viernes, 29 de abril de 2011

TOKIO BLUES

Unha historia de amor triangular que se converte no relato dunha educación sentimental pero tamén das pérdidas que implica toda maduración. Toru Watanabe, un executivo de 37 anos, escoita casualmente mentras aterriza nun aeroporto europeo unha vella canción dos Beatles, e a música faino retroceder a súa xuventude, ao turbulento Tokio de finais dos sesenta. Toru recorda, cunha mezcla de melancolía e desasosego, á inestable e misteriosa Naoko, noiva do seu mellor -e único- amigo da adolescencia, Kizuki. O suicidio deste distanciaos durante un ano ata que se reencuentran na universidade. Inician alí unha relación íntima; a fráxil saúde mental de Naoko resíntese e internana nun centro de repouso. Ao pouco, Toru enamórase de Midori, unha xove activa e resolta. Indeciso, sumido en dúbidas e temores, experimenta o deslumbramento e o desengano alá onde todo parece cobrar sentido: sexo, amor e muerte. A situación vólvese insostible.

jueves, 28 de abril de 2011

Cantando a Lois Pereiro


Como xa sabedes, este ano está dedicado á figura de Lois Pereiro. Desta volta deixámosvos o texto dun poema que Leticia, Bran e Javier converteron nesta estupenda canción.





Os erros cometidos na vida a contrafío
leváronme a perder unha vez máis
definitivamente e sen pesar
todo o que tiña dado por perdido.
Metástase invasiva ou obsesión
daquel amor tal vez mal entendido
non foi a covardía ou o egoísmo
o móbil que alentou a miña idea
de convocar en min este desastre
que derruíu comigo o mal causado.
E intento demorar o erro definitivo
nun lento naufraxio
xa vivido
porque esta fatigada ruína namorada
prepárase a sufrir outros distintos
asumindo a caída xa pactada precipitándose neses inofensivos erros desexados
obviando o remuíño que me leva
nas espirais da nada.

Lois Pereiro: Poesía última de amor e enfermidade

VENGANZA EN SEVILLA

Sevilla 1607. Catalina Solís levará a cabo a súa gran vinganza nunha das cidades máis ricas e importantes do mundo, a Sevilla do século XVII. Catalina cumprirá así o xuramento feito ao seu pai adoptivo de facer xustiza aos seus asasinos, os Curvo, donos dunha fortuna sen igual amasada coa prata roubada nas Américas. A súa dobre identidade-como Catalina e como Martín Ollo de Prata-e un enorme enxeño fanlle deseñar unha vinganza múltiple con distintas estratexias que combinan o engano, a sedución, a forza, a sorpresa, o duelo, o medicamento e o xogo, sobre un profundo coñecemento dos costumes daquela sociedade. Na súa arriscada aventura infestada de perigos e emocións, a Catalina acompáñana algúns amigos de Terra firme e os seus novos cómplices, uns pícaros sobreviventes, dispostos a dar a súa vida unha e outra vez por personaxe tan lendario e de vida tan extraordinaria.

miércoles, 27 de abril de 2011

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Abril é o mes dos libros,
o 23 commenórase a morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega


martes, 26 de abril de 2011

MI CASA ES TU CASA


Míchel convidou a Sandra e ao seu pai a Togo, o seu país. A ela, ao principio, moléstanlle a calor e a humidade. Ademais non entende o ewe e algúns costumes resúltanlle chocantes. Con todo, a hospitalidade dos africanos, a súa alegría, o colorido dos traxes e a riqueza das culturas que coñece van atrapando a Sandra, que se despide co propósito de volver.
Sandra realiza viaxes interesantísimos durante as súas vacacións, en compañía do seu pai que é xornalista. Viaxes que lle permiten coñecer de preto outros países, xa que ten a oportunidade de compartir o día a día con amigos do lugar. E non se parece nada a Alemania!

viernes, 15 de abril de 2011

VISITA DO ALUMNADO FRANCÉS

Hoxe despedimos aos 12 compañeiros e compañeiras que viñeron de intercambio ao noso centro procedentes de Limoges (Francia), ensinámoslle: Santiago (Catedral e Museo do Pobo Galego), Pontevedra (Igrexa da Peregrina), Combarro, As Rías Baixas, Illa da Toxa, Balneario de Cuntis e houbo unha recepción no Concello. O alumnado francés que viñeron foron: Olivier, Lysandre, Solene, Matteo, Morgan, Romane, Lola, Clément,Cem, Emma, Manon e Balakissa que conviviron coas familias de: Cristian, Marcos, Silvia, Natalia, Ana, Alberto, Cristian, Álex, Carla, Iris, María e Dani.
À bientôt

LA JAULA DE ORO

Esta novela narra a historia dunha familia dividida pola Revolución e unida nun destino tráxico, o do seu país, Irán. Pero é tamén a historia dunha amizade entre nenas que sobreviven aos impetuosos anos da infancia e á inquietude da adolescencia a través dunhas cartas que viaxan coa regularidade dun diario íntimo, cheo de confidencias, receitas e memorias.É a historia de como dúas mulleres, en nome desa antiga amizade, loitan pola vida e a memoria dun Irán fermoso, atormentado e cruel.

jueves, 14 de abril de 2011

SUNSET PARK

Conta a historia de Miles Heller, un xoven de 28 anos, que con vinte rompeu todos os vínculos que o unían ao mundo que coñecera ata entón. Abandonou a universidade, deixou unha breve nota de despedida para os seus pais e marchou de Nova York e ninguén sabe nada del.
Estivo en sitios casi marxinais e oficios pouco cualificados, movéndose sempre nun sombrío espazo. Agora vive en Florida e ten un emprego nunha empresa de servizos para as entidades bancarias da localidade.
Miles non ten ambicións, vive co mínimo e relaciónase con moi poucas persoas, sen desexos ata que coñece a Pilar, menor de idade, coa que comeza unha relación.

miércoles, 13 de abril de 2011

DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER

En 1982, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir dedicarse a escribir, Haruki Murakami tamén comezou a correr. Ao ano seguinte Murakami percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila da Maratón. Despois de participar en ducias de carreiras de longa distancia e en triatlóns, o novelista reflexiona neste libro sobre o que significa para el correr e como influíu na súa maneira de escribir. Os adestramentos diarios, a súa paixón pola música, a conciencia do paso do tempo, os lugares aos que viaxa, acompáñano nun relato no que escribir e correr se converten nun xeito de vida.

martes, 12 de abril de 2011

LA CHICA DEL TAMBOR


Tras a masacre de Munich recréase a época máis activa do terrorismo palestino. Khalil, un misterioso e audaz terrorista, manten en xaque aos servizos secretos israelíes. O Mossad, poñendo en práctica un plan tan maquiavélico como intelixente, capta os servizos involuntarios de Charlie, unha actriz inglesa de pouca monta e vida bohemia. Charlie é sometida a un durísimo entrenamento psicolóxico para que consiga, sen sabelo, o que ninguen conseguiu: atrapar a Khalil

lunes, 11 de abril de 2011

LA CRUZ DE CENIZA

Na primavera de 1536, dous náufragos chegan á costa galega: Baltasar Sachs, fraile seguidor da herejía anabaptista, e Jean, un mozo que é fillo secreto do rei Francisco I de Francia, ao que buscan os axentes das principais cortes europeas. Dous fuxitivos que buscan o seu destino nunha Europa arrasada polas guerras de relixión.

viernes, 8 de abril de 2011

CARLOS NEGRO


Hoxe está no centro Carlos Negro, nado en Lalín en outubro de 1970, no mesmo ano que Paul MacCartney anuncia a separación dos Beatles, que Yukio Mishima se suicida e tamen o mesmo ano que naceu Claudia Schiffer.

Publicou varios libros entre eles: Makinaria (libro co que estivemos traballando no centro), Cultivos tranxénicos, As laranxas de Alí Babá, Far West entre outras.
(Presentación de alumnas de 4º de Diversificación)


jueves, 7 de abril de 2011

LA FÓRMULA PREFERIDA DEL PROFESOR


Conta a historia dunha nai solteira que entra a traballar como asistenta na casa dun vello e huraño profesor de matemáticas que perdeu nun accidente de coche a memoria ( só dura 80 minutos). Apasionado polos números, o profesor encaríñanse coa asistenta e o seu fillo de 10 anos, ao que bautiza «Root» («Raíz Cuadrada» en inglés) e con quen comparte a pasión polo béisbol, ata que se fragua entre eles unha verdadeira historia de amor, amizade e transmisión do saber, non só matemático…

miércoles, 6 de abril de 2011

EL TREN DE VENECIA

Acabadas as vacacions veranso verán, Justin Calmar despídese da súa muller e fillos, que van prolongar uns días a estancia en Venecia. Nada máis subirse ao tren, Calmar, un home sencillo, traba relación cun misterioso individuo que non tardará en encomendarlle un encargo aparentemente moi simple: tras entregarlle a chave dunha taquilla de certa estación de tren ¿Cómo ía imaxinar Calmar que o descoñecido desaparecera sen deixar máis rastro que a chave?. Xa nada será igual que antes.

martes, 5 de abril de 2011

UN PADRE DE PELÍCULA

En Contulmo, unha aldea do sur de Chile, o pai de Jacques marcha ao seu París natal. Profesor na escola do pobo, entabla unha relación especial cun alumno, Augusto Gutiérrez, de 15 anos, quen polo cumpreanos pídelle que lle acompañe á cidade veciña, Angol, para perder a virxinidade. Jacques visitará antes o prostíbulo e, así, el mesmo coñoce o sexo por primeira vez. Atopa de forma casual con seu pai, que lle relatará que quixo cortar coa súa anterior vida tras ter un fillo coa irmá de Augusto, de só 19 anos. A moza,deixaos e regresa a Contulmo. Así, o pai deberá arranxarse para sobrevivir. La nai de Jacques, segue sumida nunha depresión e non entende a marcha do seu home. Jacques, que desexa darlle unha nai ao bebe do pai propia un reencontro.

lunes, 4 de abril de 2011

NARRACIONES DE MAESTROS


Coordinado por Isabel Cantón Mayo, Catedrática da Universidade de León, rinde homenaxe a esta profesión mostrando o pasado e abrindo portas ao futuro.Os autores son vintetres escritores de distintas tendencias e xeneracións diferentes.