viernes, 25 de noviembre de 2022

25N


O largo da saia non di que si!! 

Hoxe, 25 N, o alumnado do primeiro curso de Soldadura asistiu á biblio para decorar as súas camisetas. O día 30 de Novembro terá lugar o acto de sensibilización sobre a violencia de xénero (hoxe non puido ser que estamos de exames😓). A primeira hora poñeremos as camisetas, ás 10:40 reunirémonos na entrada do centro (zona do parking) para asistir a unha performance a cargo do alumnado de Igualdade de Xénero. 
Remataremos o acto realizando unha coreografía sobre a canción Hay algo en mi de Miriam Rodríguez.

Dío como queiras...

 Baixo este lema quixemos concienciar aos nosos adolescentes da necesidade de denunciar calquera tipo de maltrato: físico, psicolóxico, sexual ou económico en non tolerar este tipo de situacións.

Que saiban diferenciar unha relación afectiva sana dunha relación basada no dominio e o control da parella, que poida desencadear en violencia.

Dío como queiras.... 



miércoles, 23 de noviembre de 2022

Papiroflexia


 Recordade que seguimos coa actividade de papiroflexia!! Todos os mércores durante o recreo na aula do alumnado!! Só tedes que traer gañas de aprender, o material o poñemos nós!!!

lunes, 21 de noviembre de 2022

Sensibilizar sobre a violencia de xénero


 Hoxe mostrámosvos un proxecto moi especial. O alumnado de 1º de FPB realizou, co seu profe de inglés Adrián, unha serie de actividades que tratan de sensibilizar sobre a violencia de xénero, no marco da celebración de 25N. Primeiro traballaron na aula ordinaria con diferentes fichas e despois graváronse na aula da radio. Incluíron unha entrevista, música de fondo e a lectura de frases célebres. Moi bo traballo

💜

viernes, 18 de noviembre de 2022

Encontro Escolar Provincial de Valadares


O Camballón, de aventura no Encontro Escolar Provincial de Valadares.
Fomos cantando no autobús e voltamos a cantar. Foi un día lindo, cheo de nervios, de choros, euforia, de festa e aprendizaxe. Regueifaron moi moi ben. 
Marta Iglesias chegou á final de catro regueifeiras e brillou por todos nós. 
Unha honra poder participar e vivir este encontro de regueifa.
Viva os regueifeiros do Camballón! 


Preparando o 25N

Aquí tedes unha pequena mostra do que estamos a facer para conmemorar o 25N.

jueves, 17 de noviembre de 2022

Postais de Nadal

 


 Un ano máis, e a poucos días para que dean comezo as festas de Nadal, o alumnado de 1º e 2º de ESO de Relixión, realizaron unhas postais navideñas que están expostas nos corredores do centro, aquí deixamos unha mostra do traballo que fixeron.




miércoles, 16 de noviembre de 2022

Visita de Anxos Sumai


 Hoxe visitounos Anxos Sumai, autora de novelas como Así nacen as baleas ou A lúa da colleita. Falou co alumnado de 2 de Bacharelato sobre a súa obra e o proceso creativo que segue para elaborar as personaxes. Tamén asistiu á radio para coñecer os proxectos que temos en marcha. Moitas grazas por vir, Anxos.





martes, 15 de noviembre de 2022

Facendo Ciencia

 Continuamos coa semana da ciencia observando mostras de auga estancada da nosa contorna. Nelas puidemos visualizar nos microscopios, os seres unicelulares movéndose libremente na auga colocada nos portaobxectos. O alumnado de 1º de ESO quedou impresionado coa cantidade de vida que hai nunha gota de auga.




Premio Prevención de Riscos laborais ergonómicos

As alumnas de primeiro curso do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia resultaron gañadoras do certame de video corto "FP: ¡Lidera la prevención!". Este concurso organizado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), en colaboración coa Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) ten como obxectivo promover unha cultura preventiva entre a poboación máis nova fronte aos riscos ergonómicos que poden causar trastornos muscoesqueléticos relacionados co traballo.

A través do vídeo titulado "a maxia da prevención" dannos 5 pequenos truco que podemos seguir para previr este tipo de lesións que son tan habituais en sectores como o sociosanitario dentro do que se engloba o ciclo.

Antía Martínez, alumna do ciclo, participou en representación da aula na xornada técnica organizada polo INSST que leva o nome "Los trastornos muscoesqueléticos en jóvenes desde la mirada de sus protagonistas ". A continuación deixámosvos o resumo da súa participación nesta xornada. Parabéns.





lunes, 14 de noviembre de 2022

Mes da ciencia

 Durante toda esta semana o alumnado de 1º ESO estivo facendo experimentos na aula e nos corredores. Estiveron traballando varios aspectos: Densidade, Capilaridade, tensión superficial e o ciclo da auga. Se non tivestes oportunidade de velos, esta semana volven a estar para mostrarnos estes sorprendentes experimentos.




sábado, 12 de noviembre de 2022

ENCANTADO DE COÑECERME


O alumnado de Formación Profesional Básica participa un ano máis no obradoiro de motivación "Encantado de coñecerme!". 

Durante varias xornadas, o alumnado do 1º curso de Servizos administrativos, aprendemos a coñecernos, valorarnos e a traballar de xeito colaborativo mediante vídeos, xogos e dinámicas moi entretidas.

Xa estamos no ecuador do obradoiro....Continuaremos en decembro!

viernes, 11 de noviembre de 2022

AS CARAS DO MALTRATO

Ao longo desta semana visitáronnos novamente dende Talentea para impartir, nesta ocasión, o obradoiro "As caras do maltrato", sobre prevención da violencia de xénero co alumnado máis novo, de 1º e 2º da ESO.

Aprendemos sobre xénero, roles, estereotipos e a súa presenza na linguaxe. De forma inconsciente asumimos determinados comportamentos como propios dun ou doutro xénero, como consecuencia do proceso de socialización diferencial, o que contribúe a reproducir a desigualdade entre os xéneros. Ser conscientes destas cuestións favorece unha vivencia libre de estereotipos, baseada no respecto e igualdade, o que contribúe á prevención da violencia de xénero.

Agradecemos a Lucía as aprendizaxes que nos transmitíu!



jueves, 10 de noviembre de 2022

Navega en Positivo

Hoxe tivo lugar a segunda sesión de Navega en Positivo co alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato,  onde Marc continua co obradoiro, desta volta centrándose na temática das redes dende unha perspectiva de xénero.


miércoles, 9 de noviembre de 2022

Preparando o 25N

 Xa estamos preparando unha parte do que se vai facer o 25 N que no noso centro terá lugar o 30 de novembro.



lunes, 7 de noviembre de 2022

Mes da Ciencia en Galego



Todo preparado para que arranque o mes da Ciencia no Camballón. Esperámosvos nos recreo no corredor, cunha chea de sorpresas!!



viernes, 4 de noviembre de 2022

Proxecto Universo. Palitroques

Palitroques, taller de arquitectura baseado nun sistema de barras e unións que permite unha montaxe fácil e rápida de estructuras xeométricas, formas e figuras en 2 D e 3D. O material está elaborado de maneira artesanal e con principios básicos de bioconstrucción. Componse de paus de madeira de pino pintados con ceras naturais e conectores son de silicona alimentaria. O alumnado de 4º de ESO asistiu hoxe a este interesante taller que relacionou as matemáticas, a arquitectura e a astronomía.








Somos noticia


Un día máis, os xornais, fanse eco da actividade que realizamos onte incluído no Proxecto Bosque do Camballón, se realiza en colaboración coa Asociación Peneirando o monte. Se queredes ler as noticias
aquí deixamos o enlace de La voz de Galicia e nesto outro Faro de Vigo. Agradecer o reportaxe fotográfico José Ramón Moire Silva.

jueves, 3 de noviembre de 2022

Xornada de plantación de árbores autóctonas. "O Bosque do Camballón"

 Xornada de plantación de árbores autóctonas enmarcada dentro do proxecto "O Bosque do Camballón". Plantáronse 35 árbores  de sete especies autóctonas. Estes foron bidueiros, olmos, pinos, carballos, sobreiras, aciñeiras e acivros. A actividade estivo amenizada pola  música e as regueifas do IES  e foi promovida pola Asociación "Peneirando o Monte"

Neira Vilas

 E tal día como hoxe, nace na casa do Romaño, en Gres, un rapaz de nome Xosé que sería un gran escritor do Concello das Cruces. 

Grazas a el coñecemos: Memorias dun neno labrego; Cartas a Lelo; Querido Tomás; Co pai; Contos de tres mundos; Espantallo amigo; De Gres a Cádiz;  O home de pau; Xente no Rodicio; A muller de ferro; Penúltimo dietario. Todos están na nosa biblioteca e como diría Pepe:

"Todo está en querer, a vontade e a forza de moitos, pode arrincarlle zume as pedras"

Querido Tomás: Xosé Neira Vilas