O ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia conmemorou o 3 de decembro; día internacional das pesoas con discapacidade, coa visualización do video realizado polas alumnas de 2º curso.
No video mostraron tres entrevistas que realizaron a diferentes persoas con discapacidades física, congnitiva e auditiva, onde relataron as dificultades coas que se enfrenta no seu día a día.
Onte, as alumnas de 2º de APSD foron de visita á Axencia Galega de Emerxencias - 112 Galicia. Puidemos ver as instalacións, os equipamentos así como o funcionamento da recepción de chamadas e coordinación do 112. Unha visita moi proveitosa-
Seguimos a colaborar coa asociación Fonte da Virxe, que nos visitan de novo para seguir formando ao alumnado de 4º ESO en saúde mental. Desta volta tocou abordar a educación emocional, aprendendo sobre emocións e a súa xestión, o que incide de forma positiva na psique das persoas.Ademais, neste trimestre, levouse a cabo tamén un obradoiro sobre saúde mental co alumnado de 1º e 2º do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
As alumnas do ciclo puideron coñecer a asociación Fonte da Virxe e a súa labor e centráronse na saúde psíquica dende a perspectiva persoal e profesional.
A semana pasada visitáronnos os compañeiros de Ortodeza Lalín os cales lles mostraron ás alumnas de 1º e 2º de APSD a súa variedade de produtos de apoio e hixiene para persoas maiores e con dependencia.
Moitas grazas pola charla, dende logo resultou moi interesante!
Recibimos de novo a visita de Félix, colaborador da asociación Aesleme, que desta volta fala de seguridade vial co alumnado maior do centro, dentro do marco do programa "Si controlas vuelves".
En dúas sesións, unha con alumnado de ciclos medios e outra con alumnado de Bacharelato, o ponente concienciou sobre a importancia da precaución en materia de seguridade vial e empregar os mecanismos ao noso alcance para evitar accidentes ou minimizar as súas consecuencias. Así mesmo, incidiuse especialmente nas consecuencias do alcohol e outras drogas ao volante, previndo sobre o seu consumo e alentando á responsabilidade.
En materia de seguridade vial toda precaución é pouca, pois un accidente pódenos pasar a calquera e cambiar a nosa vida nun instante.
O alumnado de 1º ESO acudíu ás aulas do Ciclo de Tapsd para poñerse na situación das persoas con discapacidade funcional. Utilizaron as cadeiras de rodas, muletas, pictogramas e diversos utensilios adaptados. Comprobaron as dificultades coas que se enfrontan estas persoas no día a día.
Visionaron un vídeo para comprender a importancia de prestar axuda cando as persoas a solicitan.
Hoxe o alumnado de 2º TAPSD tivo o seu acto de Graduación no Auditorio Xosé Casal, rematando así a súa etapa no Marco do Camballón. Parabéns a todo o alumnado!!
As alumnas de 2º de Tapsd desenvolveron o obradoiro de primeiros auxilios ao alumando de 2ºESO. Estes obradoiros levarase a cabo nos vindeiros días para o resto do alumnado.
No módulo Apoio á comunicación coñecemos e traballamos os Sistemas aumentativos e alternativos á Comunicación, e entre eles a Lingua de Signos Española (LSE).
Con motivo do 8M, o alumnado de 2º signaron unha mensaxe en LSE.
lunes, 18 de diciembre de 2023
Chega o nadal ao Camballón! O alumnado do ciclo de TAPSD adornou as súas aulas con estas decoracións tan chulas!
Da man do alumnado e profesorado do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia conmemoramos o Día da diversidade funcional, que se celebra o 3 de decembro, baixo o lema "Baixo o mesmo paraugas. Vila de Cruces pola diversidade".
O alumnado do centro tivo a oportunidade de disfrutar dun obradoiro práctico pensado para coñecer os distintos tipos de diversidade e poñerse na pel das persoas con algún tipo de capacidade diversa, para o que pasaron por varios postos desenvolvendo actividades nas que se achegaron aos distintos sistemas de comunicación e coñeceron material de apoio e adaptado.
Foi unha xornada de concienciación coa finalidade de promover a empatía, respecto e normalización, favorecida pola aprendizaxe entre iguais, agradecendo a implicación do ciclo de APSD, con mención especial ás alumnas do 2º curso, que tiveron un papel clave na realización da actividade, transmitindo valores aos compañeiros/as das distintas etapas do centro.
O alumnado do segundo curso do Ciclo de TAPSD visitou a Axencia Galega de emerxencias (AXEGA) onde coñeceron o 112 que xestiona as urxencias en materia sanitaria (061), extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadana e protección civil. Ensináronlles como se xestionan as chamadas e os protocolos de atención. Tamén puideron comprobar os recursos do Grupo de Apoio Loxístico de intervención (GALI)
No módulo de teleasistencia as alumnas de 2 curso do ciclo de APSD eleboraron os elementos básico do servizos de teleasistencia. Estes elementos que se conectan ao teléfono do domicilio permiten que as persoas dependientes que viven soas o a maior parte do día, poidan estar en contacto as 24h/7 días a semana,coa central de atención que xestionará todas as súas incidencias sanitarias e socias, además de ofrece compañía e seguridade.
Visitamos ao CPAP (Centro de Promoción e Autonomía Personal) de Bergondo. Coñecemos os diferentes recursos e productos de apoio para a rehabilitación global das persoas con discapacidade física ou dano cerebral adquirido, coa finalidad de alcanzar a maior integración e vida independiente posible.
As alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia contaron coa visita de ORTODEZA, unha empresa que ofrece servizos ortopédicos e de parafarmacia en Lalín e a súa comarca. Tivemos a oportunidade de poder ter un contacto directo con productos de apoio de especial relevancia na atención a Persoas en Situación de Dependencia. Agradecer a colaboración e participación da equipa de Ortodeza.
O pasado xoves 15 de Decembro as alumnas de segundo do CM de APSD tiveron a oportunidade de interactuar e coñecer mellor a Nico, alumno do centro con necesidades específicas de apoio educativo, sobre todo no ámbito da comunicación. Xunto coa súa PT Paula Laya podemos aprender como utiliza os pictogramas e imaxes na aula e ademais as alumnas podéronlle contar dous contos feitos por elas apoiados en pictogramas e imaxes. Agradecemos de novo a Nico e a Paula por darnos a oportunidade de vivir esta experiencia e parabéns ás alumnas polo seu traballo.
Onte tivemos o privilexio de contar coa visita dos usuarios/as do Centro de Recursos para Personas con Diversidade Funcional de Medelo, Silleda. Cos cales as alumnas do Ciclo Medio de Atención ás Persoas en situación de Dependencia traballan de forma coordinada dentro do proxecto de “Eu son das Cruces”, proxecto a través do cal levamos a cabo a sinalización de rutas de sendeirismo da zona. Tivemos tempo para traballar, pero tamén para gozar dun bo tentempé elaborado polas alumnas do centro e un espazo lúdico animado a través do cal un ano máis establecéronse lazos de unión e desfrute mutuo.
Foi unha xornada única onde o alumnado tivo a posibilidade de aprender e medrar tanto persoal como profesionalmente.
Grazas
o CDR de Medelo e moi especialmente os nosos compañeiros/as de proxecto por facelo posible!
No IES Marco do Camballón tamén traballamos no eido da sensibilización do alumnado con respecto as enfermidades mentais. Contamos coa testemuña en primeira persoa da alumna de 2º do ciclo medio de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Andrea Cela, a cal compartiu con nós a
súa propia experiencia e vivencia tanto do proceso de diagnóstico como a aceptación da enfermidade e a superación no día a día. Un exemplo de superación, forza e motivación. Un enorme grazas de parte de todo o centro e moi especialmente dos compañeiros/as do ciclo que teñen a gran fortuna de compartir non só aula, senón vida, aprendemos día a día contigo, grazas Andrea!
Hoxe recibimos no centro a visita da traballadora social do Concello de Silleda, Beatriz, coordinadora do Servizo de Axuda a Domicilio do Concello e da técnica en atención a persoas en situación de dependencia, Conchi, traballadora do servizo, que nos viñeron a falar da xestión e funcionamento de servizo. As alumnas do CM de APSD de 1º e 2º curso puideron preguntarlles todas as súas dúbidas, moi interesadas na labor das traballadoras como futuras técnicas en atención de persoas en situación de dependencia. Agradecemos ao concello de Silleda e ás ponentes que viñeron por achegarnos á realidade de atención á dependencia.