéns Adri polo teu marabilloso traballo!

lunes, 6 de mayo de 2024

A cociñar!!


 E seguimos na cociña! 

Desta volta o alumnado do Ciclo de TAPSD practicaron a elaborar unha tradicional tortilla de pataca.

 Unha receita para repetir!

Educación emocional: proxecto EU

 

No marco dos contrato-programa Emocióna-T, centrámonos no descubrimento persoal nos cursos de 3º e 4º ESO, levando a cabo o proxecto EU. Trátase dun proxecto de autodescubrimento a través de dinámicas de autocoñecemento e mediante a reflexión e identificación das cualidades propias. No programa, traballamos sobre as habilidades sociais e de comunicación, adquirindo estratexias para o

autocoñecemento e valoración positiva das diferenzas entre as persoas, potenciando a autoestima, empatía e asertividade, á vez que promovemos o bo trato. Coa axuda da entidade Anacos Educativos, aprendemos a de-construirnos de xeito respectuoso, favorecendo a identificación e expresión emocional. Aquí podedes ver un resumo das sesións.

sábado, 4 de mayo de 2024

25 aniversario

O Camballón está de aniversario, nin máis nin menos as bodas de plata!!. 
Seguro que durante estes 25 anos vivistes moitos momentos inesquecibles no instituto, queremos recoller algunhas das nosa anécdotas e podelas contar no acto que se fará o 31 de maio.
Exalumnado do centro envíademos eses momentazos, que pasados os anos non podedes esquecer. Podedes facelo en calquer destas canles:
biblioteca@iesmarcodocamballon
@bibliocruces

    

viernes, 3 de mayo de 2024

Obradoiro de Primeiros Auxilios

 


As alumnas de 2º de Tapsd desenvolveron o obradoiro de primeiros auxilios ao alumando de 2ºESO. Estes obradoiros levarase a cabo nos vindeiros días para o resto do alumnado.






jueves, 2 de mayo de 2024

Apadriñamento lector na escola infantil de Vila de Cruces

 O alumnado de 1º de Tapsd acuidíu á Escola infantil de Vila de Cruces a facer o apadriñamento lector cos nenos e nenas de entre 1 e 3 anos. Leron e interpretaron os contos de "O coelliño branco" e "A vaca que puxo un ovo".