Mostrando entradas con la etiqueta 1º TAPSD. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º TAPSD. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de noviembre de 2026

Unha nova aventura na biblioteca: os ciclos tamén aceptan o reto!

Con motivo do Día das Bibliotecas, o alumnado dos ciclos formativos de Atención á Dependencia e Soldadura participou na formación de usuarios dunha maneira diferente e divertida: a través dun scape room protagonizado por detectives, gardiáns, descubridores e navegantes.

Seguindo pistas e resolvendo enigmas, descubriron como funciona a biblioteca e os recursos que ofrece, nunha aventura na que a curiosidade e o traballo en equipo foron fundamentais.

Porque a biblioteca é moito máis ca un lugar onde atopar libros: é un espazo para aprender, compartir e medrar.

Ler aliméntanos, esperta a nosa curiosidade e axúdanos a descubrir o mundo. Sigamos abrindo libros e novas portas ao coñecemento!



viernes, 23 de octubre de 2026

Celebramos o Día das Bibliotecas cunha aventura moi especial!


Temos todo listo para vivir unha aventura moi especial!

O alumnado de 1.º da ESO e de 1.º dos ciclos formativos  de Solca e A


tención a dependencia está a piques de descubrir a biblioteca dun xeito diferente, divertido e cheo de sorpresas: a través dun scape room no que a curiosidade, o traballo en equipo e a resolución de enigmas serán os grandes protagonistas.

O obxectivo? Coñecer mellor a nosa biblioteca, descubrir todo o que nos ofrece e aprender que entre libros, recursos e espazos por explorar agóchase un mundo cheo de posibilidades.

Será unha oportunidade para investigar, pensar, colaborar e, sobre todo, demostrar que aprender tamén pode ser unha aventura. Porque a biblioteca non é só un lugar onde atopar libros: é un espazo para descubrir, compartir, imaxinar e deixar voar a creatividade.O reto está preparado, as pistas agardan e a aventura está a piques de comezar.

Estades preparados e preparadas para abrir a porta ao coñecemento? A biblioteca agarda por vós!

Que comece o xogo!

jueves, 15 de octubre de 2026

Arranca o voluntariado da radio

Comeza a andadura radiofónica de alumnado do centro que se fará nos recreos. Os voluntarios e voluntarias pertencentes ós grupos de 4ºda ESO, 1º de Bacharelato e do ciclo de APSD realizarán podcast sobre temática variada co obxectivo de amenizar os nosos ratos de lecer. 

Comezarán a emitir a partir de mañá venres nos recreos.

Estes podcasts poderán ser escoitados na coñecida plataforma dixital IVOX inaugurando así as primeiras andaduras nas ondas do alumnado e esperemos que non sexan as derradeiras. 

Sobre qué temas nos ilustrarán os nosos queridos pupilos? 

Estade atentos as ondas do IES Marco do Camballón e descubrirédelo!



 

miércoles, 10 de junio de 2026

Receitario de Maruja da Cunca

Hai persoas que deixan pegada sen facer ruído, con xestos sinxelos e cunha sabedoría que nace da experiencia. Así foi e seguirá sendo Maruja de Cunca para o noso alumnado de 1º de TAPSD.
Durante catro cursos académicos, Maruja abriu as portas do seu saber e do seu corazón para acompañar ao alumnado nun proxecto tan especial como a elaboración dun receitario. Non foi só un conxunto de receitas: foi unha viaxe compartida a través dos sabores, das tradicións e da memoria. G
razas a ela, puideron recoller e preparar entrantes e petiscos, pratos principais e doces e sobremesas que falan da nosa terra e da nosa identidade.
Pero o máis valioso non se pode medir en ingredientes nin en pasos de elaboración. Maruja ensinou moito máis ca cociñar. Ensinou a escoitar, a ter paciencia, a respectar os tempos, a traballar con agarimo e a valorar as pequenas cousas. En cada receita había tamén unha lección de vida, unha historia, un consello dito con tenrura e sabedoría.
O alumnado non só aprendeu a facer pratos deliciosos, senón tamén a comprender que cociñar é unha forma de coidar, de compartir e de querer.
Por todo iso, e por moito máis que non cabe en palabras, queremos dicir simplemente:
Grazas, Maruja.

miércoles, 3 de junio de 2026

Recetario de Maruja da Cunca


 Hai persoas que deixan pegada sen facer ruído, con xestos sinxelos e cunha sabedoría que nace da experiencia. Así foi —e seguirá sendo— Maruja de Cunca para o noso alumnado de 1º de TAPSD.

Durante catro cursos académicos, Maruja abriu as portas do seu saber e do seu corazón para acompañar ao alumnado nun proxecto tan especial como a elaboración dun recetario. Non foi só un conxunto de receitas: foi unha viaxe compartida a través dos sabores, das tradicións e da memoria. Grazas a ela, puideron recoller e preparar entrantes e petiscos, pratos principais e doces e sobremesas que falan da nosa terra e da nosa identidade.

Pero o máis valioso non se pode medir en ingredientes nin en pasos de elaboración. Maruja ensinou moito máis ca cociñar. Ensinou a escoitar, a ter paciencia, a respectar os tempos, a traballar con agarimo e a valorar as pequenas cousas. En cada receita había tamén unha lección de vida, unha historia, un consello dito con tenrura e sabedoría.

O alumnado non só aprendeu a facer pratos deliciosos, senón tamén a comprender que cociñar é unha forma de coidar, de compartir e de querer.

Por todo iso, e por moito máis que non cabe en palabras, queremos dicir simplemente:

Grazas, Maruja.


viernes, 27 de febrero de 2026

Nada se tira: do caldo ás croquetas

 Despois de desfrutar dun bo Caldo de Gloria, quedou carne sobrante. Maruja da Cuncha, a nosa experta en cociña, lembrou algo moi importante: na cociña, nada se tira, todo se pode aproveitar.

Grazas á súa sabedoría e ao seu amor pola cociña tradicional, ensinounos como reutilizar esa carne para preparar unhas ricas croquetas de polo. Axudou ao alumnado de TAPSD a poñer en práctica unha receita sinxela, saborosa e chea de sentido, demostrando que o aproveitamento tamén é unha forma de coidar o noso entorno e as nosas tradicións.

Aquí vos deixamos a receita que ela lles compartiu....








Unha vez preparada a masa, toca deixar repousar un día e logo hai que darlle forma, pasala por ovo e pan relado e fritir. 





… mirade que pintaza tiñan!


Moitas grazas, Maruja, por compartir connosco tanta sabedoría culinaria e por manter vivas as receitas tradicionais que pasan de xeración en xeración

viernes, 12 de diciembre de 2025

Obradoiro de cociña


As alumnas do 1º curso de TAPSD asistiron a un obradoiro de cociña con Maruja da Cunca. Hoxe fixeron tres receitas: empanadillas de zorza, boliños de coco e almendrados.

Estaban todo boísimo! 



















martes, 9 de diciembre de 2025

Día Internacional das persoas con Discapacidade


O ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia conmemorou o 3 de decembro; día
internacional das pesoas con discapacidade, coa visualización do video realizado polas alumnas de 2º curso. 

No video mostraron tres entrevistas que realizaron a diferentes persoas con discapacidades física, congnitiva e auditiva, onde relataron as dificultades coas que se enfrenta no seu día a día.



miércoles, 1 de octubre de 2025

Formación de usuarios



 O alumnado dos ciclos de Soldadura e Dependencia acudiu esta semana á biblioteca para coñecer o seu funcionamiento así como as normas de préstamo e os fondos dos que dispoñemos.

Agradamos velos moito pola biblio durante este curso!

jueves, 12 de junio de 2025

Cociñando con Maruja da Cunca



Hoxe alumnado de Tapsd participou nun taller de elaboración de Croquetas de Xamón impartido por Maruja da Cunca.  Fixeron todo o proceso de elaboración da pasta. Comezaron derretindo a mantequilla, engadiron fariña, noz mostada, pimenta, xamón, ovos e unha vez que a masa estaba lista puxéronna a enfriar nunha fonte e cubriron. 

jueves, 29 de mayo de 2025

III Mostra de Orientación de A Estrada

O 27 e 28 de maio celebrouse a III Mostra de Orientación de A Estrada, que o alumnado de 4º ESO e 1º APSD tivo a oportunidade de visitar. 


Puideron coñecer a oferta formativa dos institutos da contorna, visitar os stands de formación profesional e das tres universidades galegas, así como outros da Policía Nacional, Garda Civil e Forzas Armadas. Tamén estiveron presentes puntos informativos das ensinanzas de réxime especial, Escola de Pilotos Aeroflota do Noroeste (AFN) e asociacións como Ocionautras e Acrofam, entre outros. 

Sen dúbida, unha inciativa moi útil para favorecer o proceso de toma de decisións vocacional no alumnado, a través do coñecemento da oferta formativa. 

martes, 18 de febrero de 2025

Continuamos a falar sobre a saúde mental

 Seguimos a colaborar coa asociación Fonte da Virxe, que nos visitan de novo para seguir formando ao alumnado de 4º ESO en saúde mental. Desta volta tocou abordar a educación emocional, aprendendo sobre emocións e a súa xestión, o que incide de forma positiva na psique das persoas.

Ademais, neste trimestre, levouse a cabo tamén un obradoiro sobre saúde mental co alumnado de 1º e 2º do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

 As alumnas do ciclo puideron coñecer a asociación Fonte da Virxe e a súa labor e centráronse na saúde psíquica dende a perspectiva persoal e profesional.

Aquí pódense ver algunhas imaxes da actividade.





lunes, 10 de febrero de 2025

Visita de Ortodeza




A semana pasada visitáronnos os compañeiros de Ortodeza Lalín os cales lles mostraron ás alumnas de 1º e 2º de APSD a súa variedade de produtos de apoio e hixiene para persoas maiores e con dependencia.






Moitas grazas pola charla, dende logo resultou moi interesante!






miércoles, 5 de febrero de 2025

Seguridade vial. Pode pasarlle a calquera

Recibimos de novo a visita de Félix, colaborador da asociación Aesleme, que desta volta fala de seguridade vial co alumnado maior do centro, dentro do marco do programa "Si controlas vuelves". 

En dúas sesións, unha con alumnado de ciclos medios e outra con alumnado de Bacharelato, o ponente concienciou sobre a importancia da precaución en materia de seguridade vial e empregar os mecanismos ao noso alcance para evitar accidentes ou minimizar as súas consecuencias. Así mesmo, incidiuse especialmente nas consecuencias do alcohol e outras drogas ao volante, previndo sobre o seu consumo e alentando á responsabilidade. 

En materia de seguridade vial toda precaución é pouca, pois un accidente pódenos pasar a calquera e cambiar a nosa vida nun instante.

martes, 3 de diciembre de 2024

Día da discapacidade

 

O alumnado de Tapsd elaboraron esta infografía para ter en conta. 

O alumnado de 1º ESO acudíu ás aulas do Ciclo de Tapsd para poñerse na situación das persoas con discapacidade funcional. Utilizaron as cadeiras de rodas, muletas, pictogramas e diversos utensilios adaptados. Comprobaron as dificultades coas que se enfrontan estas persoas no día a día.
Visionaron un vídeo para comprender a importancia de prestar axuda cando as persoas a solicitan.


martes, 24 de septiembre de 2024

Formación Tapsd




O alumnado do primeiro curso do Ciclo de TAPSD visitou a biblioteca para coñecela e familiarizarse cos fondos e as normas de funcionamento. O grupo interesouse

moito polos libros de psicoloxía que temos na aula do alumnado e levou en préstamo alguns deles, tamén novelas actuais e clásicos da literatura! Parabéns polo voso interse pola lectura! Esperamos que nos visitedes con frecuencia e sigades levando en préstamo moitos libros e películas da nosa biblio!

viernes, 24 de mayo de 2024

Cociñando con Maruja

 

O alumnado do 1° curso do Ciclo de TAPSD asistiu hoxe a un obradoiro de cociña, impartido por Maruja da Cunca. Nesta ocasión prepararon carne richada de dúas maneiras diferentes, unha máis tradicional con patacas cocidas e outra actual con pementos e patacas fritidas. Esta é unha receita orixinaria do concello de Forcarei e elaborada de formas distintas en moitas comarcas galegas. O alumnado repartiu o traballo, mentras uns facían de pinches outos apuntaban a receita ou a gravaban en vídeo. Moitas grazas a Maruja por colaborar con nós!!




lunes, 6 de mayo de 2024

A cociñar!!


 E seguimos na cociña! 

Desta volta o alumnado do Ciclo de TAPSD practicaron a elaborar unha tradicional tortilla de pataca.

 Unha receita para repetir!

jueves, 2 de mayo de 2024

Apadriñamento lector na escola infantil de Vila de Cruces

 O alumnado de 1º de Tapsd acuidíu á Escola infantil de Vila de Cruces a facer o apadriñamento lector cos nenos e nenas de entre 1 e 3 anos. Leron e interpretaron os contos de "O coelliño branco" e "A vaca que puxo un ovo".




viernes, 5 de abril de 2024

Cociñando!


 


No ciclode APSD, estiveron practicando algunhas receitas. Esta vez elaboramos uns boliños preñados (de chourizo, queixo e chocolate).