viernes, 26 de marzo de 2021

Enfermidade mental

Ao longo do mes de marzo o alumnado de distintos cursos e etapas (3º ESO, 4º ESO, 1º e 2º de FP Básica e 2º CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia), tiveron a oportunidade de conversar coa psicóloga da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais - MOREA, de Lalín. Foron unhas sesións moi amenas nas que se achegou ao alumnado información sobre a enfermidade mental e os factores de risco e de protección ante a mesma, coa finalidade de dar a coñecer unha realidade moi común pero que sen embargo está moi estigmatizada socialmente. 

Deste xeito, transmitiuselle ao alumnado unha información fiable e verídica, promovendo a normalización da enfermidade mental e a concienciación sobre a importancia do coñecemento, comprensión, respecto e inclusión das persoas con enfermidade mental nos distintos ámbitos da vida.              A enfermidade mental pode, en definitiva, afectar a calquera ao longo da súa vida, en distintos graos e intensidades. É unha realidade que afecta á persoa que a padece pero tamén ao seu entorno, especialmente ao máis próximo (familia, amizades...), sendo fundamental saber identificala e aceptala, para poder atallala."

jueves, 25 de marzo de 2021

domingo, 21 de marzo de 2021

Concurso de fotografía: Paisaxes de Rosalía e día da poesía

Hoxe celebramos o día da poesía mostrando as imaxes gañadoras do concurso de paisaxes de Rosalía. Grazas a todos e todas por participar e compartir con nós eses fragmentos  que seleccionastes do poemario de Rosalía de Castro.

Día Mundial da poesía

Neste día que se conmemora unha forma de expresión e identidade linguística da humanidade, a poesía practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos continentes. 

O alumnado de Investigación e Tratamento da Información (INEIN)de 1º ESO quixo visibilizar a unha das poetisas do concello de Vila de Cruces, Cristina Gende ou Cristina de Merza. Ilustraron e interpretaron algúns dos seus poemas recollidos na súa obra Cunca.

miércoles, 10 de marzo de 2021

II Encontro feminino

Co encontro, o IES Marco do Camballón quere amosar o seu compromiso coas causas de visibilización e a igualdade da muller. Nesta liña, tamén puxemos en marcha unha nova iniciativa, o
Premio Juana López Elizagaray pola igualdade, outorgado nesta convocatoria a Carolina Cabaleiro López, exalumna do ciclo de FP de soldadura e caldereiría.

Os contidos de todas as intervencións están elaborados por alumnado dos distintos niveis do centro. O programa é o seguinte:

Situación da muller na Grecia clásica. Alumnado de 4º ESO.

De Clodia a Claudia. Da Roma clásica ao s. XXI. Alumnado de 4º ESO.Co encontro, o IES Marco do Camballón quere amosar o seu compromiso coas causas de visibilización e a igualdade da muller. Nesta liña, tamén puxemos en marcha unha nova iniciativa, o Premio Juana López Elizagaray pola igualdade, outorgado nesta convocatoria a Carolina Cabaleiro López, exalumna do ciclo de FP de soldadura e caldereiría.

Os contidos de todas as intervencións están elaborados por alumnado dos distintos niveis do centro. O programa é o seguinte:

Situación da muller na Grecia clásica. Alumnado de 4º ESO.

De Clodia a Claudia. Da Roma clásica ao s. XXI. Alumnado de 4º ESO.

As idades da muller. Conto tibetano. Alumnado de 4º ESO.

O autocoidado. Alumnado do ciclo medio de FP de APSD.

As nosas avoas costureiras. Alumnado de 1º ESO.

Improvisación freestyle. Alumnado de 2º ESO.

Miradas feministas desde un campamento de refuxiados saharaui . Alumnado de 2º BAC.

Coloquio. Estará moderado por alumnas de 1º e 2º BAC, con intervencións de: Nerea Pampín, campioa de España de loita olímpica; Lucía González, aloitadora na Rapa das Bestas; Belén Puñal, xornalista e profesora; e Rosa Aneiros, escritora.

Entrega do I Premio Juana López Elizagaray pola igualdade.

Intervención musical . Leticia Rey, cantante, exalumna do centro.

O evento, que terá lugar o día 10 de marzo, será retransmitido en streaming para as nosas familias e público en xeral a partir das 10.40 h.

lunes, 8 de marzo de 2021

A muller

 O noso alumnado estivo traballado sobre un conto tibetano sobre a muller e isto foi o que fixeron....

Pero tamén analizaron a muller en Grecia. 

Día da Muller

 Nun día tan especial coma o 8 de marzo, o alumnado de 1º de ESO A, quixo visibilizar as escritoras da nosa contorna. Para iso empregaron algunhas sesións de titoría e fixeron unha investigación sobre mulleres escritoras de Vila de Cruces pero ampliar e seguir investigando ampliando á contorna do noso concello. Aquí podedes ver o seu traballo.

Parabéns por esta iniciativa!