miércoles, 22 de diciembre de 2021

Una xesta comunicativa

 

O alumnado do IES Marco do Camballón matriculado en Iniciación ao Debate amosou o seu compromiso coas tarefas de documentación, investigación e selección de información que esixía a participación no torneo de debate Parlamento Xove. Pero, sobre todo, aprendeu a argumentar, persuadir e convencer, combinando traballo e paixón ata acadar unha vitoria moi pelexada.

Así queda reflexado na revista Eduga.

Parabéns.

lunes, 20 de diciembre de 2021

Día da Capacidade

No centro celebramos a Discapacidade con xogos inclusivos porque todos e todas son CAPACES.



domingo, 19 de diciembre de 2021

Recomendacións de Nadal

 Estamos xa a piches de comezar un período de vacacións e como cada ano dende a biblioteca queremos compartir con vós unha recomendacións que esperemos sexan do voso agrado. 


sábado, 18 de diciembre de 2021

IX Concurso de relato breve da Fundación UNIR



A Fundación UNIR, creada en Zaragoza en 2002, con fins sociais (orientada inicialmente a prexubilados, xubilados e persoas da terceira idade) e sen ánimo de lucro vén de resolver o IX PREMIO INTERGENERACIONAL DE ENSAYO Y RELATO BREVES a nivel estatal, no que resultou finalista a alumna de 1ª ESO B Tiziana Noely Martínez Vallenilla, coa súa obra “Tras la puerta de mi armario”. Parabéns, Tiziana!!!





 

viernes, 17 de diciembre de 2021

Visita ao Mupega e a Cidade da Cultura


 O alumnado de 1º de ESO e 1º Tapsd fixeron unha saída a Santiago para coñecer o Mupega, onde coñeceron a historia do ensino en Galicia dende o século XIX.

 Na cidade da Cultura  tiveron a posibilidade de percorrer varias exposicións:

- Galicia futura onde de parte de idea de facer un percorrido por ideas innovadoras que xa están marcando tendencia. Mostra o que  se está facendo dende distintas áreas do coñecemento.

- Castillo, escultor onde coñeceron a obra do pontevedrés Jorge Castillo recollendo toda a súa traxectoria tanto en escultura, pintura e debuxo que conta cun  total de 120 obras.


20121217 mupega - Kizoa Movie Maker

20211217 Mupegagaiás - Kizoa Movie Maker

lunes, 13 de diciembre de 2021

Peneirando o monte

 Hoxe fixemos unha saída  ao Bosque do Camballón acompañados de 4 exalumnos/as do IES (Xoán Devesa, Alejandro González, Ánxela Louzao e Irene Portas)  que forman  parte da Asociación Peneirandoo monte. Esta asociación pretende concienciar á comunidade educativa do Camballón e aos demais cidadáns de Vila de Cruces da importancia  de conservar os bosques autóctonos que tanto caracterizaban o noso concello e que estamos a perder de xeito alarmante no últimos tempos. 

A idea é crear un bosque nunha parcela de monte de Camballón reforestándoa con especies de árbores autóctonos (carballos, sobreiras, castiñeiros) e realizar actividades de educación ambiental ara trasmitir a importancia da conservación do noso medio natural. 



20211213 peneirando o monte - Kizoa Movie Maker


viernes, 3 de diciembre de 2021

Día da Capacidade

Tras pasar por un circuito no que as alumnas e alumnos do IES  Marco do Camballón tiñan que superar diferentes probas no Día das persoas con diversidade funcional, invitouselles a reflexionar sobre as diferentes capacidades e estatexias utilizadas para conseguir un mesmo obxectivo, facendo especial incidencia na "capacidade da sociedade" á hora de facilitar as ferramentas necesarias para que todos e todas poidamos desenvolver as mesmas actividades na vida e coas mesmas oportunidades.
Parabéns as alumnas de APSD, a Ana e a Charo polo excelente traballo!!!
20211203 Día da Capacidade - Kizoa Movie Maker

jueves, 2 de diciembre de 2021

3 de decembro Día das persoas con diversidade funcional





 Mañá conmemoramos o día da CAPACIDADE e o alumnado do Ciclo de TAPSD, elaborou unha xincana de actividades para o resto dos seus compañeiros do centro. 

miércoles, 1 de diciembre de 2021

Creatividade no corredor



Hoxe volvemos ter  novo mobiliario no corredor do noso centro traballo  do alumnado do ciclo.


 

sábado, 27 de noviembre de 2021

Falece Almudena Grandes

O mundo das letras e da cultura perde a unha das grandes, Almudena Grandes. A prolífera autora soubo radiografíar a España como ninguén. 


jueves, 25 de noviembre de 2021

25N

Loita polos teus dereitos, loita polos teus soños, loita pola túa vida, loita....


 Gritar, ameazar, desprezar, anular, agredir, ignorar... rexeitamos todo tipo de violencias, as visibles e as que non se ven.



lunes, 22 de noviembre de 2021

Performance 25N

O alumnado de TAPSD, realizará o vindeiro 25 unha performance nas pistas  do IES. Estades todos e todas convidados/as a verlo. 

 

viernes, 19 de noviembre de 2021

Lectura para o 25N

 Están expostos no corredor unhas recomendacións para que lle botedes unha ollada. 

Premios xincana

 Hoxe entregamos os premios aos grupos gañadores de 1º ESO da xincana coa que celebramos o día das Bibliotecas!! Parabéns o todxs participantes!!! 

jueves, 18 de noviembre de 2021

Xoiería do Camballón



 Xa temos cerca unhas datas cas que se pode agasallar a aquelas persoas que apreciamos con detalles coma estas propostas do ciclo de SolCa tanto para Nadal, para San Valentín ou algunha data sinalada. Moitos destes detalles son feitos con materias de refugallo.


20211118 xoiería - Kizoa Movie Maker
 
 
 

Temos un Minion no Camballón

 

Hoxe apareceu no corredor do segundo andar do Camballón este fabuloso Minion, que ven a ser unha estufa de leña.

O corpo, brazos e gafas foron feitas cunha bombona de helio baldeira que reciclaron os de SolCa do ciclo de TAPSD.A careta de soldador que ten diseño de dous alumnos do Ciclo.

Grazas ao alumnado de SolCa e o profe Rubén do Ciclo por este impresionante traballo.

Mi vecino Totoro



Hoxe tivemos cineforum na Biblioteca.



20211118 cineforum - Kizoa Movie Maker

miércoles, 17 de noviembre de 2021

Falece o escritor e académico Darío Xohán Cabana

Hoxe deixounos o escritor lucenses Darío Xohán Cabana
que cultivou multitude de xéneros, como a poesía, o ensaio e a traducción. Ingresou  na Real Academia Galega en abril de 2006. 

martes, 16 de noviembre de 2021

Visita da atriz Carmen Facorro


 Onte tivemos a honra de ter no centro a unha ex-alumna e atriz do concello Carmen Facorro e  Alba Nogueira que falaron do seu espectáculo Reino da extinción. Carmen  e Alba forma parte da compañía Amorodio xunto con outros dous compañeiros que se unen na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde as inquedanzas sociais da súa xeración as levan a conformar esta sinerxia teatral. Este fin de semana actuaron no Auditorio Xosé Casal.
Grazas Carmen e Alba por vir a pasar a tarde co alumnado de 3º de ESO e contar a vosa experiencia.


lunes, 15 de noviembre de 2021

Cineforum: Mi vecino Totoro

  Este xoves terá lugar na biblioteca a primeira sesión de Cineforum e comezaremos polo visionado de Mi vecino Totoro.

viernes, 12 de noviembre de 2021

Día da Buxaina


 Hoxe tocou adicarlle o día a Buxaina e o alumnado de 1º ESO fixo unha exhibición baixo a coordinación de Alberto un dos conserxes do centro e cunha técnica depurada na arte de facer bailar a Buxaina.
Grazas Alberto pola túa particiación!!


20211111día da buxaina - Kizoa Movie Maker

jueves, 11 de noviembre de 2021

Fundación Laboral da Construción

 

O alumnado de FPBásica e Soldadura visitou a Fundación Laboral da Construción. Puidéronse ver os diferentes talleres para a formación no ámbito da construción, saída laboral que está moi en auxe actualmente. Ademáis da formación, as instalacións son unha antiga cortidoría rehabilitada.


20211110 fundacion laboral - Kizoa Movie Maker

miércoles, 10 de noviembre de 2021

Obradoiro de Regueifa con Lupe Blanco

 

A Asociación Oral da Regueifa organizou 50 obradoiros de Regueifa na provincia de Pontevedra. En Vila de Cruces tivemos sorte de contar con Lupe Blanco e tamén regueifou co Club de Regueifa no recreo. Grazas Lupe!


lunes, 8 de noviembre de 2021

Día a Buxaina

 O vindeiro xoves imos conmemorar no Camballón o día da Buxaina, esperemos que  xa di o refraneiro popular: 

En San Martiño peóns ao camiño,

por San Amaro peóns ao faiado,

por San Antón trompos ao caixón,

por Santa Olaia, peóns á borralla...

viernes, 5 de noviembre de 2021

Karaoke na biblio

 

Este foi o resultado da actividade de Karaoke que tivo lugar hoxe na biblio.







20211105karaoke - Kizoa Movie Maker

miércoles, 3 de noviembre de 2021

Neira Vilas

 

Hoxe celebramos o nacemento do noso escritor máis senlleiro, Xosé Neira Vilas. Narrador, periodista, poeta....nacido en Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928. Emigrou a Bos Aires en 1949, casou coa escritora cubana Anisia Miranda e trasladouse a Cuba. En 1992 regresan a Galicia para vivir en Gres, alí dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas

martes, 2 de noviembre de 2021

Club de lectura con Ana Cabaleiro


 Este sábado tivemos a sorte de facer unha viaxe da man de Mona Otero percorrer  en sucesivos vehículos factores que marcan a súa existencia: autoestima, competitividade, familia, odios, falsidade, dignidade...Ambientada nunha sociedade rural que está cambiando por un lado asentada na tradicións e por outro influenciada pola globalización.

Grazas Ana, por guiarnos polos camiños que Mona Otero pisou .!!




20211031 Roteiro As Ramonas - Kizoa Movie Maker

Xincana da biblioteca

 Hoxe tocoulle ao alumnado de 1º B coñecer a Biblioteca e outros espazos do centro resolvendo varios enigmas da xincana da Biblio, como motivo dos día das bibliotecas.








20211102 xincana biblioteca - Kizoa Movie Maker

lunes, 1 de noviembre de 2021

karaoke na biblio


 O vindeiro venres terá lugar dentro do proxecto os Recreos culturais, Karaoke na biblioteca do Camballón. Animádevos a participar

viernes, 29 de octubre de 2021

Bolsa literarias





 Estes son algúns dos traballos que está a facer o alumnado coas bolsa literarias. 

Cada un debe recoller a súa bolsa e decorada como lle guste.





20211030 bolsas - Kizoa Movie Maker

Bolsas literarias. Recreos culturais.



 Hoxe arranca os recreos culturais coa elaboración de Bolsas literarias persoais.






20211030bolsas - Kizoa Movie Maker

jueves, 28 de octubre de 2021

Premio Fiestra de Audiovisual Galego

 A Academia Galega do Audiovisual (AGA) presentou onte no Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces o I Premio Fiestra de Audiovisual Galego para a educación en valores. 

Así o recollía  a noticia redactada polo Faro de Vigo :

Ao acto asistiron Miguel Mariño, director da academia; o concelleiro de Cultura de Vila de Cruces, Julio López; o director do IES Marco do Camballón, José Manuel Iglesias; e a actriz Camila Bossa. A presentación foi precedida pola proxección dun programa feito a partir do catálogo de Fiestra polo alumnado do instituto.

O director da AGA presentou esta iniciativa, na que os centros de ensino de Galicia que formen parte da comunidade de Fiestra poderán decidir cos seus votos cal é a curtametraxe do catálogo merecedora do premio, polo seu valor á hora de facilitar o traballo e a reflexión na aula. Camila Bossa, que interviña como representante do sector audiovisual, salientou a importancia de “promocionar e visibilizar a nosa cultura e a nosa lingua”, ademais de afirmar que “co cine se aprende moito máis do que cremos, dun xeito diferente”.

Julio López augurou unha “longa vida” ao galardón, ao tempo que louvou a actitude e o comportamento do alumnado do Marco do Camballón, que formou parte do público do acto e participou activamente na proxección previa. Pola súa banda, José Manuel Iglesias declarou que desde o instituto estaban “orgullosos de participar” nesta iniciativa “que contribúe á formación de cidadáns críticos”.

O I Premio Fiestra de Audiovisual Galego para a educación en valores será anunciado e entregado en Vila de Cruces no mes de xuño de 2022. Con anterioridade á presentación foi proxectado un programa de curtametraxes realizado polo alumnado de 4º da ESO do IES Marco do Camballón, composto polos seguintes títulos: C.O.D.A., dirixida por Veru Rodríguez; Matria, de Álvaro Gago; 1977, creación de Peque Varela; e Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez. A continuación, Javier Grixo, director de fotografía de C.O.D.A., e Camila Bossa, actriz protagonista de Conversa cunha muller morta, participaron nun coloquio cos mozos e mozas asistentes.

lunes, 25 de octubre de 2021

Xincana terrorífica

 Para conmemorar o día das Bibliotecas, o alumnado de 1º de ESO participou unha actividade espectacular e terrorífica coa finalidade de descubrir lugares 👻 e segredos da biblio👻 pero tamén do
centro. Estiveron traballando a reo en grupo para resolver unha chega de enigmas o obxectivo e ter o maior número de solucións posibles e en breve descubriremos o equipo gañador dun misterioso premio💀


20211025 xincana terrorífica - Kizoa Movie Maker

domingo, 24 de octubre de 2021

Día das bibliotecas

 

Hoxe celebramos o noso día!! Somos un lugar de encontro, comunicación e participación onde toda a comunidade educativa pode achegarse á lectura, a investigación e a creatividade.

Con motivo do día das bibliotecas o alumnado de 1º de ESO vai participar mañá nun xogo de pistas. Atentos mañá!!
 

viernes, 22 de octubre de 2021

A buxaina. Recreos culturais.


 Hoxe tivo lugar un taller de buxaina, un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular.

Os encargados de realizar este taller foron dous alumnos do ciclo de Soldadura: Alejandro Dasilva e Héctor Pumar que nos ensinaron moitas cousas.... agora toca prácticar na casa!!

Moitas grazas!!




20211022buxaina - Kizoa Movie Maker

Viches a biblioteca!!

 

O equipo da biblioteca quere emprazar a toda a comunidade educativa a que se pase pola Biblioteca e se faga un selfie ou unha fotografía para conmemorar o Día das bibliotecas.



martes, 19 de octubre de 2021

Obradoiro de baile da Buxaina

 

 

O vindeiro venres 22 de outubro terá lugar no exterior do IES un obradoiro para mañexar a buxaina que correrá a cargo do alumnado do Ciclo de Solda. 

E que baile a buxaina!!


 

lunes, 18 de octubre de 2021

As escritoras que nos gustan

 

O alumnado de 1º ESO de ITI, estiveron na radio lendo varios fragmentos de libros escritos por mulleres.


Día das escritoras


 Hoxe conmemoramos o día das escritoras co obxectivo de reivindicar a obra e os legados de moitas mulleres ao longo da historia.

Escribir é "dar conta das idades da vida e permítenos escoller, recuperarnos e soñar entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que foron escritos para nós, aínda que aínda non os atopamos".

O alumnado de 1º ESO contribuíu amosándonos algúns libros de escritoras que teñen na nosa biblioteca.



20211018 Día das escritoras - Kizoa Movie Maker

jueves, 7 de octubre de 2021

Segundo premio nos Skills

 

Noraboa Nico, alumno do ciclo de SOLCA que acadou o segundo premio nos Skills 2021 en Vigo.


Parabéns!!

Formación para os ciclos

 

 

 

Xa temos listos os carnés de usuarios para entregar ao alumnado de TAPSD e SOLCA. Mañá, a terceira hora, contaremos coa visita das alumnas de 1 do ciclo de TAPSD que recibirán información sobre o sistema de préstamo e as normas de acceso e uso da biblio!!


miércoles, 6 de octubre de 2021

Club de lectura de adultos con Ana Cabaleiro


As Ramonas, primeiro libro do club de lectura de adultos (nais, pais, persoal non docente, profes, exalumnado...). A partir deste libro faremos un roteiro literario guiado pola autora o día 30 de outubro. Se vos queredes apuntar estades a tempo!! Vide durante un recreo á biblioteca. Mil grazas Ana Cabaleiro, por mostrarnos os escenarios de As Ramonas!!!

viernes, 1 de octubre de 2021

Redes Sociais

 





O alumnado de 1 e 2 de Bac asistiu hoxe a unha charla sobre redes sociais impartida
 pir Hydra Marketing de Silleda. Esta actividade está relacionada co tema elexido pola 
Biblioteca para traballar durante este curso: coeducacion e igualdade. Eva e Yolanda
 faláronnos das vantaxas e inconvintes das redes sociais. Con elas debatimos sobre
 influencers, instagram, marketing... e analizamos os riscos que conleva facer un uso
 inadecuado de estas novas formas de comunicación.




20211001Hydra - Kizoa Movie Maker

lunes, 27 de septiembre de 2021

Biblioteca Municipal


 Hoxe visitamos a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas e aproveitamos para realizar o carné. Elsa explicounos o funcionamento e ensinounos as instalacións.




20210927 biblioteca - Kizoa Movie Maker

jueves, 16 de septiembre de 2021

Club de lectura

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   Xa arranca o curso e con el o Club de lectura da biblioteca, este ano con moitas novidades, unha delas que teremos un club de Manga e de Adultos. Os que queirades participar apuntádevos na Biblio.

sábado, 7 de agosto de 2021

Parlamento xove


O alumnado participante e gañador do Parlamento Xove participou dunha excursión por terras andaluzas, aquí podedes ver unha mostra dalgunha cousas que visitaron.


20210725 Andalucía - Kizoa Movie Maker

martes, 22 de junio de 2021

Fin de curso

Rematamos este curso coa presenza desta dúas poetas galegas Aldaolado que non deleitaron coa súa obra e nos fixeron sorrir. Grazas 

jueves, 17 de junio de 2021

Apadriñamento lector ao alumnado de 4º de Infantil

 Os alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora da Piedade foron hoxe apadriñados por un grupo de alumnos e alumnas do IES.


miércoles, 16 de junio de 2021

martes, 15 de junio de 2021

Graduación

 

Este foi o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Rememoraron o seu paso polo centro, que estivo cheo de grandes momentos. Esperamos que esta nova etapa que comezades sexa moi emocionante e estea cargada de grandes momento. 


20210608 GRADUACION - Kizoa Movie Maker