viernes, 30 de septiembre de 2022

Club de lectura



Primeira sesión do Club de lectura de Inglés coordinado por Adrián. Reuníronse na aula do alumnado e escolleron o libro co que van a comezar.

Happy reading!!

 


jueves, 29 de septiembre de 2022

Voluntariado na biblio


Xa comezaron a traballar os voluntarios e voluntarias da biblioteca.


Este ano temos un grupo de 17 alumnos e alumnas que realizará tarefas durante os recreos. Entre as tarefas das que se van encargar están o préstamo e colocación de libros, supervisión da aula do alumnado, difusión de actividades e elaboración de pancartas e carteis.

Moitas grazas por colaborar con nós!!!

miércoles, 28 de septiembre de 2022

Saída a Catoira

Onte estivemos de excursión en Catoira. O alumnado de 2 de Bacharelato que cursa a materia Xeografía e Historia de Galicia realizou unha visita guiada polo entorno do río Ulla que incluiu os lugares máis interesantes do concello. As Torres de Oeste, o centro de activación cultural CACTO, os muiños de Abalo e a lagoa de Pedras Miudas foron algúns dos enclaves visitados. Damos as grazas ao noso guía, Polo, que transmitiu a súa paixón pola historia e o patrimonio de Catoira e a Ana que explicou os tesouros agochados no CACTO. Un día para lembrar...



martes, 27 de septiembre de 2022

Proxecto Universo: Bellatrix



Comezamos a recibir fotos da decoración das aulas do centro. O alumnado de 2º de Bacharelato elexíu a estrela Bellatrix. Está chula, verdade? Se aínda non empezastes a decorar a vosa aula para o proxecto Universo pasade pola biblioteca durante a hora de titoría. Temos moito material para deixala espectacular e gañar o concurso. A que esperades?


lunes, 26 de septiembre de 2022

Arranca o club de lectura

Arranca el Club de Lectura, en algún curso xa elixíu libro e noutros casos está en proceso. Estas son algunhas das lecturas que están a realizar. Este ano volvemos a ter Club de lectura de Adultos, temos club de inglés, de manga e o de club por cursos.

jueves, 22 de septiembre de 2022

Formación Ciclo de Solca

Hoxe  tivo lugar a formación de alumnado de 1º do ciclo de Solca. Estiveron con Susana, a coordinadora da Biblioteca, que lle explicou o funcionamento, distribución e actividades que se organizan dende a biblioteca.

 

lunes, 19 de septiembre de 2022

Novidades

 


Comezamos a semana con novos títulos que esperemos sexan do agrado de moitos e moitas: cómic, igualdade de xénero, racismo, novela romántica, poesía, novela negra.... Convidámosvos a que lle botedes unha ollada ao corredor do hall.








viernes, 16 de septiembre de 2022

Formación 1º ESO

Hoxe tivo lugar na xornada de formación de usuarios do alumnado de 1º ESO. A coordinadora da Biblioteca foi a encargada de explicarlles como funcionaba o préstamos, que podía facer na aula do alumnado e faloulles dalgunhas das actividades promovidas pola biblioteca para este curso.

jueves, 15 de septiembre de 2022

Equipo de biblioteca

 

Este ano o Equipo de biblioteca mudou, por iso queremos  que vexades por quen está formado e nada mellor que mostrar unha foto. A nosa coordinadora Susana, Helena, Charo, Iria, Manuel e María. Durante este curso organizaremos charlas, obradoiros, excursións, debates, xincanas, xogos... e intentaremos tranmitirvos o nosos amor polos libros e lectua e os coñecementos!



martes, 13 de septiembre de 2022

Festa do voluntariado

O alumnado que participou o curso pasado no voluntariado, tivo un acto de entrega e unha festa para celebrar o traballo, o entusiasmo e o amor polos libros. Sobres grande e poderosas!! Moitas grazas pola o traballo desinteresado que facedes.








 

lunes, 12 de septiembre de 2022

O Universo

 

Arrancamos con moito material para poñer en marcha neste trimestre O Universo científico, onde cada titoría debe traballar unha estrela, asique convidámosvos a que pasedes pola biblio para coller material.


 



viernes, 9 de septiembre de 2022

Novidades

Xa podedes mirar as novidades que mercamos que están expostas xunto o taboleiro da biblio: porque canto máis leas, máis cousas saberás; canto máis cousas aprendas, a máis lugares viaxarás. Dr Seuss.




jueves, 8 de septiembre de 2022

Benvida a un novo curso

Comezamos un novo curso onde eleximos como tema O universo, un proxecto moi chulo onde Montse foi unha peza clave para o seu diseño e que este curso non estará no equipo e a que sen dúbida non imos esquecer.

Arrancamos cun montón de devolucións

e con moitas novidades que iremos expoñendo no hall do noso instituto