martes, 28 de junio de 2022

Graduación de 4º ESO

 Rematamos o curso coa Graduación do alumnado de 4º de ESO.


Boas vacacións!!


miércoles, 22 de junio de 2022

Material sanitario

 Matetial sanitario adquirido a través do proxecto bolsas solidarias, listo para ser enviado a Ucraína!! Moitas grazas ao alumnado, profesorado e persoal que colaborou no proxecto, tamén ao Concello de Vila de Cruces por realizar o envío!! Parabens a tod@s!! #proxectosolidario





Dende o equipo de goberno do Concello de Vila de Cruces queremos agradecer enormemente a recolecta de produtos sanitarios que levaron a cabo dende o IES Marco do Camballón.
Este lote vai destinado ás familias ucranianas....
Ver más
Puede ser una imagen de 2 personas y personas de pie

Festival de fin de curso

 Hoxe despedimos o curso con Saabor!! Música, máxia, teatro e moito ritmo.!! Félix Rodrígez (antigo alumno do centro) e Fran Rei presentáronnos un espectáculo cheo de sorpresas!! Que teñades moi boas vacacións e felices lecturas!!

Patri Cea, Alba Ramos y 4 personas más

sábado, 18 de junio de 2022

ABAU

 

 

 

Parabéns ao alumnado o IES Marco do Camballón polo pleno de aprobados nas ABAU, e especialmente a Roi, por ser un dos alumnos galegos con mellores notas en Selectividade.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/selectividad/2022/06/17/alumnos-gallegos-mejores-notas-selectividadprefiero-profesora-feliz-medico-amargado/00031655484784403939566.htm

viernes, 17 de junio de 2022

Son das Cruces: Ruta das Cruces

Hoxe fixemos un percorrido circular por o que se coñecía como Cruces de Besexos. Fomos dando respostas a algúns elementos arquitectónicos que temos tan preto.  Grazas a memoria dos nosos maiores que recordan esa aldea na que eles naceron, medraron... e que aínda que cambiou seguen quedando vestixios do que algún día houbo: o cine, o muíño, as covas co observatorio, o Pino, as numerosas festas, as procesións ao cruceiro, o lavadoiro, as feiras .... e tantas e tantas cousas que o alumnado de Relixión de 4º de ESO recolleu e está poñendo por escrito para poder coñecer todos un pouco máis de onde vivimos.
.


Powered by Wikiloc

Ciberasesor@s 2021-22

Ao igual que noutros cursos, o alumnado de 2º da ESO estivo a traballar cos seus titores/as sobre o uso de internet e redes sociais, as súas vantaxes e tamén os riscos ou perigos que se esconden na súa utilización e dos que moitas veces non somos conscientes. Elaboraron por grupos unha serie de traballos, nos que abordaron o ciberacoso, o sexting e sextorsión, a ciberviolencia de xénero, o grooming, o pishing, o sharenting e o vamping e ciberadicción. O alumando tamén fixo unha análise das principais redes e o comportamento que temos nas mesmas, concluíndo a importancia de manter o respecto e convivencia positiva no mundo virtual. Estes traballos foron presentados no grupo-aula e posteriormente ao alumnado de 1º da ESO, levando a cabo a labor de ciberasesoramento cos compañeiros/as do curso inferior. Como colofón, o grupo encargado de traballar sobre as recomendacións para o bo uso das novas tecnoloxías, repartíu os folletos que elaboraron con unha serie de consellos para o uso seguro de internet e redes sociais.

jueves, 16 de junio de 2022

Premio Concurso Odisea Galicia

 

Hoxe o equipo As Venus do IES Marco do Camballón formado por: Antía, Alicia e Laura recolleron o premio do Concurso Odisea de Galicia. Parabéns!!






En tempo de guerra

O alumnado de 2º de ESO estivo traballando en Relixión o tema da Guerra, que moi ao noso pesar, descubrimos hai moitas pero non se visibilizan todas, aínda que os danos que causan nas persoas son  moitos e de moi diversa índole e que nos pasan factura a todos e todas  nós. A nosa biblioteca ten moitos libros e películas que teñen como referente o tema da guerra, estivemos facendo unha pequena busca na Biblio empregando o Koha, a nova aplicación que estamos estreando e que nos custa traballar con ela. 

 Elaboraron este documento con moitas obras e película dependendo do país do conflito.

martes, 14 de junio de 2022

Historias que se contan

 

Hoxe falamos e escoitamos moi e a moita distancia! Contamos contos e escoitámo los nunha videoconferencia con alumnado de centros de ensino de Galicia, Portugal e Cabo Verde. O IES Marco do Camballón participou durante o curso nun proxecto educativo internacional arredor da oralidade que, baixo o título " Estórias que se contan..." reuníu centros escolares de Portugal, Cabo Verde e Galicia, representada polo instituto das Cruces. O proxecto consistíu na recollida de contos e historias, na transcrición e ilustración dos textos orais e, por último, na creación de vídeos cos contos contados polo alumnado. Desde o Marco do Camballón o alumnado traballou o tema das festas, recollendo setenta historias sobre ese motivo.  Costumes das romarías de antes, historias de amor, accidentes coas bombas de palenque, anécdotas das bandas de música, pelexas, bailes, as necesidades económicas da época e, sobre todo, a alegría das festas da xuventude daquelas épocas, protagonizan as " Estórias que se contan... na Galiza" que o alunado de Vila de Cruces recolleu das persoas maiores e actualizou contándoas coas claves do século XXI. A coordinadora do proxecto " Estórias que se contan" é profesora Ana Josefa Cardoso, da Universidade de Lisboa, profesora cabo- verdiana que impartíu durante a cuarentena as clases de lingua e literatura portuguesa na RTP. Especializada en bilinguismo e adquisição de linguas, impulsou proxectos de educación bilingüe portugués/cabo- verdiano no seu país de orixe, Cabo Verde. Por iso tamén puidemos coñecer o cabo- verdiano ou crioulo, a lingua propia de Cabo Verde, que está a entrar no sistema escolar. A situación de menorização lingüística do galego e do cabo- verdiano foi, por tanto, un dos temas de interese deste proxecto.


 

lunes, 13 de junio de 2022

O poeta que baila. Florencio Delgado Gurriarán




Hai poucas cousas tan valiosas como a enerxía das adolescentes facendo música nun estudo de gravación. Algo así como ver cumprido un soño. E este soño debémosllo no Marco do Cambalhom a Xabier Diaz, un grande, bo e xeneroso que nos acompañou e axudou no proxecto "O poeta que baila". Hai moi que falar sobre como a música e a/os artistas deste país están a construír día a día a nosa cultura, lingua e identidade. Sobre como o activismo educativo consegue desenvolver proxectos valiosos e ilusionantes coa axuda do mundo da cultura e como as administracións poderían apoiar proxectos por todo o país seguindo modelos que funcionan e transforman. O desenvolvemento educativo e lingüístico dun país é proporcional, como dicía Paulo Freire, á inversión económica dos responsables políticos. E como non hai ningún programa na tvg para a xente nova, e a radio galega música relega a nosa música a un terceiro plano, e os medía convencionais marxinan o noso idioma, ten que ser o movemento social quen constrúa cultura, lingua e identidade o día a día, nos pequenos grandes proxectos locais. Como dicía a canción: a nosa historia facémola nós.

Hoxe foi un día para chorar de alegría! Foi fascinante! Grazas, Xabier, por compartir a túa enerxía, experiencia e calor co Marco do Camballon.



Recomendacións de verán

Xa estamos a piques de rematar, pero antes debedes pasar pola biblioteca e mirar algunhas das recomendación que vos facemos para poidades disfrutar con algunhas das historias que se contan.


viernes, 10 de junio de 2022

Acto de Graduación

 Hoxe tivo lugar o acto de Graduación do alumnado de TAPSD e 2ª de Bacharelato un total de 22 alumnas e alumnos que comeza unha nova etapa. Moita sorte a todos e todas.



Xornada de xogos populares e tradicionais

 Hoxe tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. A AGXPT iniciara xa as súas actividades poñendo en marcha un servizo de divulgación dos xogos e deportes tradicionais dirixido a centros de ensino, asociacións de base, concellos ou comisións de festas... de recuperar espazos e tempos nos que o patrimonio lúdico tradicional galego poida exercer o protagonismo do que sempre gozou. O alumnado de 2º ESO disfrutou dunha xornada de moita diversión, grazas AGXPT.



jueves, 9 de junio de 2022

Presentación de Ciclos formativos da Familia Agraria



Nesta semana recibimos a visita do IES de Arzúa, que presentaron ao alumnado de 4º da ESO e da Formación Profesional Básica os ciclos de formación profesional da familia agraria que se imparten no seu centro:

Ciclo básico de agroxardinería e composicións florais

Ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural


Ciclo medio de Producción agroecolóxica (modalidade dual)

Ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer que se aprende a facer neses estudos e as saídas laborais dos mesmos nunha sesión moi amena.



Sesión sobre Violencia de Xénero



Nesta semana, o alumnado dos ciclos formativos de Soldadura e Atención a persoas en situación de dependencia, participou nunha sesión sobre violencia de xénero impartida por un policía experto na materia.

Coa súa intervención, o axente explicou ao alumnado cales son os signos de maltrato e os distintos tipos de violencia (visible e invisible, explícita e sútil), así como as posibilidades de intervención das autoridades en cada caso. Abordouse o concepto de violencia de xénero, distinto doutros como violencia doméstica, enmarcando o tema dende unha perspectiva legal, na que o alumnado puido coñecer tamén as consecuencias do maltrato para os agresores. Na sesión, de dúas horas de duración, tamén houbo tempo para comentar sobre o sexting e os seus riscos, así como as implicacións legais da difusión de material íntimo de terceiras persoas.

O alumnado amosou moito interese na temática e participou activamente na sesión, conectando co axente e a súa labor.


Son das Cruces: Besexos

Os nosos compañeiros Marcos, Diego, Rubén e Nico de 4º de ESO percorreron Besexos buscando elementos, falándonos de microtoponía grazas a información que estiveron recollendo desta dos maiores  da parroquía.  Elaboraron unha ruta que sae do Local Social, antiga escola de Besexos e rematan no Cruceiro da carretera de Cruces a Silleda seguindo as antigas corredoiras, carballeiras e soutos testigos silenciosos de moitas historias. Grazas rapaces polo voso traballo e o esforzo de que a historia do noso concello non quede no esquecemento.