Neste primeiro trimestre, o alumnado da materia Introdución á
astronomía (1º BAC) traballou no deseño e construción dun planetario
portátil. Os materiais empregados foron de uso corrente: tubos de pvc e
unha lona de plástico. Con iso armouse unha cúpula con espazo para uns
20 visitantes.
No interior da cúpula preparouse unha
superficie de proxección con folios tamaño A3, na que se puideron
visualizar as principais constelacións do hemisferio norte. Un dos
principais atractivos do planetario foi o feito de conseguir que unha
imaxe proxectada do ceo en 3 dimensións.
A proxección
das constelacións, que simulaba o movemento real das estrelas ao longo
dunha noite, ía acompañada dun audio preparado polo alumnado no que se
explicaban as características científicas e aspectos mitolóxicos
asociados a cada unha delas.
Na última semana de clases antes do Nadal organizáronse varias visitas a alumnado da ESO e BAC.