martes, 31 de enero de 2023

Visita ao cole de Piloño



O alumnado de Regueifa de 3° de ESO do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces visitou o Colexio Cerdeiriñas de Piloño. Fixeron atranques das Xeneralas do Ulla e ensinaron principios básicos e xogos de regueifa. Que ben!

Fallo dos premios Nobel da Paz




Tras a votación que se fixo en cada unha das aulas e reunido o xurado dos Premios Nobel da Paz IES Marco do Camballón, acordaron que os premiados sexas os que figuran nesta imaxe. Parabéns aos gañadores e gañadoras!! A vosa labor é moi importante, seguide expandindo cordialidade no centro!

Lucía S, Anxo, Shaila e Helena, África, Ainara, Nerea, Thais e Irene

lunes, 30 de enero de 2023

Le Chandeleur

 Hoxe, na asignatura de francés, celebramos "Le Chandeleur", unha festa francesa que conmemoran o día 2 de febreiro. O alumnado de 4° ESO baixou á cociña do ciclo de dependencia para elaborar o alimento máis representativo desta festa.

Invitámosvos a facer a receita destas crepes na vosa casa. Podedes pasar pola biblio para saber os ingredientes. È moi fácil!





Nobel da Paz

Para conmemorar o Día da Paz, o Departamento de orientación desenvolveu unha actividade centrada nos Premios Nobel. Despois de investigar sobre as figuras galardonadas con estes premios ao longo da historia, cada titoría elexiu aos compañeiros e compañeiras máis conciliadores, empáticos e diplomáticos da súa clase. En breve serán fallados estes premios.





Photocall da Paz: Non insultar, si valorar


O alumnado de Relixión, leva varias sesións traballando na importancia de valorarnos a nós mesmos e  aos compañeiros e compañeiras cos que cada día compartimos moitas horas. Isto permítenos sentir que temos alguén ao lado e que non hai problema que non poidamos resolver xuntos, o que non levan a un benestar común. Non somos autosuficientes, temos que prestar atención aos compañeiros, sabelos escoitar, ter en conta a súa opinión e cambiar o insulto pola valoración da persoa. A partir desta semana os membros da comunidade educativa pode empregar este photocall para contribuír a un bo clima de traballo. 




 

viernes, 27 de enero de 2023

Obradoiro de Radio

Hoxe tivemos un obradoiro de Radio con Damián Alonso de Escolas nas ondas, para formar ao alumnado de 1º ESO e 1º FPBásica. Estivo explicando como traballar co Audacity, programa empregado para gravar Podcast. Explicou como facer unha escaleta e como preparar a voz e despois puxeron en práctica todo o aprendido nestas sesións.




jueves, 26 de enero de 2023

A árbore dos desexos


Para conmemorar o Día da Paz instalamos na entrada do centro esta árbore tan chula na que podedes colgar o voso desexo. Como vedes xa temos algúns: que sexamos máis solidarios, felicidade, saúde, amor.... se queredes participar pasade pola biblio durante un recreo. Entre todos e todas interaremos encher as ramas de bos desexos....








martes, 24 de enero de 2023

San Valentín


O alumnado de 4º de ESO iniciou hoxe unha actividade coa finalidade de recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso.


Durante os recreos, ata o 6 de febreiro, terán instalado un posto diante de conserxería. Para celebrar a festividade de San Valentín podedes achegarvos e enviar unha carta, unha flor... a calquera persoa da nosa comunidade educativa.
A intención ė demostrar a noso cariño a aquelas persoas que apreciamos enviándolles un destes agasallos.







lunes, 23 de enero de 2023

A árbore dos desexos

Para conmemorar o Día da Paz instalamos na entrada do centro esta árbore tan chula na que podedes colgar o voso desexo. Como vedes xa temos algúns: que sexamos máis solidarios, felicidade, saúde, amor.... se queredes participar pasade pola biblio durante un recreo. Entre todxs interaremos encher as ramas de bos desexos....

sábado, 21 de enero de 2023

Viaxe a Portugal


Viaxar a Portugal sempre é especial. O noso alumnado deu con persoas moi amables polas rúas, na Pousada de Juventude e nos locais visitados. Tiveron a sorte de aprender cousas sobre a ecoloxía e reciclaxe no Museo da Ciencia de Guimaraes ou de coñecer por dentro o campo de fútbol da Pedreira, un tesouro da arquitectura contemporánea. Tamén degustaron a famosa francesiña, un prato típico moi delicioso!





viernes, 20 de enero de 2023

Obradoiro de costura

Os venres seguimos co obradoiro de costura, dentro dos Recreos Culturais! A nosa profe ten moito traballo con nós, algúns non sabíamos nin coser un botón.... pero melloramos e ate nos imos atrever a facer os disfraces para o entroido!! Se queredes participar nesta actividade tan chula vide os venres á aula do alumnado!



Recordade que este curso a temática do entroido é o UNIVERSO, xa vos informaremos do que temos previsto para celebrar esta festa!

jueves, 19 de enero de 2023

Visita de Iria Moire

Hoxe recibimos a visita de Iria, antiga alumna do centro, que tivo unha charla co alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato, para contarlles a súa experiencia e intercambiar opinións. Iria, que realiza o grao de Dereito, rematou estudos no noso centro hai dous cursos. Agora, volveu ao

instituto pero para charlar co alumnado sobre a súa experiencia unha vez rematados os estudos secundarios. Faloulles sobre a importancia de ser constantes no estudo e do hábito de traballo na ensinanza superior, os cambios e diferencias entre os estudos secundarios e universitarios, como é a vida académica na universidade, a relevancia de cultivar a vida social e tecer redes que sirvan de apoio nos estudos superiores, os programas para estudar no estranxeiro, a vida lonxe da casa....preguntando o alumnado as súas dúbidas e inquedanzas, que foron resoltas pola antiga alumna.
Sobre todo, a compañeira incidiu en como un vai medrando e se ten que facer independente, asumindo as súas propias responsabilidades. Pero tamén insistiu na importancia de loitar por aquelo que un quere, animando ao alumnado fronte ás adversidades que vaian atopando a medida que van madurando. Sen dúbida foi unha visita que gustou moito ao alumnado, ao ter referencias de primeira man dunha igual que hai pouco pasou polo mesmo que eles/as están a vivir agora.
 
Grazas pola visita Iria! Desexámoche moita sorte!

miércoles, 18 de enero de 2023

Regueifeiros e Regueifeiras do Camballón

Saberíades quen é quen? Animádevos a facer un comentario para poñerlle nome? 
Un deles está repetido, sabedes quen é?




 

lunes, 16 de enero de 2023

Club de lectura de 4 de ESO.

Este curso empezamos o club lendo Persépolis, un cómic que sobre a vida dunha xove iraniana. Baseándonos no argumento elaboramos caixas literarias como a que vedes nas imaxes. Eleximos un obxecto para cada capítulo do libro que fora representativo do que estaba ocorrendo. Tamén elaboramos imaxes a modo de pictogramas para poder seguir a historia de forma máis sinxela. O resultado estará
exposto nos corredores do centro durante esta semana. Que vos parece? Lestes o libro? Se vos interesa a histoira podedes levar un exemplar en préstamo!!

Prevención do Acoso escolar


Iniciamos esta semana dando comezo ás charlas do Plan director da convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, impartidas pola Garda Civil.
Para comezar, visitounos un axente da zona que estivo a falar co alumnado de 1º da ESO e de 1º e 2º de Formación Profesional Básica sobre o acoso escolar (bullying). Ademais de centrarse no concepto e consecuencias, o axente puxo o foco no rol que xoga cada un dos actores participantes e o papel clave dos espectadores para frear os abusos. Asemade, resaltouse na sesión a responsabilidade legal dos menores nos seus actos, ben sexan por comisión de acoso escolar ou outros delitos.
Pronto nos volverán visitar para seguir falando deste tema en 2º ESO.


viernes, 13 de enero de 2023

Experimento Químico: Fenolftaleína


 
O alumnado de Química de 2ºBacharelato levou a cabo unha valoración ácido-base empregando fenolftaleína.
 
 
 
Sabedes o que é un fenolftaleína
 É un indicador de pH moi coñecido que se emprega sobre todo para as titulacións ácido-base en química analítica, aínda que tamén se pode utilizar para medir o pH dunha disolución, pero de forma cualitativa. A fenolftaleína cambia a súa estrutura molecular e cor cando o pH ~9.
 

Agora queda cruzar os dediños e atopala práctica na ABAU deste ano…
 
Saíu moi ben!

Que é?


 E mirade que apareceu hoxe nos corredores de instituto?

Que pode ser?

E cal será a utilidade?

Que se estará argallando?

jueves, 12 de enero de 2023

Obradoiro de costura

Hoxe iniciamos o obradoiro de costura con Maruja da Cunca, integrante do noso club de lectura de adultos. Aprendimos a hilvanar unha tea e vimos algúns dos marabillosos traballos de Maruja. O próximo venres continuaremos. Se queres aprender a facer a túa roupa, se tes un evento e queres levar un modelo exclusivo ou simplemente por diversión, ven coser con nós. Seguro que dentro de pouco facemos marabillas...


 

Moitas grazas por colaborar con nós, Maruja, imos aprender moito contigo!!

miércoles, 11 de enero de 2023

Taller de papiroflexia

 

 Empezamos o ano facendo un calendario no obradoiro de papiroflexia.

Como sempre é moi importante dobrar o papel por onde nos din e ter en conta as cores para que os meses estean ordenados.

 O próximo mércores continuamos... 

Animádevos a vir á aula do alumnado durante o recreo!!!

Día do Usurario das Bibliotecas en Galicia

 

Hoxe, Día del Usuario de las Bibliotecas en Galicia, na Biblio agasallamos aos nosos usuarios e usuarias cuns bombóns.

 Esta é unha oportunidade para promover e fomentar o uso dos recursos e servizos que ofrece a biblioteca á comunidade educativa.

Estade atentos que imos ter novidades!!

 

 

lunes, 2 de enero de 2023

Laura Rubio nova Doutora de LIDSA

Hoxe debemos felicitar a nosa exalumna Laura Rubio que dende hoxe é Doutora de LIDSA. Laura centrou a súa tese no desenvolvemento e aplicación de metodoloxías analíticas integrais para novos retos no control da seguridade de cosméticos, incluíndo produtos con características consideradas extremas ou fronteirizas.

Parabéns Laura!!