viernes, 28 de octubre de 2022

Samaín e magosto

E chegou e Samaín e con el o Magosto no Camballón. No día de hoxe o alumnado do centro pudo comer castañas e disfrutar dunha xornada chea de xogos. Aquí tedes unha mostra de como o pasaron.



 

jueves, 27 de octubre de 2022

Preparando o Samaín

  No Camballón xa está todo preparado para mañá vivir unha xornada terrorífica, así que vir preparadas e preparados para o que poida pasar.!

 

martes, 25 de octubre de 2022

Club de lectura de 4º ESO

Os martes temos club de lectura. Hoxe vos mostramos o grupo de 4 de ESO que está lendo Persepole, un libro de Marjane Satrapi, moi de actualidade polos sucesos acontecidos nas últimas semanas en Irán.



Venus de Willendorf


En 1º de ESO temos grandes talentos que hoxe fixeron unha pequena exposición  de réplicas da Venus de Willendorf, con máis de 20 mil anos de antigüidade, datada no paleolítico.
Durante estes días, ides poder ver no corredor do instituto esta exposición dunha deusa da fertilidade e do amor, caracterizada por abundantes peitos, grandes cadeiras, coroada por un tocado de trenzas e sen rostro.


lunes, 24 de octubre de 2022

Gravación no Camballón


O director de documentais mexicano Miguel Angel Martínez estivo gravando o alumnado de Regueifa no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
Atranques do Ulla, regueifa, xogos de rimas e gravación con dron. O material formará parte dun documental sobre improvisación oral que Martínez está a gravar en diferentes territorios como México ou Cuba... e que dará a volta ao mundo!

Xincana Día das bibliotecas

 Hoxe, día das bibliotecas, tocou unha xincana polo centro para o alumnado de 1º ESO. O alumnado en pequenos grupos tiñan que facer unha investigación para resolver enigmas e preguntas. Debían valerse de pistas, do instagram, do facebook, do blog, de profes, conserxes, administrativa do centro, de Patri.... Foron dúas sesións de busca imparable plo centro, para familiarizarse cos fondo da biblio e tamén para coñecer os recunchos do noso centro aos que nunca foran!!


Día das Bibliotecas, día da Biblioteca Don Pepe

 


Hoxe,  24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración.
Este curso, o lema é ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, e  quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar. 
O alumnado de 1º de ESO vai participar unha gincana para coñecer os recunchos dos espazos da Biblioteca. A ver que nos contan e que nos escriben!!


sábado, 22 de octubre de 2022

Gala do Premio de Poesia Florencio Delgado Gurriarán.


 Lara, Aldara, Inés, Ainara, Nerea e Aroa, en representación do proxecto O poeta que baila, participaron na Gala do Premio de Poesia Florencio Delgado Gurriarán. 


Presentaron, falando e bailando, o vídeoclip "Pandeirada", dirigido por Nerea Fiúza, con música de Xabier Diaz e interpretado polo alumnado do Clube da Língua. Foi unha festaza! 

Viva Florencio! Viva O poeta que baila!

viernes, 21 de octubre de 2022

Charla do Servizo de Axuda a Domicilio do Concello de Silleda

Hoxe recibimos no centro a visita da traballadora social do Concello de Silleda, Beatriz, coordinadora do Servizo de Axuda a Domicilio do Concello e da técnica en atención a persoas en situación de dependencia, Conchi, traballadora do servizo, que nos viñeron a falar da xestión e funcionamento de servizo. As alumnas do CM de APSD de 1º e 2º curso puideron preguntarlles todas as súas dúbidas, moi interesadas na labor das traballadoras como futuras técnicas en atención de persoas en situación de dependencia. Agradecemos ao concello de Silleda e ás ponentes que viñeron por achegarnos á realidade de atención á dependencia.

Biblioteca con Don


Hoxe volvemos a ser noticia, nos xornais da Comarca. Aquí podedes ler a nova do Faro e deste outro xeito La voz de Galicia, do homenaxe máis que merecido ao Mestre con maiúsculas e a un Lector empedernido. Poucos libros pasan polo libro de rexistro que el non lea e os que lle gustan, recoméndaos sen lugar a dúbidas. 

2º Bac na Radio

Volve a RADIO!!!!! o mércores pasado o alumnado de 2º de Bacharelato da materia Xeografía e Historia de Galicia estivo na radio preparando as entrevistas que van realizar a dous autores que visitarán o centro próximamente; Anxos Sumai e Fausto Isorna. Volveron a tomar contacto co proceso de gravación e fixeron probas de audio para recordar o aprendido en cursos pasados. O 16 de novembro realizarán unha entrevista á escritora Anxos Sumai que xa teñen preparada. A visita de Fausto Isorna está por determinar pero tamén incluirá unha charla na radio. Estamos elaborando o proxecto da radio para este curso. Entre as novidades que imos poñer en marcha destaca unha rede de altofalantes que será instalada por todo o centro para emitir dende a radio durante os recreos. A actividade consistirá en que cada titoría realice unha lista en Spotify que será reproducida durante un recreo. Temos moitas ideas e actividades previstas en relación á radio, estade atentxs, xa vos iremos contando..





Navega en Positivo

 Nesta semana visitáronnos de Talentea para dar comezo ao obradoiro Navegar en positivo, sobre o uso responsable das redes sociais.

Nas diferentes sesións, nas que participaron os grupos de 3º e 4º ESO, 1º e 2º FPB e 1º BAC, falouse sobre o uso que facemos de internet e as redes sociais, identidade dixital, privacidade e a importancia do autocoidado e o coidado dos demais no mundo virtual. Sen dúbida, as redes sociais son un punto de encontro e ofrecen un sinfín de posibilidades se tomamos conciencia e as empregamos adecuadamente. 

A próxima semana volverá visitarnos Marc, para continuar co obradoiro, desta volta centrándose na temática das redes dende unha perspectiva de xénero.



jueves, 20 de octubre de 2022

Biblioteca Don Pepe

 Hoxe foi un día moi emocionante!! Fixemos un homenaxe a Don Pepe. A partir de agora a nosa biblio leva o nome do noso colaborador emérito. Don Pepe foi mestre no cole de Cruces e profe de galego no noso centro ata que se xubilou no ano 2008. Sempre formou parte do equipo da biblio e seguiu vindo ao centro unha vez xubilado. O libro de rexistro está íntegramente escrito por el e temos máis de 11000 volumes!!!!! Con este homenaxe queremos agradecerlle a súa labor incansable, o seu amor polos libros e súa amizade. Esta biblioteca levará sempre o seu nome. Grazas Pepe, eres todo un exemplo para nós! Querémoste, sigue expandindo o teu saber no noso centro moitos anos máis...💜

A música do vídeo é interpretada por alumnos do IES e ex alumnos de Don Pepe.


miércoles, 19 de octubre de 2022

Obradoiro de Regueifa



Hoxe Pinto de Herbón veu impartir a primeira parte do obradoiro de regueifa organizado pola Asociación ORAL de Regueifa para a Deputación de Pontevedra. Pinto é un grande dinamizador, unha das persoas fundamentais no proceso de revitalización do repente galego. Que ben o pasamos!

 

Visita da Traballadora Social de Vila de Cruces

O Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Marco do Camballón contou no día de onte coa colaboración da Traballadora Social de Vila de Cruces, Carmen García Brea, a cal a través dunha charla informativa, deunos a oportunidade de coñecer, de primeira man, os trámites necesarios para obter o certificado de dependencia, así como valorar cal é a situación dentro do ámbito das persoas en situación de dependencia da comarca e da contorna próxima. Grazas, Carmen, por compartir co noso alumnado tanta información.

Preparando o 25 N



Empezando a preparar o 25N! Con forza, con tempo.... temos moitas actividades previstas, este curso imos pintar camisetas con frases inspiradoras, imos bailar e cantar, imos facernos escoitar....

martes, 18 de octubre de 2022

Club de Lectura de 1º ESO B

  

Os martes temos club de lectura. Hoxe mostrámosvos ao grupo de 1º de ESO que está lendo Os corpos invisibles de Emma Pedreira coa profe María. Moitas grazas por participar no club de lectura María💜 e parabéns a todo o alumnado que adica o seu recreo dos martes a ler.

 Recordade: somos o que lemos...


lunes, 17 de octubre de 2022

Día das escritoras


Hoxe para homenaxear as escritoras en xeral e as da nosa contorna en particular, que mellor que publicar este poema que chegou a nós escrito por Antonio García Teijeiro ilustrado e lido por María José Viz Blanco, escritora nada no noso concello e cunha extensa bibliografía. O son musical que se escoita é interpretado pola Agrupación Musical Albéniz.




 

 

Día das escritoras


 

 

Este curso queremos destacar o legado das mulleres escritoras nos andeis na nosa Biblioteca e o grupo de voluntariado sacou ao corredores algunhas obras. 

Preten facer visible o seu traballo na literaria e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.

viernes, 14 de octubre de 2022

Recreos culturais: Papiroflexia


Segunda sesión de Papiroflexia no Camballón, na aula do alumnado. Juan, o coordinador do taller, partindo dun cadro e dobrando pola bisectriz, mediatriz... podemos lograr esas figuras espectaculares, como as que fixeron hoxe.

Club de lectura de Ciclos

 

 

Hoxe tivo lugar o Club de Lectura do alumnado de  Ciclos que estiveron lendo o libro Lola Vendetta e os hombres.



jueves, 13 de octubre de 2022

A maxia de Paco Lareo

 Hoxe queremos compartir este  poema de María José Viz Blanco, escritora do noso concello, adicado  ao forxador de soño da Solaina de Piloño, Paco Lareo, coincidindo co décimo aniversario do seu pasamento. 

Paco, de forma altruísta, acercou a cultura a aldea, ao concello, aos veciños e a todos aqueles que se queiran achegar a Fundación Paco Lareo (A Solaina de Piloño).

Grazas a ambos por este legado cultural.



viernes, 7 de octubre de 2022

Recreos culturais: Papiroflexia ou origami

Hoxe tivo lugar no recreo unha actividade que tivo moito éxito, un taller de Papiroflexia ou Origami. Estivo coordinado por Juan Penalta. A nosa primeira aproximación á papiroflexia. Seguiremos intentando facer figuriñas de papel o próximo venres 14 de outubro!! 
Grazas, Juan!

jueves, 6 de octubre de 2022

martes, 4 de octubre de 2022

Lalín. Proxecto Universo



Hoxe o alumnado de 1º de ESO visitou o Observatorio e o Museo Ramón María Aller Ulloa, onde puidemos ver varias obras do pintor e escultor Paco Lareo e coñecer a figura do sacerdote don Ramón María Aller Ulloa, astrónomo, matemático e catedrático. Aproveitamos tamén para facer unha visita guiada en Castro Deza para coñecer a cultura castrexa, lendas e gastronomía.
Foi unha mañá moi intensa, dounos tempo para buscar pola vila distintas esculturas de persoeiros destacados como o aviador Loriga, o pintor Laxeiro, Varela Buxán, Vidal Payo... entre outras e percorrer parte do Paseo fluvial do río Pontiñas.


Club de lectura


Novos libros para o club de lectura. Coidadora de María Marco e Del color de la leche de Nell Leyshon. 

O primeiro será a próxima do club de lectura de adultos que se reune os luns durante o recreo. O segundo corresponde a grupo de 1º de Bacharelato coordinado pola profe Loli. Moitas grazas por colaborar con nós Loli. 

Benvida ao Camballón!!