lunes, 31 de mayo de 2021

Palestina e os coidados

 O alumnado de Relixión fixo un estudo sobre o papel dos coidados en Palestina na época de Xesús tendo en conta o Evanxeo de Lucas.


jueves, 27 de mayo de 2021

Emocións e sentimentos

As emocións  e so sentimentos á veces confundímolos. É moi importante saber cales hai e  aprender a identificalos.
 


20250526 sentimentos - Kizoa Movie Maker

miércoles, 26 de mayo de 2021

Escolas de avoas


O alumnado de 2º e 3º de ESO do IES Marco do Camballón impulsou este proxecto de memoria histórica e colectiva.
Mais de 25 persoas, avoas e avós, bisavoas e bisavós, foron entrevistadas arredor dunha pregunta: Como era a escola na época de Franco? Ademais das avoas, contamos coa colaboración póstuma dun dos nosos veciños que máis ten reflexionado sobre aquela etapa histórica: Xosé Neira Vilas.


  

 

martes, 25 de mayo de 2021

Apadriñamento lector

 

Nova sesión de apadriñamento das alumnas de Tapsd ao alumnado da Escola Infantil. Nesta ocasión traballaron Rosa e caramelo. Toda unha experiencia interaxeracional onde unha das nosas alumnas contou o conto ao seu fillo e os seus compañeiros e compañeiros.


20210525apadriñamento - Kizoa Movie Maker

Palabras de Pedra


 Palabras de Pedra: visitamos a necrópole megalítica de Oirós e a excavación arqueolóxica de San Paio en Merza. Grazas a Vitor García Piñeiro por servir de educador, guia e facilitador... e levar nos de aventura! Unha experiencia didáctica fantástica!


20210524oiros - Kizoa Movie Maker

viernes, 21 de mayo de 2021

Como nos cambiou a vida!!

 O alumnado de 1º de ESO de INEIN, fixeron un programa de radio onde entrevistando a persoas de distintas idades para saber de que modo cambiou a súa vida diaria con esta nova situación sanitaria e o COVID.

Para escoitalo pincha

A importancia das emocións

Que importante é darse posto no lugar de outro, sentir o que sinte a outra persoa....

Aprendemos sobre os estilos de comunicación a través do xogo dos xinetes e cabalos. Con esta dinámica o alumnado puido comprobar como inflúe o estilo de comunicación nas relacións cos demais. 
Para conseguir os nosos obxectivos debemos aprender a manexar a frustración e ser empáticos coas outras persoas, o que influirá positivamente nas relacións persoais, facendo que estas sexan sanas e agradables. 

Apadriñamento na Escola Infantil


 Hoxe tocou de novo, facer apadriñamento lector con outro grupo da Escola Infantil, nesta ocasión, o alumnado de 1º de Tapsd compartíu a interpretación  do Coelliño branco, con marionetas de pao de xeado e Maruxa, ao mesmo tempo que elaboraron masa de pan. 

Unha sesión moi interesante e emocionante!


miércoles, 19 de mayo de 2021

Obradoiro "Regueirave"

 

O Obradoiro "Regueirave", dinamizado por Aurora a Rabela e High Paw, proposta que funciona para activar no alumnado o gusto pola improvisación oral, dende o rap improvisado e as bases eletrónicas, tocando a regueifa e facendo ao alumnado compoñer "bombas" da tradición repentista ourensá.
Paw e Aurora trouxeron festa e poesia ao noso instituto e animaron ao alumnado.



martes, 18 de mayo de 2021

Apadriñamento na Escola infantil


 

 

 Hoxe alumnado de 1º  de Tapsd apadriñaron ao alumnado de 3º de Infantil da Escola Infantil.  Compartiron a lectura de Corre, corre cabaciña e Onde damas atrevidas.

lunes, 17 de mayo de 2021

Xela Arias


   Feliz día das Letras Galegas!! Grazas a Xiana Sánchez, de 1º ESO, por esta ilustración que fixo para a biblioteca de Xela Arias  a quen se lle adica este día.                      As colaboradoras da biblioteca Yasmín Diéguez e Anais Cornado estiveron na radio gravando dous poemas de Xela Arias. 

 

sábado, 15 de mayo de 2021

Premio de Bac do Parlamento Xove

Neste segundo ano participando en Parlamento Xove,  un dos dous equipos de Bacharelato do IES Marco do Camballón, formado por Nerea Duarte, Breogán López, Lucía Puga e Aleixandra Torres, logrou o primeiro premio na categoría de Bacharelato. Lograron clasificarse en marzo,   pasaron a cuarto de final no día de onte en sesión telemática e hoxe cara a cara participaron na semifinal  e na final.
Os catro contaron nestas derradeiras semanas de preparación coa axuda inestimable do outro grupo de debate que non chegou a final, integrado por Sabela Castelo, Marta González, Elena López  e María López  ambos equipos coordinado polas profesoras Araceli Costoya e  Iria Piñeiro.

Unha victoria moi merecida a que adicaron moitas horas de traballo fora do horario lectivo. 

Parabéns!!


 

viernes, 14 de mayo de 2021

Performance

  

 A performance realizada onte é unha comedia musical cun transfonfo moi serio.

Preténdese representar de forma sinxela como se poden producir algúns dos trazos discriminatorios

por orientación ou identidade sexual e a exclusión que sofren persoas con expectativas sociais e

laborais diferentes á maioría da poboación. Tamén se enfatiza a idea de como os esteriotios físicos

físicos poden chegar a facer que moitas persoas teña unha autoestima baixa.

 



jueves, 13 de mayo de 2021

Conta contos con Celso Sanmartín

 Celso Sanmartín visitounos hoxe para falarnos da importancia da oralidade como base das nosas relacións persoais.



20210513contacontos - Kizoa Movie Maker

martes, 11 de mayo de 2021

Letras Galegas 2021

Para conmemorar as Letras Galegas, o alumnado de 1º de ESO de Investigación e tratamento da información (INEIN), traballou co  libro Xela Arias. Poeta e traductora de Anxo Xoán Rajó Pazó e elaboraron este vídeo.

 



lunes, 10 de mayo de 2021

Coidado físico saudable persoal


O departamento de E.F, propuxo unha experiencia de coidado físico saudable persoal espallable ás familias, que xorde da necesidade de combater o cansazo e baixo rendemento que se orixina ao soportar unha mesma postura sedente durante moito tempo, a través do recoñecemento e práctica de exercicios de estiramentos na aula.  A práctica realizouse con 1º BAC no 3º trimestre .
Contido da práctica: realización de estiramentos xa aprendidos no ximnasio (na U.D de corrección da actitude postural do 1º trimestre) adaptados a postura sedente na aula. O alumnado xa tiña coñecementos previos do traballo a realizar e non tivemos ningún problema na posta en práctica do mesmo.

viernes, 7 de mayo de 2021

Relacións persoais

A importancia das relacións humanas reside na súa capacidade de proporcionar coidado e apoio para que as persoas poidan vivir de xeito autónomo, solidario e alegre. 
A xente relaciónase co noso contorno social creando redes de comunicación, por iso é importante saudar, falar, mirarse a cara, acompañar, respetar turnos de palabras, ser confidencial, que sexa unha acción voluntaria e non empregar motes. 
 

20210507mediacionI - Kizoa Movie Maker

domingo, 2 de mayo de 2021

Día do acoso escolar

 Este curso o alumnado de 1º A de ESO estivo traballando en titoría distintas maneiras de acoso que se poden dar nos coles e nos institutos: como e cando se poden producir, como poden afectar a persoa acosada....

Elaboraron este vídeos para concienciar deste grave problema e ter mecanismos para poder evitalo.

Acoso físico

 Acoso sexual