Laura Lamontagne veu presentar o seu último disco ao festival de fin de curso. E dinamizou unha festa de regueifa con autotune na que participaron as alumnas e alumnos regueifeiros do Camballón.
lunes, 22 de junio de 2026
jueves, 9 de abril de 2026
O club de lectura en Varilongo
O alumnado do club de lectura, dende 1º de ESO a 2º Bacharelato, viviu onte unha experiencia moi especial cunha saída a Santa Comba, onde tiveron a oportunidade de achegarse a un dos escenarios literarios que marcaron as súas lecturas deste curso: as minas de Varilongo, espazo no que se desenvolve a novela A casa da mina, de María Carmen Caramés Gorgal.
Esta visita permitiu conectar a literatura coa realidade, transformando as páxinas do libro nunha vivencia directa e significativa. Durante a xornada, o noso alumnado estivo acompañado polo alumnado do IES Terra de Xallas, compartindo así unha experiencia enriquecedora de convivencia e aprendizaxe.
Un dos momentos máis valiosos da visita foi, sen dúbida, o encontro con dúas mulleres que coñecen de primeira man a historia da mina: dona María Mourelle e dona María López. Ambas lembraron como, sendo moi novas, participaron nos duros traballos mineiros, ofrecendo ao alumnado un testemuño vivo cheo de memoria, emoción e verdade.
Da súa man, percorremos un tramo das antigas minas de Varilongo, descubrindo non só o espazo físico, senón tamén as historias humanas que nel quedaron gravadas. As súas palabras axudaron a comprender mellor a dureza das condicións laborais, así como a importancia social e económica que a mina tivo na zona.
Tras esta intensa visita, o grupo desprazouse ata O Ézaro, onde compartiron o xantar nun ambiente distendido e de convivencia. Alí tamén houbo tempo para a creatividade e a tradición oral, cunha divertida sesión de regueifa guiada por Jéssica Nantón, que puxo o broche lúdico a unha xornada xa de por si inesquecible.
Cómpre salientar, ademais, o vínculo histórico que une Santa Comba e Vila de Cruces, xa que ambos territorios comparten a explotación das minas de wolframio nunha época especialmente dura, como foi a Guerra Civil e a posguerra. Este contexto engadiu aínda máis significado á visita, permitindo ao alumnado comprender mellor o pano de fondo histórico da obra lida.
E esta experiencia non remata aquí: convidámosvos a que o vindeiro 4 de maio nos acompañedes a percorrer Santiago de Fontao, un lugar cheo de historia e memoria. Un pobo pequeno na súa orixe, pero que chegou a acoller a milleiros de persoas que viñeron traballar nas minas e que garda, aínda hoxe,moitos recordos por descubrir e compartir.
Sen dúbida, unha experiencia completa que uniu literatura, historia, memoria e convivencia, e que o alumnado levará consigo moito máis alá das aulas.
viernes, 24 de octubre de 2025
martes, 13 de mayo de 2025
Aventura educativa en Rianxo!
Os alumnos do Camballón estiveron onte no colexio Brea Segade. Alí, José Luís Orjais Dopico impartiu unha pequena conferencia sobre cancioneiros e literatura oral, sobre a improvisadora Rosalía, e moito máis!
Alí tamén coñeceron a Luís Tembra, impulsor da compañía Quinteiro Doce, patrocinador da Xira Regueifa. Entregoulles uns paquetes de rosquillas e doces da marca máis popular do país. Que persoa marabillosa!
Despois dirixíronse ao IES Félix Muriel, onde foron recibidos polo Equipo de Dinamización Lingüística. Bailando no recreo. A loita entre Castelao e Franco foi épica!
martes, 26 de noviembre de 2024
Ravegueifa
Ravegueifa? Si! Experimentando con novos xéneros musicais: RaveGueifa.
O alumnado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces comezou a desenvolver un proxecto para improvisar cantando en verso baseado no rave, a electrónica. E é en colaboración con Sam Dharma.
Sam é un señor de Ferreirós, en Vila de Cruces. Trátase dun “Trasno Trad da Galicia” que fai música galega do patrimonio tradicional, de xeito sintético, con espírito agropunk, tecnohippytano e alma universal. Fai música para raves, música para sexo.
É un músico que regresou á aldea da súa familia. Así valora o seu regreso á súa casa familiar: "Sempre tiven moi claro onde quería gravar as miñas gaitas para Luama. A casa de Santiso leva centos de anos vibrando co son das harmónicas construídas polas mans dos meus antebrazos. Non será unha sala acústica controlada profesionalmente, pero a vibración nunca poderá igualar o que sinto aquí. A música é vibración e non pode ser mellor. Podes ir grabar a Abbey Road pero, sendo un neno de máis de catrocentos anos, eu son o privilexiado. Centos de Santos apertando os dedos e respirando o alento nas miñas costas, apoiándome. ".
Con Sam comeza outro camiño para modernizar a regueifa e a nosa lingua. Crear improvisación oral cantada con bases electrónicas para sexo rave e Luama Son System: RaveGueifa.
Seguiremos este experimento de preto!
domingo, 20 de octubre de 2024
Alumnado do Camballón, formadores de regueifa en Xinzo de Limia.
Cinco alumnos e alumnas do Camballón viaxaron a Xinzo de Limia para impartir dous obradoiros de regueifa e improvisación oral nos institutos Cidade de Antioquia e Lagoa de Antela.
O alumnado do Camballón impulsa un proxecto que deron en chamar "RegueiNovxs" para dinamizar a regueifa entre a xente nova e vincular a lingua galega coa tradición e a modernidade.
Nos obradoiros explicouse a orixe da regueifa ou a importancia da poesía oral no entroido do Ulla. Así realizaron unha mostra dun atranque improvisado ao xeito dos xenerais de Merza.
Despois de explicar a técnica da improvisación en verso, fixeron varios xogos de improvisación e animaron a improvisar ao alumnado de Xinzo que deu os seus primeiros pasos regueifando.
miércoles, 13 de marzo de 2024
Regueipremios 2024
As alumnas de Regueifa Nela, África, Marta, Manuela e Tiziana foron premiadas á mellor regueifa cantada no Enreguéifate. É un gusto velas cantar e improvisando.
Parabéns as cinco!!
jueves, 1 de febrero de 2024
Ao son da oralidade
lunes, 15 de enero de 2024
Premios Galegos de Regueifa 24
Na terceira edición dos Premios Galegos de Regueifa 24 que tiveron lugar en Carvallo o día 13 de xaneiro de 2024: Dani, Manuel, Miguel, Marta, Tizi, Helena, regueifeirxs dende Camballon, acadaron un premio. Parabéns rapazas e rapaces!!
jueves, 21 de diciembre de 2023
Festival de Nadal
Rematamos este trimestre cun festival no Auditorio Xosé Casal. Estivo con nós o contador de contos Candido Pazó, que foi o encargado de abrir o espectáculo cunha das súas historia. A continuación o alumndo de Regueifa fixeron unha demostración e rematamos a xornada coa magnífica actuación do grupo Musical Os Kokakolas (alumnas e alumnos do noso centro). Neste vídeos podedes ver imaxe e escoitar unha das pezas que os Kokakolas tocaron.
sábado, 25 de noviembre de 2023
O Camballón vence en Valadares
martes, 31 de octubre de 2023
Obradoiro de regueifa
viernes, 17 de febrero de 2023
Entroido no Camballón
A vida é un Carnaval ...... e para mostra este vídeo do que o alumnado fixo neste venres. Non faltou o desfile de disfraces, atranques de Xenerais do Ulla e as regueifas. Agradecer a Asociación Cultural Vello dos Cornos de Merza por todo o traballo, materiais e complementos que sempre están a disposición do IES Marco do Camballón.
Viva o entroido!!!
martes, 31 de enero de 2023
Visita ao cole de Piloño
O alumnado de Regueifa de 3° de ESO do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces visitou o Colexio Cerdeiriñas de Piloño. Fixeron atranques das Xeneralas do Ulla e ensinaron principios básicos e xogos de regueifa. Que ben!
viernes, 18 de noviembre de 2022
Encontro Escolar Provincial de Valadares
O Camballón, de aventura no Encontro Escolar Provincial de Valadares.
lunes, 24 de octubre de 2022
Gravación no Camballón
O director de documentais mexicano Miguel Angel Martínez estivo gravando o alumnado de Regueifa no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
Atranques do Ulla, regueifa, xogos de rimas e gravación con dron. O material formará parte dun documental sobre improvisación oral que Martínez está a gravar en diferentes territorios como México ou Cuba... e que dará a volta ao mundo!
domingo, 10 de abril de 2022
Presenza do IES Marco do Camballón no encontro "Regueibertso"
Corenta alumnas e alumnos dos institutos do Milladoiro e do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces están participando no encontro "Regueibertso" en Igorre, Biscaia, de improvisación oral en verso.
Regueifeiros de Galiza, glosadors Cataláns e bertsolaris vascos adolescentes reúnense neste encontro de dúas xornadas educativas.
A Regueifesta é un proxecto de innovación educativa que dende 2015 impulsa a regueifa como ferramenta para a normalización lingüística, a educación musical, a educación en valores como o feminismo e a autoxestión ou a transformación social.
lunes, 10 de enero de 2022
I Premios galegos de Regueifa
Aquí tedes un enlace para ver que ven o facían as participantes minutos antes de subir ao escenario.
Parabéns!!
miércoles, 10 de noviembre de 2021
Obradoiro de Regueifa con Lupe Blanco
A Asociación Oral da Regueifa organizou 50 obradoiros de Regueifa na provincia de Pontevedra. En Vila de Cruces tivemos sorte de contar con Lupe Blanco e tamén regueifou co Club de Regueifa no recreo. Grazas Lupe!
miércoles, 19 de mayo de 2021
Obradoiro "Regueirave"




































