martes, 31 de octubre de 2023

Magosto no Camballón


 Na mañá de hoxe celebramos o magosto e que mellor maneira que xogando en equipos, degustando castañas e escoitando as regueifas do alumnado de 2º ESO. 




Obradoiro de regueifa



Hoxe estivo no noso centro Pinto de Herbón para impartir un Obradoiro de Regueifa organizado pola Asociación Oral ao alumnado de Oralidade e Regueifa e improvisión oral en verso. Forma parte do Certame Escolar Provincial de Regueifas  que vai ter lugar en Valadares.
 

viernes, 27 de octubre de 2023

Cosemos a máquina

 

O noso obradoiro de costura dos venres avanza, xa utilizamos a máquina! 
Estan deseñando unha bolsa empregando as telas de paraugas rotos, a ver que tal quedan😅




GaliciaSkills2023

 


Hoxe temos que darlle os parabéns ao noso alumno do Ciclo Medio de Soldadura e caldeirería, Sergio López Salgado, que acadou o primer premio en Galicia Skills, campeonato galego de Formación Profesional.

 Durante dúas xornadas, o alumnado compite nas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas. Na especialidade de  Soldadura e caldeirería Sergio acadou a Medalla de Ouro.

Parabéns Sergio!!



martes, 24 de octubre de 2023

Día das bibliotecas


 Hoxe celebramos o día das bibliotecas cunha Xincana! O alumnado de 1° da ESO tivo que seguir moitas pistas e resolver uns cantos misterios!! Buscaron libros e películas perdidas, descubriron novos lugares do noso centro e moitos segredos da nosa biblio!!!











Que é a teleasistencia?

 

No módulo de teleasistencia as alumnas de 2 curso do ciclo de APSD eleboraron os elementos básico do servizos de teleasistencia. Estes elementos que se conectan ao teléfono do domicilio permiten que as persoas dependientes que viven soas o a maior parte do día, poidan estar en contacto as 24h/7 días a semana,coa central de atención que xestionará todas as súas incidencias sanitarias e socias, además de ofrece compañía e seguridade.




viernes, 20 de octubre de 2023

Taller de costura

 

Este venres iniciamos o taller de costura, dentro da actividade recreos culturais! A nosa profe Maruja, ten un montón de ideas e proxectos!! Imos empezar facendo bolsas a partir de paraugas vellos! Estades a tempo de apuntarvos!! Os venres durante o recreo na aula do alumnado!

miércoles, 18 de octubre de 2023

Visita ao CPAP, Bergondo.


Visitamos ao CPAP (Centro de Promoción e Autonomía Personal) de Bergondo. Coñecemos os diferentes recursos e productos de apoio para a rehabilitación global das persoas con discapacidade física ou dano cerebral adquirido, coa finalidad de alcanzar a maior integración e vida independiente posible.

martes, 17 de octubre de 2023

Visita a Santiago

O alumnado de 3º de ESO visitou o Panteón de Galegos Ilustres que se encontra na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Allí descansan os restos de personaxes claves na historia de Galicia: Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey e Domingo Font.




Despois foron ao teatro ver a obra "A parábola do angazo", comedia de: Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Séchu Sende, Diego Rey e Artur Trillo.Nela bótase unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.


 

Días das Escritoras


Durante esta semana temos unha exposición de libros de algunhas escritoras das que podedes ler algunha das súas obras. Hoxe comezamos con libros en galego.

 

miércoles, 11 de octubre de 2023

Roteiro os tres ríos




"O alumnado de 4º de ESO de Dixitalización que participa no CP EduSostibilidade levou a cabo, o 11 de outubro pasado, a andaina pola ruta que empeza en Ponte Basebe (límite entre o concelllo de Vila de Cruces e Touro) e remata no merendeiro de Ponte Santaia. Estas rutas fanse coa idea de poñer en valor a riqueza paixasística na nosa contorna, para aprender a respectar os entornos naturais e axudar a súa sostibilidade. 
Aproveitamos un marabilloso día de calor para camiñar os 18 kilómetros do sendeiro (ida e volta, pois a ruta é circular). Levabamos bolsas e luvas para recoller os posibles plásticos que puideramos atopar, pero ao final só vimos un pouco de lixo no propio merendeiro. A ruta está moi ben coidada, sinalizada e goza, a estas alturas do outono dun verde-amarelo maxestuoso. "


martes, 3 de octubre de 2023

Móvete

O alumnado de 1º de Bacharelato creou o este anuncio para publicitar as distintas rutas que están a crear  polo Concello de Vila de Cruces incluídas no proxecto CP Saúde. Animádevos a coñecer o noso concello e gañade en saúde!!