sábado, 22 de diciembre de 2018

Planetario

Neste primeiro trimestre, o alumnado da materia Introdución á astronomía (1º BAC) traballou no deseño e construción dun planetario portátil. Os materiais empregados foron de uso corrente: tubos de pvc e unha lona de plástico. Con iso armouse unha cúpula con espazo para uns 20 visitantes. 
No interior da cúpula preparouse unha superficie de proxección con folios tamaño A3, na que se puideron visualizar as principais constelacións do hemisferio norte. Un dos principais atractivos do planetario foi o feito de conseguir que unha imaxe proxectada do ceo en 3 dimensións.
A proxección das constelacións, que simulaba o movemento real das estrelas ao longo dunha noite, ía acompañada dun audio preparado polo alumnado no que se explicaban as características científicas e aspectos mitolóxicos asociados a cada unha delas.
Na última semana de clases antes do Nadal organizáronse varias visitas a alumnado da ESO e BAC.

viernes, 21 de diciembre de 2018

Festival de Nadal

Rematamos este trimestre cun festival onde participaron Iria e Saleta bailando unha canción e a continuación  as concursantes de Quero cantar,  o alumnado de artes escénica e o alumnado de Regueifa, que cerrou o acto.




2018-12-21 Festival Nadal



Bo Nadal e Felices Festas!

Felices lecturas!

Festival TEI

O alumnado da ESO participou este xoves nas actividades de cohesión grupal e afianzamento das parellas TEI, coa finalidade de adquirir ferramentas contra o acoso escolar.


jueves, 20 de diciembre de 2018

Viaxe a Santiago

O alumnado de 2º Bacharelato estivo este mércores en Santiago.  Visitaron as cubertas da Catedral, viron as  fachadas e o seu interior. Remataron a viaxe no Monte Gaiás para ver a exposición sobre Castelao.


lunes, 17 de diciembre de 2018

Postais Nadal

Os maiores precisan sentir o Nadal como eles o viviron, por iso o grupo de 1º TAPSD realizaron en colaboración coa residencia de miores de Vila de Cruces estas postais.


viernes, 14 de diciembre de 2018

Recomendacións de Nadal

A piques de comezar as merecidas vacacións de Nadal, queremos facervos recomendarvos algunhas lecturas que esperamos vos emocionen.


martes, 11 de diciembre de 2018

Carpetas viaxeiras de 1º ESO

Unha nova viaxe van a percorrer as carpetas viaxeiras de 1º ESO que van cargadas de materiais interesantes para o alumnado e para as familias.


martes, 4 de diciembre de 2018

Coñecemos o que nos rodea?

O título elixido fai referencia á biodiversidade natural que forma parte da nosa contorna e que moitas veces pasa desapercibida diante dos nosos ollos.
Esta exposición realizouse coa colaboración do alumnado de 1ºESO co propósito de visibilizar aqueles aspectos que se estudan de forma teórica durante as clases, acerca dos distintos reinos de seres vivos. Neste caso centrámonos nos seguintes reinos: Fungos e Plantas. O alumnado foi o encargado de recoller os exemplares e de elaborar os carteis que sinalan aqueles aspectos destacables dos mesmos.
Expuxéronse fungos, musgos, fentos, hedras, follas de anxiospermas e ximnospermas, sementes de ximnospermas, flores de anxiospermas, ... Cada un destes ten ao seu carón os carteis que marcan o seu nome, o reino ao que pertence e aquelas curiosidades ou partes que o forman.
Dun xeito moi sinxelo, logrouse agrupar de forma práctica moito do coñecemento teórico que o alumnado foi traballando durante as sesións, ademais de contribuír a fortalecer valores como a responsabilidade individual ou a colaboración entre iguais. 



viernes, 30 de noviembre de 2018

Galicia Skills 2018

 O alumnado do Camballón xunto a máis 130 concursantes máis estiveron  no pavillón número 2 de Silleda para participar no Skills 2018. Durante o mércores e a mañá do xoves fixeron exercicios prácticos. Competiron seis alumnos  dos institutos e CIFP de Vigo, Santiago, a Coruña, Valga e Vila de Cruces. Na primeira proba tiñan que realizar e colocar unha soldadura en chapa e aceiro ao carbono en 5 posicións distintas a partir dun plano con simbolización da soldadura a realizar. Na segunda, realizada o xoves, tiñan que realizar tes soldaduras en tubo de aceiro carbono de 4mm de espesor. Durante máis de 14 horas os cinco alumnos e unha alumna traballaron a reo e Daniel Puga, do Marco do Camballón,  acadou o segundo premio.
Parabéns!


miércoles, 28 de noviembre de 2018

Taller de igualdade

Hoxe estivo no centro Daniel e Paco, colaboradores de Manos Unidas, para impartir un taller de sensibilización, ao alumnado de 2º ESO, sobre a igualdade de xénero. Temos moitas ferramentas para unir e buscar un camiño común nesta loita en busca de que os dereitos se cumplan de igual xeito para mulleres e homes.



sábado, 24 de noviembre de 2018

Palabras pola cara

Aquí están os 10 retratos seleccionados do concurso: “A CARA É O ESPELLO DA ALMA”.



E propoñemos un novo concurso...

viernes, 23 de noviembre de 2018

Violencia de Xénero

Hoxe tivo lugar no Plaza do Concello un acto en simbólico  para visibilizar a Violencia de Xénero. Estivo acompañando a Comunidade educativa do centro a Corporación Municipal. Ademais de facer visibles as vítimas o grupo Enxebre do Marco do Camballón interpretou a súa canción Sempre loitadoras.


lunes, 19 de noviembre de 2018

Sensibilización contra a violencia de xénero

 








Dentro da semana de sensibilización contra a violencia de xénero, o alumnado de 2º TAPSD realizou un traballo sobre micromachismos na prensa escrita e na linguaxe cotiá.
Para comprometernos na loita diaria realizamos unha actividade para explicar o significado da palabra Sororidade e asociala a unha pulseira violeta , contribuindo deste xeito a texer rede feminista.
Tapamos  as fiestras do instituto facer facer visible este problema.





lunes, 12 de noviembre de 2018

Magosto

Chegou o Samaín e con el as castañas, por iso no Camballón decidimos adicar na xornada do venres dúas sesión ao Magosto. Comezamos cunha xincana de xogos  por equipos e rematamos coa degustación de castañas que viñeron asar ao centro persoal do Concello.

viernes, 9 de noviembre de 2018

Concursos de retratos


Esta son as bases do concurso de fotografía que remata o vindeiro xoves 15.



Carpetas viaxeiras

Esta semana arrancaron as carpetas viaxeiras de 2º ESO. Ían cargadas de revistas, libros, unha película e un caderno para que comenten algunha  impresión. Esperamos que sexan do voso agrado.

martes, 23 de octubre de 2018

Sendeirismo en Doade


O alumnado de 3º ESO, xunto cos seus profesores de E.F, foron facer unha ruta de sendeirismo en Doade no lugar de Codeseda, onde se encontra a Casa do Patrón.
Fixeron un percorrido de 14Km de ruta sinalizada no espazo natural á beira do río Asneiro cunha rica e variada flora e beleza natural. Coñeceron o Castro de Doade que é un recinto circular de 105 m de diámetro no que se teñen realizado varias escavacións arqueolóxicas, aínda que nos deu que pensar por que non se ten escavado máis do que xa está feito...
Visitaron o museo etnográfico da Casa so Patrón que esertou a curiosidade conforme iamos entrando nas súas múltiples zonas de exposición, xa que ten máis de 2000m2 distribuídos en 3 edificios, onde se expoñen máis de 4500 pezas de toda Galicia.



Alen Space

O luns 15/10 o alumnado de 1º e 2º Bacharelato foron a Vigo as instalacións de Alen Space, empresa creada na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da UVigo e adicada ó deseño de nanosatélites. Alí explicárolles os procesos de deseño, probas e lanzamento dun nanosatélite. Algúns dos estudantes tamén tiveron a oportunidade de entrar na sala limpa e ver o LUME-1, o nanosatélite no que están a traballar actualmente e que está en fase de probas previas ó seu lanzamento, previsto para decembro de 2018. O LUME-1 desenvólvese dentro dun proxecto europeo e adicarase á detección de lumes. Tamén mostraron moito interese e felicitaron ao alumnado do noso centro polo proxecto NOSA.


lunes, 22 de octubre de 2018

Taller fotografía


O venres 19 de outubro o alumnado de 1º de ESO e 1º de FPBásica participou un taller de fotografía. A actividade tivo unha primeira parte teórica impartida por Tania Rios, exalumna do centro e un apartado práctico a cargo de José Ramón Moire, pai dunha alumna.

Tania mostrou unha relación de fotógrafos que usan o retrato como base das súas obras. José Ramón relatou a súa experiencia como fotógrafo aficionado, mostrou o seu equipo fotográfico e falou da importancia de aspectos como a luz ou o fondo.

A partir desta actividade iniciarase o traballo transversal sobre educación emocional nas distintas materias.

lunes, 1 de octubre de 2018

Hora de ler

Comezamos a hora de ler cun montón de novidades que están expostas no corredor da Biblioteca. Animádevos a ler o último que chegou!!

Día do maior

Coa  finalidade de realizar unha xornada de sensibilización de cara os nosos maiores o alumnado de 1º de TAPSD realizou un mural para chamar a atención sobre as principais necesidades dos nosos maiores.

jueves, 27 de septiembre de 2018

Benvida ao instituto

O mércores 26, o alumnado de 1º ESO elaboraron uns aperitivos como actividade de acollida para os seus proxenitores. Contaron coa colaboración do alumnado de 1º TAPSD e o seu profesor Diego que previamente prepararon os ingredientes.
Este foi o resultado....

viernes, 21 de septiembre de 2018

Emociónate con nós

Comezamos este novo curso cheos de ilusión cun Proxecto que pon en marcha a Biblioteca e  que vai ser o eixe vertebrador de todas as actividades do noso centro. Tentaremos traballar a intelixencia emocional a través de tres liñas de actuación repartidas nos tres trimestres:
- No primeiro traballaremos coa fotografía.
- No segundo o fío conductor será o cine e o teatro.
- No terceiro a música.
Esperamos que sexa unha viaxe emocionante para todos e todas.

viernes, 29 de junio de 2018

Un paseo por Andalucía

Nada mellor que rematar o curso cunha viaxe por Córdoba, Granada, Sevilla que fixo o alumnado de 2º de Bacharelato acompañado pola súa titora Pilar e por Ruth.
O percorrido partíu da Alhambra e despois percorreron os Patios Cordobeses. Non podía faltar unha visita a Mezquita de Córdoba e o Albaicín.
En Sevilla percorreron o parque de María Luisa, o Barrio de Santa Cruz, a Torre de Oro , a Catedral, a Xiralda e remataron no parque de atraccións de Illa Máxica.
Unha viaxe expectacular!!

miércoles, 20 de junio de 2018

Encontro con Eduardo Sáenz de Cabezón

Hoxe mércores 20 de xuño, o alumnado de 1º BAC mantivo un encontro con matemático, divulgador e youtuber Eduardo Sáenz de Cabezón, da canle Derivando. 
O encontro tivo lugar na Facultade de Matemáticas da USC. O noso alumnado preparou unha entrevista que proximamente editaremos e subiremos á nosa canle Tales no Camballón Films. Asimesmo, agasallámoslle un exemplar de Tatoos da Galiza e Marco Numérico, ambas publicacións do noso centro.

lunes, 11 de junio de 2018

Hoxe cociñamos nós

Despois de todo un curso de traballo sobre os hábitos saudables, implicamos as titorías a que cociñaran dándolles unha data  para esta tarefa. Cada grupo elixíu receitas de libros que temos na biblioteca e que elaboraronnas na casa e degustadas por toda a Comunidade Educativa que o desexou

jueves, 7 de junio de 2018

Un ano de hábitos saudables

Este ano estivemos traballando durante todo o curso os hábitos saudables nas distintas materias e estes foron algúns dos traballos que foron xurdindo.
Iconos saudables: Plástica
Iconos saudables
Almorzos saudables: Titoría de 1º ESO

Alimentación e hixiene na Historia Antiga: Historia


Read more publications on Calaméo

 Gastronomía arredor do mundo: Historia

Hábitos saudable que trababallaron o alumnado de 4º de ESO en Lingua Galega

Leer más publicaciones en Calaméo

Hábitos saudables bíblicos: Relixión
Dieta saudable: Bioloxía

Marco numérico

Xa chegamos ao rexistro 9000!!  e que mellor maneira de celebralo que cunha publicación  matemática do alumnado de 2º de Bach chamada o Marco Numérico. Con esta publicación  anual preténdese que o alumnado faga investigación, que aprenda facendo e que pase a ser actores da súa propia aprendizaxe.
Parabéns e grazas por este magnífico traballo e quedamos a espera do próximo volume.

miércoles, 6 de junio de 2018

Poesía ilustrada

Para conmemorar o día da poesía alumnado de 1º ESO estivo traballando na materia de Lingua e literatura Galega con poemas de varios autores que grabaron na aula. Con esa grabación e con imaxes ou debuxos que eles fixeron sobre o poema, na materia de Investigación e Tratamento da Información, realizaron estas creacións:

Sós de Manuel Antonio



Anoitecer na terraza de Xavier Seoane



 Os soños na gaiola de Manuel María

martes, 5 de junio de 2018

Recomendacións de verán

Este verán vive, disfruta, emociónate e sobre todo le. Navega con nós nun mar de libros, estas son as nosas propostas:


Recomendacións Verán 2018

jueves, 31 de mayo de 2018

Festival de Cans

O 25 de maio de 2018 fomos ao festival de Cans. Encontro no Ghalpón do Moncho con directores  de cinema: Fernando Trueba. Borja director de ocho apellidos vascos. Con Morris actor e Ignacio Vilar. Director de filmes como Pradolongo e Vilamor... Roteiro literario co escritor Carlos Meixide. Autor do novela Cans. Acompañounos no percorrido a escritora Berta Dávila. Comida na área recreativa da vila e despois algo de regueifa no Chimpibús. Todo un símbolo do festival. Unha acollida marabillosa por parte da organización do festival. Destacar o agarimo de Afonso Pato director e Keka Losada moza que facilitou a nosa asistencia a este senlleiro evento.

martes, 29 de mayo de 2018

A música na nosa vida

O pasado luns dia 28 de maio, contamos coa presencia nas intalacións do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia, co avó de Olalla alumna do ciclo. O señor Julio veunos falar da importancia da música na súa vida e de como os seus 80 anos foi quen de publicar un disco con aquelo que lle alimenta a alma: a gaita tradicional tocada o pechado.
Moitísimas gracias por compartir con nós tanta sabiduría.

miércoles, 23 de mayo de 2018

Safari Pontevea-Xirimbao

Onte o alumnado do Club de Lectura do IES Marco do Camballón e do CPI de Vedra realizron un Safari dende a Burga de Xermade ata a Ponte do Xirimbao. O alumnado estaba distribuído en oito grupo. A cada equipa deuselle un folio onde tiñan que facer varias fotografía e a cada fotografía definila cunha palabra.
Unha vez que percorremos o traxecto dende a Burga ata o ponte, alí estábanos esperando Padín, que é un dos gardas do río Ulla que non falou do salmón e dos mexillóns do Ulla.

lunes, 21 de mayo de 2018

Aventura no País Vasco

Entre os días 16 e 19 de maio fomos de aventura ao País Vasco, a penúltima actividade da Regueifesta deste curso 2017-2018. Chamámoslle Regueibertso porque esta experiencia é un intercambio entre a Regueifa da Galiza e o bertsolarismo de Euskal Herria. Facemos improvisación oral en verso e aprendemos pasándoo ben.

De Galicia fomos alumnado do Camballón e dos institutos de Baio e Burela. E alá tivemos unha programación moi, moi completa. O primeiro día, o Día das Letras, celebrámolo cun acto no IES de Arratia, cunha comida comunal con marmitako, -riquísimo!- e logo á tarde cun festival da improvisación nun Auditório de Igorre cheo até a bandeira onde improvisamos con dúas das persoas que mellor improvisan no planeta: Maialen Lujanbio, -actual campiona do mundo de bertsolarismo- e Sustrai Colina. 

Ali tamén cantamos e deixamos ben alto a nosa Vila de Cruces. 

O día seguinte perdémomos no monte, nunha actividade de orientación moi divertida, que compartimos facendo grupos co alumnado basco. Á tarde fomos coñecer Otxandio, unha fermosa vila euskaldún. E o sábado, 19 fomos protagonistas dun Bertso-Saio (acto de repentismo) especial Regueifa, onde o público puido coñecer a nosa forma de cantar con diferentes melodías.

O máis importante desta aventura foi a amizade co alumnado de Baio e Burela. Non só formamos un grupo tradicional novo -que chamamos "20 en vascos"- senón que tamén encaixamos de marabilla durante toda a excursión e xa nos tarda vernos de novo. 

O Proxecto Regueifesta continúa adiante con máis forza. E despois deste 3º Regueibertso esperamos impacientemente o vindeiro curso e as próximas aventuras na terra euskaldún. 

Viva a improvisación oral en verso!

miércoles, 16 de mayo de 2018

Día das letras galegas

Este ano as letras galegas están adicadas a María Victoria Moreno que nos transmitiu o valor da nosa lingua como ferramenta de expresión, ilusión e ledicia. Fixemos visible algunhas das súas obras na entrada da Biblioteca e acompañánolas de outras recomendacións.


MarumaSat III


Despois de case unha semana de búsqueda, a cápsula MarumaSat III aparaceu nas inmediacións da localidade coruñesa de Negreira. Foi atopada por un alumno do IES Maruxa Mallo na tarde do sábado 12 de maio grazas a un dispositivo de seguemento empregado en cetrería que seguía a emitir sinal. 
Tras abrir a cápsula puidemos comprobar que todo estaba en perfecto estado, que os sensores rexistraron un enorme volume de datos e a cámara gravou imaxes espectaculares da estratosfera. 
Nas seguintes semanas completaremos o estudo asociado aos experimentos científicos e editaremos o vídeo oficial da viaxe da MarumaSat III.




lunes, 14 de mayo de 2018

Unha de morcegos!!


O venres 11 de maio visitounos a bióloga Tamara Casal, membro da asociación Morcegos de Galicia,  que leva a cabo accións de investigación, divulgación e conservación de morcegos dentro do proxecto “Morcegos de Galicia”.
Tamara deunos unha charla á que asistiu alumnado de 1º, 3º e 4º de ESO. Nela falounos dos distintos tipos de morcegos, dos seus hábitats, da súa alimentación, do número de especies (en Galicia viven 23 especies diferentes!) e dos mitos falsos que circulan acerca deles e que fan que moita xente os vexa con malos ollos. Tamén nos falou da ecolocalización e mostrounos algúns dos utensilios de que botan man os investigadores cando fan o seu traballo de campo.
O contido da charla completouse coa exposición duns paneis informativos que nos facilitou a asociación.
Aquí vos deixamos unha ligazón á páxina da asociación onde podedes atopar máis información,
                                   http://www.morcegosdegalicia.org
e unha suxestión de lectura: o libro de relatos sobre morcegos El dilema de Spallanzani, escrito por Roberto X. Hermida, membro destacado da asociación, biólogo e lector empedernido que falando da súa infancia nos ofrece unha fórmula infalible para pasar a nenez máis divertida posible e poñer os alicerces para unha idade adulta plena: que a infancia transcorra lendo e xogando na natureza.

martes, 8 de mayo de 2018

Proxecto Nosa

Onte, 7 de maio, lanzamos nas instalacións do IES Maruxa Mallo (Ordes) a cápsula estratosférica MarumaSat III, con varios experimentos científicos a bordo. A cápsula incluía sensores de ozono e radiación ultravioleta, sensores atmosféricos, unha placa solar en probas, unha incubadora para un ovo de abella obreira, unha cámara de vídeo e varios dispositivos de localización.
O lanzamento tivo lugar ás 12 h pero, fatalmente, deixamos de recibir información da súa posición cando a cápsula voaba a un 137000 m de altitude. Con todo, puidemos seguir o seu traxecto ata a Serra de Outes, onde estimamos que puido tocar terra.
Nestes momentos descoñecemos o seu emprazamento pero estamos facendo un chamamento a todas as persoas que a poidan ver para que avisen a algún dos tres centros participantes.

lunes, 7 de mayo de 2018

Regueifesta

O pasado 2 de maio tivo lugar no Auditorio de Galicia un Encontro entre cerca de mil alumnas e alumnos de Galicia, no que tamén participaron  alumnado dun centro de Igorre (Bertsolaris) e un centro de Cataluña (glosadors). Algúsns destes alumnos teñen como materia RIOV e outros participan de obradoiros de improvisación oral impartidos por Alba María, Josiño da Teixeira, Sara Marchena e Lupe Blanco.Deuse mostra da regueifa, verso, glosas, de bombas de Pobra de Trives e tamén das Xeneraliñas do Ulla.
Neste acto tamén se entregaron os premios do certame de vídeo de Enregueifate.
Despois deste encontro, o 3 de maio, alumnado vasco e catalán foron a Baio ao IES Maximino Romero e o 4 viñeron a Vila de Cruces, IES Marco do Camballón onde se fixo unha actividade de arqueoloxía nas Mámoas de Oirós, dirixida por Victor García, e tamén se aproveitou o lugar para facer xogos de lingua (catalán, galego e vasco) e finalizouse cunha comida de confraternización no Camballón.

lunes, 30 de abril de 2018

Valadares

O venres 29 de abril,  tivo lugar un encontro entre escolares de Vigo no Centro Cultural Valadares. O IES Marco do Camballón asistíu  como convidado e asistiron o alumnado de RIOV, ademáis de Lorena e Nuria quedando como finalista Roi Casal de RIOV. O certame de improvisación contou con aproximadamentes 500 alumnos e alumnas conducidos por Pinto de Herbón e Luis (Caruncho) que son os que imparten este obradoiro nos centros da zona. O premio consistía nunha Regueifa, un doce  antigo e tradicional da zona.

miércoles, 25 de abril de 2018

Premios Xadrez

Onte tivo lugar o a entrega de Xadrez do campeonato que se estivo a celebrar na aula de alumnado do Camballón








sábado, 21 de abril de 2018

Almorzo saudable

O alumnado de 1ºA quixo convidar a un almorzo saudable aos seus compañeiros e compañeiras de 1º B. Para iso estiveron ideando que facer e decantáronse por facer unha tosta de tomate e atún e bocadiños de uvas con noces e aveláns.
Elaboraron unha invitación e investigaron sobre os alimentos que ían empregar para facerlles unha presentación.

Un mar de libros

Un ano máis queremos celebrar por todo o alto a Semana do Libro e comezamos elaborando unha decoración especial para a nosa biblioteca así como varias actividades que se van a ir levando a cabo ao longo da semana. Comezamos unha exposición de libros e películas cedidos pola librería O Colexio, ca que pretendemos que o alumnado faga algunha suxestión de lectura. Arrancamos!!

2018-04-20 un mar de libros
Durante esta semana a biblioteca preparou degustación de froita e este foi o resultado.

miércoles, 18 de abril de 2018

Dilemas morais

O pasado venres 23 de marzo tivo lugar unha sesión de TEI para o alumnado de 1º e 3º ESO onde se traballaron os dilemas morais.

jueves, 12 de abril de 2018

Corrubedo

O pasada mércores tivo lugar unha actividade TEI entre o alumnado de 1º e 3º  ESO onda o alumnado do Camballón foi coñecer o Barbanza con dous monitores, Cristina e Titín, que enriqueceron a nosa experiencia. A primeira parada foi na praia de Testal, en Noia, onde puidemos observar centos de persoas a mariscar e onde, despois de xogar cun paracaídas, Titín explicou porque as rias galegas son unha fonte única no mundo de diversidade biolóxica e de desenvolvemento económico.
Despois fixemos parada no Porto do Son, onde falamos cuns mariñeiros que reparaban nas redes e comentaron un pouco sobre a realidade actual do sector pesqueiro, en crise. 
En Baroña visitamos un dos castors mías importantes do mundo e o guía falounos de química e minerais, de prehistoria e de gastronomía. 
Finalmente, o bus levouno ao centro de interpretación do Parque de Corrubedo, onde, despois de ver un vídeo de presentación do esteiro e a praia, a duna móbil e outros aspectos da paraxe, comemos á beira do mar. 
Foi unha viaxe curta mais intensa! E aprendemos moito!

miércoles, 4 de abril de 2018

Comunicación e intelixencia emocional

E que mellor maneira de rematar a avaliación para o alumnado de 2º e 4º de ESO que poder participar nun taller de Comunicación e intelixencia emocial dirixido por Marián Cobelas. Estas foron algunhas das actividades que fixeron e que están incluídas dentro do programa TEI-2.

jueves, 8 de marzo de 2018

Día da muller

No Camballón levamos un tempo traballando sobre cales son as actividades que fan as mulleres, mulleres e homes ou os homes. Pasamos unha enquisa a todo o noso alumnado e estes son os gráficos que resultan

Leer más publicaciones en Calaméo

Para facelos máis visibles colgamos na entrada do centro estás mesmas gráficas pero tendo en conta as diversas ensinanzas que se imparten no centro.



Ademais o 8 de marzo saimos á entrada do centro para cantar unha canción e para recordar a algunha das mulleres que destacaron e destacan en algunhas disciplinas pero que non se lle recoñeceron ou recoñecen os seus méritos.

miércoles, 7 de marzo de 2018

8 de marzo, Día da muller



O alumnado da materia de 2º ESO  Igualdade de Xénero, con ocasión da celebración do Día Internacional das Mulleres, elaborou un pequeno traballo co que se pretenden mostrar á comunidade educativa do Marco do Camballón exemplos de agravios comparativos sufridos por distintas mulleres ao longo dun espazo de tempo de 200 anos polo simple feito de ser mulleres.

Os agravios van desde e exclusión do ensino superior que sufriu Concepción Arenal, unha muller galega coa que comezamos o noso relato, pasando pola invisibilización, por non falar de roubo de propiedade intelectual, que padeceron mulleres como Rosalind Franklin ata a vergonzosa fenda salarial da que é vítima outra muller galega, Verónica Boquete, coa que pechamos  a nosa procura de nomes propios.

Coa frase “Imos parar este agravio… únete á nosa revolución”, quixemos conectar o noso traballo co lema que @s compañeir@s de 3º ESO empregaron no seu galardoado cartel sobre este día.




Leer más publicaciones en Calaméo

Tamén temos unha cantas recomendacións que fan alusión a este tema e que se poden ver na entrada da biblioteca. Forza!!
2018-03-08 Día da muller

Ocio e tempo libre na discapacidade

A Confederación Galega de Minusválidos (Cogami) acercou ao alumnado de 1º TAPSD a organización do ocio e do tempo libre dos seus usuarios. A educadora social e Gaspar e Bea (usuarios Cogami Silleda) compartiron con nós as súas actividades e as súas impresións sobre como se organiza e como se disfruta o ocio e o tempo libre no colectivo con diversidade funcional.


sábado, 3 de marzo de 2018

Roma

O alumnado de 1º Bacharelato estivo preparando o seu viaxe en Roma elaborando unha guía de viaxe do que ían ver nas catro rutas que estaban previstas. Esta actividade estivo organizada polo departamento de Educación Plástica e Relixión.

martes, 27 de febrero de 2018

Teatro e visita cultural a Santiago

A actividade desenvolveuse con alumnos e alumnas de 3º ESO e 1º  Bachareladto. Iniciouse con un percorrido pola zona vella de Santiago. Visitaron a Catedral e a Igrexa de San Pelaio así como a Praza da Quintana e a de Praterías.
No teatro principal asistimos á representación de dúas obras de Cervantes: La gitanilla e La ilustre fregona


viernes, 16 de febrero de 2018

Día dos namorados

O alumnado de FPBásica organizou para celebrar o día dos namorados un reparto de flores e de mensaxe,  había que elaborar unha nota ou encargar as flores e dicir quen era o destinatario/a a que se lle quería enviar.

Chef 1ºB

O alumnado de 1º B convidou este venres a degustar  unhas  tostas de Guacamole, que despois se fixo extensivo a todo os membros do centro que o quixera probar. Coordinados pola súa titora, Susana Porral, escolleron, explicaron e elaboraron o prato mentres que os seus compañeiros e compañeiras de 1º A ollaban como se ía realizando a receita. Grazas por esta fabulosa receita!!


viernes, 9 de febrero de 2018

Sesión TEI

O alumnado de 1º e 3º ESO comparteu unha sesión de traballo conxunto entre titores e titorando.

jueves, 8 de febrero de 2018

Concurso Odisea

Un ano mais o noso alumnado participa no concurso Odisea, que este ano versa sobre a "Morte en Grecia e Roma".

miércoles, 7 de febrero de 2018

Nutrición saudable

 Vanessa Taboada Santín falounos da "OBESIDADE" (que é un estado do organismo caracterizado por un grande incremento do peso corporal debido á acumulaciòn excesiva de graxa. Aínda que ata hai moi pouco isto era considerado únicamente como un problema estético,agora podemos dicir que é unha  enfermidade crònica que supòn un grande problema de saúde pública en todo o mundo desenvolvido).Estamos ante unha epidemia en expansiòn.
Hai que inculcar costumes alimenticios saudables. É importante levar unha dieta correcta, practicar exercicio físico e rebaixar as horas de vida sedentaria empregando ben o ordenador ou a televisión.

                    

Couching para adquirir habilidades sociais

Dentro do programa Titoría entre iguais, no seu segundo ano de andaina, realizouse un taller de couching para despertar no alumnado a necesidade de adquirir as habilidades sociais como método para adquirir as ferramentas precisas para evitar, entre outras cousas, o acoso escolar.

II Encontro de entroido

Esta é unha mostra do que pasou o o xoves 1 no autoditori Xosé Casal de Vila de Cruces onde se deron cita:
- CEIP Ramón de Valenzuela
- CEIP Cerdeiriñas
- CEIP de Merza
- CEIP Nosa Señora da Piedade
- IES Marco do Camballón


martes, 6 de febrero de 2018

Por un ano saudable

Mañá visítanos Vanessa Taboada Santín, dietista, especialista en: Nutriciòn clínica e dietética hospitalaria,en Trastornos de conducta alimentaria e obesidade e  en Educaciòn para saúde en alimentación e nutrición. 
A ponencia centrarase na obesidade e como as dietas de mozos e mozas adoita ser pouco variada e con exceso de azucre e graxas saturadas.
Todos os estudos están a dicir que,como norma xeral, os nenos obesos van desenvolver obesidade de adultos.
Por isto o máis importante que poden facer os pais para aseguraren a futura saúde dos seus fillos e fillas é a de lles inculcar costumes alimenticios saudables.É importante levar unha dieta correcta, practicar exercicio físico e rebaixar as horas de vida sedentaria empregando ben o ordenador ou a atelevisión.
 A ponencia terá lugar da Biblioteca do Marco do Camballón e pode asistir toda a comunidade educativa a partir da 15.45.

martes, 30 de enero de 2018

Semana da Paz

Durante toda esta semana, estivemos traballando
a paz nas titorías, este foron algúns dos
traballos que se fixeron. Tamen  temos unha escolla de lectura recomendadas propias para estas datas.