lunes, 31 de enero de 2022

Concurso Odisea


 

 Un curso máis o noso alumnado participa

na décimo sétima edición do concurso Odisea. As preguntas que se fan cínguense ao currículo  de Cultura Clásica, Latín e Grego.





 

Estes quen serán que ao concurso acoden?

A onde levades ese portátil co seu cargador,

eses portos USB, eses libros cheos de tarxetas separadoras?

Cantas escolas están revolucionadas

con alumnos investigadores esta sacra mañá?

Oh instituto, os teus corredores énchense de mozos

que acoden á pescuda, á sala de computadores

cargados con mochilas,

levando as súas libretas, os seus bolígrafos e a súa ilusión.

Que fermosa imaxe digna dun Fidias do século XXI

que inmortalizase nun friso os vosos xestos,

os vosos pasos decididos!

Cando a nosa xeración destrúa o tempo

permaneceríades, entre penas distintas

das nosas, inmortalizados en pedra dicindo:

"A beleza é verdade e a verdade beleza"... Nada máis

se sabe nesta terra e nada máis fai falta.

De todo isto non quedará unha obra en pedra,

pero sí, como a copa de Fidias achada en Olimpia,

un detalle emocionante lembrará o que traballamos.


 

 

 



Meco da Paz 1

 Primeira instrución do Meco da Paz.



viernes, 28 de enero de 2022

Meco da Paz

En breve vaise poñer en marcha en todo o Marco do Camballón o Meco da Paz, esperamos ansiosos e ansioas as encomendas que non vai mandar facer. Estade atender aos mensaxe que nos irán dicindo Dmitry Murátov e María Ressa, ambos periodista, concedéuselle o Premio nobel da paz no 2021, que loitan pola liberdade de expresión fronte as condicións adversas nas que viven non seus países de orixe.


jueves, 27 de enero de 2022

Visita de Álex Ferradás


Hoxe visitounos Álex Ferradás, creador de Working Wheels, asociación que busca a integración das perosas con diversidade a través do deporte.
Durante a charla Álex explicounos de primeira mán a súa experiencia a raíz da súa diversidade e como superou as adversidades para convertir en motivación o que moitas persoas perciben con discapacidade.

lunes, 24 de enero de 2022

Presentación do Centro Superior de Hostalería de Galicia


O venres 21 de xaneiro, o alumnado de 4º da ESO tivo unha presentación do Centro Superior de Hostelería de Galicia na que puideron coñecer de primeira man a oferta formativa do centro e o seu método de ensino, baseado na combinación de teoría e práctica e nunha aprendizaxe vivencial na que o alumnado aprende facendo e adquire destrezas de todos os postos posibles da organización.

O achegamento a experiencias reais de antigos alumnos/as, as saídas laborais das especialidades impartidas no centro e as posibilidades de empregabilidade foron outras das cuestións abordadas nas sesións.

As persoas interesadas poden coñecer máis sobre a escola na súa web (http://www.cshg.gal/index.php/es/), ou mesmo concertar unha visita.  


 



20220124 hostelaría - Kizoa Movie Maker

lunes, 17 de enero de 2022

Propostas de bo trato








 Estes días están traballando a reo  en propostas de bo trato que despois poñeremos en práctica senon o facemos xa. 

Recollida de alimentos

 Este mes temos unha proposta na que todos podemos participar aportando o que poidamos para mellorar a sociedade que nos rodea, é hora de implicarse!! 

Todo o que se recolla será entregado aos servizos sociais do noso concello.



lunes, 10 de enero de 2022

I Premios galegos de Regueifa



Alumnado do IES de Baio, do IES do Marco do Camballón e do Obradoiro de Regueifa da Semente. improvisaron no Pazo da Cultura onde se otorgou o I Premios galegos da Regueifa que lle concederon a Lupe Blanco.

 Aquí tedes un enlace para ver que ven o facían as participantes minutos antes de subir ao escenario.

Parabéns!!