miércoles, 11 de marzo de 2020

Día da muller


Aquí tedes unha mostras das cousas que se fixeron no auditorio Xosé Casal no I Encontro Feminista organizado polo IES Marco do Camballón.



martes, 10 de marzo de 2020

Día da muller

Mañá no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces terá lugar un acto a partir das 12 da mañá onde se dará visibilidade ás mulleres da nosa contorna. No acto contaremos con: Elena Ferro, Pilar Vispo (A casa da Quenlla), Ana Rodríguez (compoñente de Leilía), Paula Rivela e Mónica González ( persoa do colectivo feminista de Lalín).








lunes, 9 de marzo de 2020

Premios cuñas radiofónicas

Este é o alumnado gañador no concurso das cuñas radiofónicas cuxo obxectivo era a visibilización da situación da desigualdade da muller en diversos ámbitos.
Parabéns!!

viernes, 6 de marzo de 2020

martes, 3 de marzo de 2020

Visita a Lugo

O pasado luns 2 de marzo o alumnado de Latín, Grego, Filosofía e FP Básica viaxou a Lugo onde levou a cabo varias actividades. Para comezar visitamos en Outeiro de Rei o CIAR (Centro de Investigación Aeroportada de Rozas), onde nos explicaron que é, dende cando existe e cal é a función dun centro pioneiro non só no Estado español senón tamén en Europa e que moi poucos coñecen.  O persoal do centro deunos todo tipo de explicacións sobre o seu funcionamento, amosáronnos as instalación nas que puidemos ver, ademais dalgúns avións non tripulados, tamén o motovelero Stemme e desveláronnos a existencia dun interesante ciclo formativo superior de mantemento aeromecánico que se pode cursar no CIFP As Mercedesen Lugo.
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/rozas-orgullo-lugo-nos-situara-epicentro-europa/202002211311051424550.html
Despois fomos ata o centro de Lugo para visitar no Antigo Cárcere a exposición sobre a Serie Amarilla do pintor ourensán Xaime Quessada. Nesta serie, o artista emprega como fío condutor a cor amarela para presentar dun xeito que sorprende ao espectador, inicialmente condicionado pola luminosa cor cara a unha temática amable, un conxunto de cadros onde se suceden distintos episodios de sufrimento humano como a represión da ditadura de Videla, o xenocidio da guerra dos Balcáns, os naufraxios de pateras no Mediterráneo ou a invasión de Irak. Ás emocións e sensacións que suscita a exposición, súmase o efecto de opresión que causa o feito de que as obras estean expostas en sucesivas celas do cárcere.

https://www.facebook.com/1657604821119097/posts/onte-o-alumnado-do-ies-marco-do-camballon-de-vila-de-cruces-disfrutou-da-visita-/2509610629251841/
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2509610629251841&id=1657604821119097

Finalmente, visitamos o Centro de Interpretación da Muralla onde por medio do visionamento de dous vídeos se nos informou da historia desta construción bimilenaria e de como a cidade de Lugo cubriu de libros unha muralla pero descubriu un Monumento Patrimonio da Humanidade, nun poético e exitoso exemplo de colaboración cidadá na procura dun ben común.