sábado, 30 de abril de 2022

Mediación e prevención de acoso escolar

 
Servímonos nesta ocasión da dinámica de cohesión grupal "Mundo de cores" para reflexionar sobre a exclusión social, enlazando o tema co acoso escolar e a importancia da súa prevención.

Despois do xogo, conversamos sobre o acoso escolar, os distintos tipos de acoso (físico, psicolóxico, social....), as consecuencias e os papeis das distintas persoas que interveñen (persoa acosada, acosadora e espectadores activos e pasivos), incidindo na importancia de intervir e adoptar un compromiso firme co apoio á vítima e a denuncia destas situacións por parte dos espectadores/as. 

Sen dúbida, sementar a cultura da mediación no centro favorece a mellora da convivencia e polo tanto axuda a previr as situacións de acoso escolar. Seguiremos traballando nelo!

viernes, 29 de abril de 2022

Mediación e estilos de comunicación

Traballamos as habilidades sociais e estilos de comunicación (agresivo, pasivo e asertivo), mediante a dinámica grupal "xinetes e cabalos", que nos servíu para reflexionar sobre a importancia de ter empatía cos demais, do trato que lles brindamos e de expresarnos con asertividade, o que repercute positivamente nas relacións interpersoais.  

Deste xeito, mediante dinámicas e xogos, seguimos aprendendo conceptos básicos e moi útiles para a mediación escolar, pero tamén no noso día a día.

jueves, 28 de abril de 2022

miércoles, 27 de abril de 2022

Encontro de mediación

 A semana pasada volvemos reunirnos o profesorado e alumnado do equipo  de mediación.

Desta volta xa estabamos todos/as e unha vez que nos puxemos ao día, seguimos argallando nas nosas ideas, pois estamos a traballar na creación dun logo do equipo de mediación do centro e tamén sobre un vídeo para dar a coñecer esta forma de resolución de conflitos.

Esperamos poder ensinarvos pronto os nosos proxectos!


 

martes, 26 de abril de 2022

A Radio Galega no Camballón



 Belén Regueira e Manolo Palmeiro, da Radio Galega, estiveron no Marco do Camballon entrevistando alumnado e profesorado sobre o proxecto "O poeta que baila". Que ben falou o alumnado!  Uxía e Xurxo falaron sobre Florencio Delgado Gurriarán. Ainara e Aldara falaron sobre o baile que estamos a ensaiar sobre o tema con Xabier Díaz.


Lecturas en Cerdeiriñas

 

 
Hoxe o alumnado do Camballón pasou unha mañá moi animada no CEIP de Cerdeiriñas co alumnado de Educación Infantil. Ademais de compartir lecturas tamén compartiron xogos e conversas!!

Moitas grazas o Equipo da Biblioteca de Paco Lareo por convidarnos pasar unha horas con vós.
 

 


 

 

Apadriñamento lector no CEIP Cerdeiriñas

 Hoxe o alumnado de 1º ESO de Investigación e Tratamento da información vai apadriñar ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Cerdeiriñas.  Estes foron os vídeos de presentación que fixeron para cada unha das clases.

Para 4º de Educación Infantil


Para 5º de Educación Infantil

 


 

Para 6º de Educación Infantil

 


Moitas grazas á biblioteca de CEIP de Cerdeiriñas por prestarnos os libros e ao profesorado por colaborar co noso alumno para poder realizar esta actividade. Esperamos que vos guste!!



lunes, 25 de abril de 2022

Proxecto Bolsas solidarias


 Esta semana poñemos en marcha o Proxecto Bolsas solidarias. Durante os recreos, as alumnas de TAPSD dirixirán un taller para pintar bolsas de tea O obxectivo final é vender o maior número de bolsas para recadar fondos que serán enviados a Ucraína en forma de material sanitario. Ven durante o recreo á aula do alumnado e pinta a túa bolsa solidaria!!!

Apadriñamento lector

 

 O alumnado de TAPSD voltaron a Escola Infantil para facer o apadriñamento lector  co alumnado de 2 anos.



Día do libro

A librería de O Colexio, acaba de prestarnos unha serie de libros para que os poidamos expoñer nos nosos corredores e celebrar a semana do Libro.


sábado, 23 de abril de 2022

Día do libro


A partir do luns, e para festexar o semana do libro,  vai haber moitas sorpresas nos corredores de Marco do Camballón....  Xa vos teremos informados!!

 

Canto máis leas, máis cousas saberás, 

canto máis sepas, máis lonxe chegarás!!

Feliz día do libro!!

viernes, 22 de abril de 2022

Escritura rápida

 

 

 

 

Esta semana tivemos concurso de escritura rápida!!! Durante a hora de ler escribimos durante dez minutos a partir dunha frase. Seguro que saíron textos moi interesantes!! Grazas a todas e todos por participar!! A próxima semana teremos gañadores e gañadoras!!

jueves, 21 de abril de 2022

Florencio Delgado Gurriarán, O poeta que baila.


 
Hoxe cantamos, bailamos, falamos e recitamos a Florencio Delgado Gurriarán, O poeta que baila.
Aser, Laura e Sara, da produtora audiovisual Arraianos, veu gravar a Vila de Cruces recursos para un audiovisual sobre o poeta de Córgomo. Alegría e agradecemento.

miércoles, 20 de abril de 2022

Día de concienciación do TEA

O pasado 2 de abril conmemorouse o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, baixo o lema "Unha feliz viaxe pola vida".

No instituto, conscientes da importancia do respecto á diversidade e da súa visibilidade, decidimos aportar o noso gran de area mediante a creación dun quebracabezas xigante no que participaron todos os grupos das distintas etapas educativas.
Cada aula reflexionaron sobre a felicidade, debendo consensuar dous elementos representativos da felicidade para o grupo e plasmalos na nube correspondente, para despois xuntar ao mural. Como veredes, algunhas clases non foron quen de decidirse só por dúas cuestións e escolleron máis elementos no viaxe cara a felicidade. Esperamos que vos guste!.



martes, 19 de abril de 2022

Apadriñamento lector na Escola Infantil de Vila de Cruces


 Hoxe tivo lugar na Escola
Infantil de Vila de Cruces o apadriñamento lector que como cada ano fan as alumnas de 1º de TAPDS no alumnado de 1 e 2 anos.


domingo, 17 de abril de 2022

Son das Cruces: Sabrexo

 Guiados por Marcos, Yasmín e Daniel, percorremos as terras de  Sabrexo onde a parcelaria modificou corredorias e sobreirais, carballeiras e soutos. Grazas as entrevistas descrubrimos moitos datos e inda nos quedan moitos por descubrir. A pesar de todo non perdeu as súas fontes nin moitas das árbores xenlleiras das que podemos disfrutar a día de hoxe. Parroquia con Igrexa, Capela e cheminea de estilo Barroco e onde abunda cerramentos con cachotería ou sillares de pedra. Bo traballo.



domingo, 10 de abril de 2022

Presenza do IES Marco do Camballón no encontro "Regueibertso"

A Regueifesta en Euskal Herria, sementando alegría!!!
Corenta alumnas e alumnos dos institutos do Milladoiro e do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces están participando no encontro "Regueibertso" en Igorre, Biscaia, de improvisación oral en verso.
Regueifeiros de Galiza, glosadors Cataláns e bertsolaris vascos adolescentes reúnense neste encontro de dúas xornadas educativas.
A Regueifesta é un proxecto de innovación educativa que dende 2015 impulsa a regueifa como ferramenta para a normalización lingüística, a educación musical, a educación en valores como o feminismo e a autoxestión ou a transformación social.

jueves, 7 de abril de 2022

Equipo de mediación

Hoxe damos a coñecer algunhas das caras do  equipo de Mediación do centro. Fixeron unha reunión onde estiveron concretando algunhas actuacións que en próximas datas intentarán poñer en práctica ou darlle visibilidade.

 

 


 



martes, 5 de abril de 2022

Bolsas Solidarias


Na aula do alumnado, durante os recreos, as alumnas de TAPSD dirixirán un taller para

pintar bolsas de tea. Unha vez realizado o deseño, a bolsa quedará na biblioteca para facer unha

exposición e para vender logo esas bolsas.

O obxetivo final é vender o maior número de bolsas para recadar fondos para enviar a Ucranía en forma

dematerial sanitario.

Podes realizar tantas bolsas como desexes, para que a túa solidaridade chegue tan lonxe como desexes. A actividade dará comezo a volta da Semana Santa.

lunes, 4 de abril de 2022

Son das Cruces: Cumeiro

Na tarde de hoxe, os nosos guías de Cumeiro, alumnado de Relixión, acompañaron aos compañeiros e compañeiras de 1º de Bacharelato para facerlles unha visita guiada pola aldea de Cumeiro. Neste percorrido falaron da etimoloxía dos nomes que se empregan na parroquia, así como de muiños, fontes, as carballeiras, a Igrexa, o Cruceiro, o reloxo de sol, o castro, as festas e tamén falaron de persoas que destacaron e destacan como o canteiro D. José Taboada Sánchez e o escritor e xurista D. Alfredo García Ramos e o seu irmán D.
José deputado durante a II República.

 


 Ruta

Powered by Wikiloc