Durante a charla explicou as diferentes opcións formativas dentro da FP, destacando o seu carácter práctico e orientado ao mundo laboral. Tamén comentou as múltiples saídas profesionais dun sector no que a informática está presente en todas partes; empresas, comercio, sanidade, educación, comunicación ou a industrial.
domingo, 31 de mayo de 2026
Visita do IES Aller Ulloa para falar do Ciclo de informática
Etiquetas:
Ciclo de informática,
Ciclos formativos,
IES Aller Ulloa,
Informática,
Javier Feijóo
jueves, 28 de mayo de 2026
Visita do alumnado de 6º Primaria
Hoxe tivemos unha visita moi especial, o alumnado do CEIP PlurilingúevCerdeiriñas de Piloño e do CEIP A Nosa Señora da Piedade veu coñecer o noso centro.
Xairo, Sarai e África, voluntarios da biblioteca, mostráronlles os distintos espazos do centro e realizaron con eles un xogo de pistas. Faláronlles dos clubs de lectura, a radio, o voluntariado e outras actividades que realizamos durante este curso.
Benvidos/as, esperamos que visitedes moito a biblioteca durante o próximo curso!
viernes, 15 de mayo de 2026
Begoña Caamaño
O alumnado de 2º de ESO está realizando un traballo de investigación sobre a figura de Begoña Caamaño na clase de Lingua Galega, coa súa profe Carmen Frade.
Os traballos serán expostos na biblioteca durante esta semana.
Etiquetas:
2º ESO,
Begoña Caamaño,
Letras Galegas,
Letras Galegas 2026,
Lingua Galega
Begoña Caamaño
Etiquetas:
Begoña Caamaño,
Letras Galegas,
Letras Galegas 2026
jueves, 14 de mayo de 2026
Saúde mental
Rematamos os obradoiros de saúde mental da man da Asociación Fonte da Virxe. Desta volta abordamos o autocoñecemento, autoestima e dereitos asertivos en 4º da ESO e 1º de CM Soldadura, onde tamén se abordou a saúde mental no traballo e habilidades sociais. Velaquí algunhas fotos das sesións.
Etiquetas:
1º Soldadura,
4º ESO,
Asociación Fonte da Virxe,
Saúde mental
miércoles, 13 de mayo de 2026
En plan ben: educación afectivo-sexual
Continuamos coa participación no programa da Deputación de Pontevedra "En plan ben: aulas saudables, que trata de promover a saúde mental e benestar emocional a través de distintas temáticas.
Desta volta, o alumnado de 4º ESO reflexiona sobre as consecuencias do uso da pornografía e outras violencias sexuais, rematando a participación no programa.
martes, 12 de mayo de 2026
Teatro foro: o consumismo
Por fin chegou o día! Tras os últimos ensaios, o pasado 10 de abril presentamos o recurso didáctico sobre consumismo creado polo alumnado de 3º ESO e PDC. Unha peza composta por 11 escenas nas que o alumnado deu forma e vida a distintas posibles situacións arredor do tema central. Ademais, prepararon o atrezo, carteis con debuxos e un manifesto a favor do consumo responsable para concienciar aos
compañeiros/as de 2º ESO, que se converteron en espec-actores e espec-actrices!
E iso non é todo! A sesión estivo amenizada pola música do ukelele e mesmo cantamos todos xuntos a modo karaoke a prol dunha forma de vida menos materialista e consumista.
Nas ligazóns podedes ver como foron os ensaios finais e a representación da peza. Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora que non deixou indiferente a ninguén. Con gañas de repetir, damos as grazas a todas as persoas colaboradoras, especialmente ao alumnado pola súa participación e implicación, ao profe Rubén polas súas ideas e melodías e a Ramón por darnos a coñecer o teatro foro e por facelo posible!
Etiquetas:
3º ESO,
3ºPDC,
Orientación,
Teatro,
Teatro foro
Menores nin unha pinga!
O alumnado de 1º e 3º da ESO participaron hoxe no obradoiro "Menores nin unha pinga", que trata de previr o consumo de alcohol en menores.
Etiquetas:
1º ESO,
3º ESO,
Drogas e alcohol en menores,
Orientación
viernes, 8 de mayo de 2026
As mulleres do volframio
Seguindo coas actividades do Proxecto "As mulleres do volframio", o alumnado de 1º ESO coñeceu o traballo das mulleres da minas de Fontao, vendo o documental "A luz do negro", de Encarna Otero. A través do relato de varias das veciñas que traballaron nas minas puideron facerse unha idea do que supuxo esta actividade no noso concello. Estas actividades están enmarcadas no Proxecto "Donas de si".
A minas de Fontao
Presentación dos traballos das Minas de Fontao, unhas das actividades de investigación do proxecto interdisciplinar "As mulleres do volframio", a proposta coa que o noso centro participa no Proxecto "Donas de si" coordinado por Carmen Frade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































