martes, 30 de enero de 2018

Semana da Paz

Durante toda esta semana, estivemos traballando
a paz nas titorías, este foron algúns dos
traballos que se fixeron. Tamen  temos unha escolla de lectura recomendadas propias para estas datas.


II Encontro de Entroido

Xa comezou o Entroido e con el  a maxia dos disfraces, as comparsa e os Altos dos Xenerais. No noso IES por segundo ano consecutivo participa no Encontro de Entroido intercentros que terá lugar no Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces. Neste encontro estarán representados os coles da contorna:  CEIP Ramón de Valenzuela (Bandeira), CEIP Nosa Señora da Piedade (Cruces), CEIP Cerdeiriñas (Piloño) e CEIP de Merza (Merza). Escenificaremos ao Altos do Xenerais e discurso dos mouros pero tamén Regueifaremos. Esperámovos o vindeiro 1 de Febreiro ás 11.
Oigan señores digan todos a unha voz
vivan os Xenerais do Ulla.
Vivan!!

miércoles, 17 de enero de 2018

A mitoloxía


Os mitos forman parte da tradición cultural das diferentes civilizacións. A mitoloxía fálanos dos desexos e temores dos seres humanos, da necesidade que temos de darlle sentido ao mundo que nos rodea. Achegarnos a eles proporciónanos un mellor coñecemento de nós mesmos. Así o reflexaron o alumnado de 1º Bacharelato
  
  
      


















viernes, 12 de enero de 2018

Formación de Xadrez

Hoxe tivo lugar a primeira  sesión de formación de xadrez para o alumnado de 1º ESO que correo a cargo do profesor Manuel Lugo. Nesta sesión estiveron vendo cales eran os momentos e posibilidades de cada unha das figuras e remataron xogando unha partida entre eles.