Vimos de comezar unha aventura que de seguro vai dar moito xogo ao longo
dos vindeiros cursos. Polo de agora, tanto os/as prof@s coma os/as
alumn@s que participaron no curso de formación impartido por Luis Losada
de Rede Espora, quedamos encantad@s e puidemos comprobar as múltiples
posibilidades que esta ferramenta nos ofrece. Queremos desde aquí darlle
as grazas pola súa implicación e por ensinarnos dun xeito tan ameno
todo aquelo que precisamos para poder facer programas de radio desde o
noso centro!!
Grazas ao equipamento do que dispoñemos e a que contamos con 22 técnicos especializados entre o noso alumnado, cremos que os nosos programas chegarán lonxe! Polo momento iremos publicando nesta páxina aqueles traballos que vaiamos elaborando e que colgaremos en formato PodCast na nosa canle de Ivoox. Proximamente teredes máis novidades!"