Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de julio de 2026

Orgullo do noso: Neira Vilas, voz da aldea

O Día das Letras Galegas 2027, adicarase a unha figura moi especial para a nosa comunidade: Xosé Neira Vilas, un dos escritores máis recoñecidos do noso concello. A súa obra e o seu compromiso coa lingua e coa  cultura galega convérteno nun referente imprescindible, e para o noso IES é un motivo de orgullo celebrar esta homenaxe tan próxima e sentida.

Neira Vilas soubo dar voz, con sensibilidade e verdade, á vida da xente do rural galego. A través de Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego, achegounos a mirada limpa e sincera dun neno da aldea, que observa o mundo con curiosidade, xustiza e tamén esperanza. Balbino non é só un personaxe: é un símbolo de toda unha xeración e dunha forma de vivir que forma parte da nosa identidade.


Para o noso centro educativo, esta celebración ten un significado especial. Non só recoñecemos a traxectoria dun grande escritor, senón que tamén reivindicamos as nosas raíces, a nosa lingua e a nosa cultura. 

Ao lembrar a Neira Vilas, lembramos tamén a importancia de manter viva a lingua galega e de seguir creando, lendo e compartindo en galego. Porque, como nos ensinou Balbino, mesmo desde unha pequena aldea pódense contar historias que chegan ao corazón de todo un pobo.

viernes, 15 de mayo de 2026

Begoña Caamaño

 


O alumnado de 2º de ESO está realizando un traballo de investigación sobre a figura de Begoña Caamaño na clase de Lingua Galega, coa súa profe Carmen Frade.


Os traballos serán expostos na biblioteca durante esta semana.



Begoña Caamaño

 






sábado, 17 de mayo de 2025

Feliz día das letras



Fuliada desta noite,
mañá será sonada,
quela sea o que non sea,
sempre será fuliada.


viernes, 16 de mayo de 2025

Pandereiras do Camballón poñen voz a Dorinda de Duro

 Que grandes as Pandereteiras do Camballón, que quixeron homenaxear a Dorinda de Duro, grazas por preparar en pouco tempo este merecido acto, ataviadas co traxe tradicional de gala ou de cotío: Antía, Cristina, Martina, Sheila, Aldara, Sabela, Lucía e Iria.



O acto foi presentado por Antia, neta da Señora Dorinda de Duro, veciña de Santo Tomé de Insua en Vila de Cruces



A activade consistíu en cantarlles ao alumnado do centro tres pezas: un maneo, unha muiñera e un pasodoble.









Cantareira da terra, voz de Santo Tomé de Insua: hoxe a voz de Dorinda de Duro soa no Camballón.

Hoxe conmemoramos o día das cantareiras, mulleres que ao longo dos séculos, mantiveron a nosa lingua viva a través das súas coplas e melodías. Fixeron da lírica popular galega un dos maiores patrimonios culturais que posuimos. A historia das cantareiras vai máis aló da súa arte: é a historia


dunha loita por preversar a nosa identidade e a nosa lingua cando todo parecía ameazado polo avance de novos tempos e a novas formas de comunicar. Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens escribiron algúns capitulos da tradición musical galega… nomes recollidos por Dorothé Schubart no Cancioneiro popular galego, unha das obras máis importantes para a recuperación da nosa música tradicional. Nesa obra non se recolle a Dorinda de Duro, a nosa homenaxeada. Nada no lugar de Souto en Santo Tomé de Insua. A día de hoxe, Dorinda canta o que o pobo sentía, coas máns na pandereta e o corazón na aldea.

Xeneración a xeneración foron transmitindo coplas que foron e son recollidas por moitas persoas que continuan gardando ese patrinomio inmaterial que son os cancioneiros. 

Cantaban nas palleiras, as noites, a luz do candil, xuntábase as persoas do lugar e para pasar as noites de inverno botaban unhas pezas. Tamén cando se facías os traballos do campo botar o trigo, segalo, facer
os mollos… botar e recoller as patacas, labrar o millo, apañar as espigas e debullalas….

Na nosa biblioteca menos estes días unhas exposición de libros escritos, onde podedes ver algunhas desas coplas que fan alusión a versos temas como: o amor, a xente, o gando,a política, o contrabando, os lugares, os santos,as romerías, os curas... entre outros.


"Dorinda cantaba o que o pobo sentía: hoxe cantamos por ela."

"Cantareira da terra, voz de Santomé de Insua: hoxe a voz de Dorinda de Duro soa no Camballón,  as Letras soan a ela ." Grazas Dorinda por transmitirnos o que vostede aprendeu.

E temos sorpresa!!

jueves, 15 de mayo de 2025

De Santo Tomé de Insua para o mundo: A forza de Dorinda de Duro nas letras


 

Maña, imos conmemorar no Camballón as Letras Galegas, unhas letras moi especiais por adicarllas aos traballos e á figura das cantareiras, mulleres que mantiveron a nosa lingua viva a través das súas coplas e melodías, facendo da lírica popular  galega un dos maiores patrimonios culturais que posuímos. Unha loita por que a nosa identidade e a nosa lingua, cando todo parecía ameazado polos avances de novos tempos e novas formas de comunicar, segue viva.
A Real Academia Galega elixíu as seis mulleres protagonista, pero o IES Marco do Camballón, ten a súa propia, unha cruceña, como moitas outras que descoñecemos porque xa non están ou non demos sabido delas. 
Dorinda de Duro é a nosa homenaxeada, nada en Souto, parroquia de Santo Tomé de Insua, é un referente para nós e para a nosa lingua. Grazas Dorinda pola súa presenza e a forza que coa súa música permite ter hoxe un patrimonio vivo. 






viernes, 17 de mayo de 2024

Miña nai

 Nun día como o de hoxe, as alumnas de Relixión de 4º ESO de Relixión, quixeron facer unha homenaxe non unicamente a Luisa Villalta Gómez, senon tamén as nais que dende o seu ventre nos vincula coa lingua materna.

A nai que sempre coida,
que non come,
para que nós non pasemos fame,
que vende o que ten,
para que non  nós lle falte nada aos fillos,
que sempre está a noso carón,
aconséllanos e deixamos camiñar.....,
coma nosa nai non hai outra e 
sen ela non somos quen de nós consolar.


viernes, 12 de mayo de 2023

Sonigramas das Letras



O alumnado de 4º de ESO de Relixión estiveron creando Sonigramas para festexar o día das Letras Galegas. Partindo de mesturas audios con diferentes sons, creamos un relato que se transforma nunha historia.Con esta actividade ademais de contribuír ao traballo en equipo, busca estimular a atención visual e auditiva do alumnado.

martes, 11 de mayo de 2021

Letras Galegas 2021

Para conmemorar as Letras Galegas, o alumnado de 1º de ESO de Investigación e tratamento da información (INEIN), traballou co  libro Xela Arias. Poeta e traductora de Anxo Xoán Rajó Pazó e elaboraron este vídeo.

 



domingo, 17 de mayo de 2020

Feliz día das letras

Estas son as recomendacións que facemos para o día das Letras. Felices lecturas



O alumnado de 1º ESO de ITI crearon estas imaxes, a partir dunha fotografía que eles fixeron, co GIMP. O poema é de Carballo Calero homenaxeado este ano nas Letras Galegas. A música é unha peza chamada Muiñeira de Mejuto interpretada do Grupo Luz do Ilicinio de Lestedo.

A praia de Coruxo



sábado, 16 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas 2020

Aquí está o vídeo do Día das Letras Galegas, este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carballo Calero, un dos principais intelectuais do século XX. Collimos uns versos de Carballo é fixemos esta montaxe chea de sorrisos. Esperando que vos guste!

Viva Carballo Calero!



domingo, 8 de junio de 2014

CambaLetras 2014: respostas do 3º bloque e clasificación definitiva



As respostas do 3º e último bloque do CambaLetras deste ano foron as seguintes: 
1. O autor ao que se lle dedica o Día  das Letras neste ano escribiu un poemario cun título que fai referencia a un tipo de nubes. Neste libro hai un poema que ten o mesmo título; localízao e copia os tres últimos versos.
“eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.”
2. A que dramaturgo se lle dedicou moi recentemente o Día das Letras?
Roberto Vidal Bolaño
3. A que obra do autor homenaxeado en 1997 corresponde a CDU da nosa biblioteca N/FOL/ter?
Terra brava
4. De que autor, homenaxeado nos comezos da celebración do Día das Letras, son as “cousas” máis famosas da literatura galega?
Castelao
5. Que autora escribiu, xa hai moito, un poema denunciando o maltrato que sufrían os galegos que ían á sega a Castela? Indica tamén o título do poema.
Rosalía de Castro, “Castellanos de Castilla”

Xa sabedes que as respostas de cada equipo aparecen publicadas como comentarios na entrada das preguntas correspondente.


CLASIFICACIÓN DEFINITIVA ORDENADA POR MAIOR  PUNTUACIÓN

EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
1.     Tres nenos
0+5+4+5+5
19
67
2.     Medio limón
4+5+4+5+5
23
64
3.     O armadillo
Non responderon
0
48
4.     Equipo B
Non responderon
0
41
5.     Galeg@
0+5+4+5+5
19
41
6.     Lánzalo
0+5+4+5+5
19
39
7.     Manera
Non responderon
0
21
8.     As 3 galegas
Non responderon
0
14
9.     As principiantes
Non responderon
0
13
10.  GGRR
Non responderon
7
7
11.  Individual
Non responderon
0
0

Polo tanto, aínda que a clasificación foi bastante reñida, finalmente o equipo ganador é Tres nenos, formado por Adrián García Torres, Roi Guzmán Gómez e Alexander Iglesias Santandré de 1º de ESO. Parabéns!!!!

lunes, 2 de junio de 2014

CambaLetras 2014: 3º bloque de preguntas

A continuación publicamos as 5 preguntas correspondentes ao 3º bloque (do luns 2 ata o venres 6 de xuño).
Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación co equipo ganador faranse públicas o domingo 8 de xuño.

As preguntas son as seguintes:



1. O autor ao que se lle dedica o Día  das Letras neste ano escribiu un poemario cun título que fai referencia a un tipo de nubes. Neste libro hai un poema que ten o mesmo título; localízao e copia os tres últimos versos.


2. A que dramaturgo se lle dedicou moi recentemente o Día das Letras?


3. A que obra do autor homenaxeado en 1997 corresponde a CDU da nosa biblioteca N/FOL/ter?

4. De que autor, homenaxeado nos comezos da celebración do Día das Letras, son as “cousas” máis famosas da literatura galega?

5. Que autora escribiu, xa hai moito, un poema denunciando o maltrato que sufrían os galegos que ían á sega a Castela? Indica tamén o título do poema.