Mostrando entradas con la etiqueta Latín e Grego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Latín e Grego. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de febrero de 2022

As nosas alumnas gañan o concurso Odisea

 Antía Iglesias, Alicia López e Laura Vila, alumnas de Latín e Cultura Clásica de 4º de ESO veñen de proclamarse campioas de Galicia no concurso Odisea.

o mércores 16 de febreiro competirán na fase estatal do concurso.
Macte virtute! Di bene vortant!


martes, 8 de febrero de 2022

Concurso Odisea

Ars gratia artis reza o lema do concurso Odisea deste 2022. Arte por amor á arte é a filosofía que nos impulsa a quen amamos o mundo clásico nestes tempos de risco de afundimento das humanidades. E con amor e con arte non só non afundiron senón que chegaron a moi bo porto os 7 equipos que este ano representaron ao Camballón neste xa veterano concurso:As Venus, Lulaya, Χάριτες, Aiampa, Basajaun, Patroclo e Selene. Parabéns a todas e todos, foi un gozo vervos traballar arreo sen defalecer. E moitas felicidades a As Venus que obtiveron a máxima puntuación co segundo mellor tempo dos 197 equipos galegos concursantes e pasan á fase de desempate que se celebrará o vindeiro mércores 9 de febreiro.

Quod bonum, faustum, felix fortunatumque sit!

 O concurso está bastante igualdado, ahí tedes As venus loitando....💪



lunes, 31 de enero de 2022

Concurso Odisea


 

 Un curso máis o noso alumnado participa

na décimo sétima edición do concurso Odisea. As preguntas que se fan cínguense ao currículo  de Cultura Clásica, Latín e Grego.





 

Estes quen serán que ao concurso acoden?

A onde levades ese portátil co seu cargador,

eses portos USB, eses libros cheos de tarxetas separadoras?

Cantas escolas están revolucionadas

con alumnos investigadores esta sacra mañá?

Oh instituto, os teus corredores énchense de mozos

que acoden á pescuda, á sala de computadores

cargados con mochilas,

levando as súas libretas, os seus bolígrafos e a súa ilusión.

Que fermosa imaxe digna dun Fidias do século XXI

que inmortalizase nun friso os vosos xestos,

os vosos pasos decididos!

Cando a nosa xeración destrúa o tempo

permaneceríades, entre penas distintas

das nosas, inmortalizados en pedra dicindo:

"A beleza é verdade e a verdade beleza"... Nada máis

se sabe nesta terra e nada máis fai falta.

De todo isto non quedará unha obra en pedra,

pero sí, como a copa de Fidias achada en Olimpia,

un detalle emocionante lembrará o que traballamos.


 

 

 



martes, 3 de marzo de 2020

Visita a Lugo

O pasado luns 2 de marzo o alumnado de Latín, Grego, Filosofía e FP Básica viaxou a Lugo onde levou a cabo varias actividades. Para comezar visitamos en Outeiro de Rei o CIAR (Centro de Investigación Aeroportada de Rozas), onde nos explicaron que é, dende cando existe e cal é a función dun centro pioneiro non só no Estado español senón tamén en Europa e que moi poucos coñecen.  O persoal do centro deunos todo tipo de explicacións sobre o seu funcionamento, amosáronnos as instalación nas que puidemos ver, ademais dalgúns avións non tripulados, tamén o motovelero Stemme e desveláronnos a existencia dun interesante ciclo formativo superior de mantemento aeromecánico que se pode cursar no CIFP As Mercedesen Lugo.
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/rozas-orgullo-lugo-nos-situara-epicentro-europa/202002211311051424550.html
Despois fomos ata o centro de Lugo para visitar no Antigo Cárcere a exposición sobre a Serie Amarilla do pintor ourensán Xaime Quessada. Nesta serie, o artista emprega como fío condutor a cor amarela para presentar dun xeito que sorprende ao espectador, inicialmente condicionado pola luminosa cor cara a unha temática amable, un conxunto de cadros onde se suceden distintos episodios de sufrimento humano como a represión da ditadura de Videla, o xenocidio da guerra dos Balcáns, os naufraxios de pateras no Mediterráneo ou a invasión de Irak. Ás emocións e sensacións que suscita a exposición, súmase o efecto de opresión que causa o feito de que as obras estean expostas en sucesivas celas do cárcere.

https://www.facebook.com/1657604821119097/posts/onte-o-alumnado-do-ies-marco-do-camballon-de-vila-de-cruces-disfrutou-da-visita-/2509610629251841/
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2509610629251841&id=1657604821119097

Finalmente, visitamos o Centro de Interpretación da Muralla onde por medio do visionamento de dous vídeos se nos informou da historia desta construción bimilenaria e de como a cidade de Lugo cubriu de libros unha muralla pero descubriu un Monumento Patrimonio da Humanidade, nun poético e exitoso exemplo de colaboración cidadá na procura dun ben común.

martes, 26 de marzo de 2019

Representación da Cistellaria de Plauto



Este luns 25 de marzo, as alumnas e alumnos de Latín, Grego e Artes Escénicas do IES "Marco do Camballón" fixemos unha excursión a Ourense para asistir á representación da Cistellaria de Plauto a cargo de SV Producciones. Despois dun breve paseo polo casco antigo da cidade, dirixímonos, gozando dunha temperatura e un ceo espléndidos, ao Auditorio Municipal, onde coincidimos con centos de alumnas e alumnos doutros centros de ensino secundario de Galicia. A obra non defraudou e a vis comica de Plauto espertou as gargalladas dun público entregado 2200 anos despois da estrea da obra. Teresa Amado, organizadora deste evento, emprazounos para o vindeiro ano no que se celebrarán os primeiros 20 de existencia do Festival de Teatro Clásico de Lugo. Parabéns pola efeméride, intentaremos formar parte dela.


sábado, 18 de marzo de 2017

Recollida do Premio Odisea e visita a Ourense



O xoves pasado (16-III-2017), fomos de viaxe a Ourense o alumnado de Relixión e de Latín de 3º e 4º de ESO e de 2º de BACH e o de 1º de TAPSD. Unha vez na cidade das Burgas, dividímonos en dous grupo e, o alumnado de Relixión e Latín fixemos a ruta As orixes de Ourense que parte do castro de Santomé, asentamento inicial da cidade, pasando pola ponte romana ate chegar ás Burgas onde contemplamos a reprodución da estela que Calpurnia, a primeira ourensá da que coñecemos o nome, dedicou ás ninfas da fonte. Ao longo de todo o traxecto gozamos dun ceo limpo e brillante, das explicacións claras e oportunas de Begoña, a nosa guía, e, no castro, da grata compañía do labrador Mallo, que fixo as delicias de boa parte do grupo. Despois fomos comer ao centro comercial Ponte Vella onde nos atopamos de novo co alumnado de TAPSD. Despois de comer e descansar un anaco, paseamos ata o Auditorio Municipal para asistirmos á representación da comedia de Plauto Pseudolus, adaptada e levada á escena polo grupo de teatro escolar Noite Bohemia. Pero iso non foi todo: antes de comezar a representación, o equipo "Os Espartanos"  (Isaac Datorre e Diego Asorey de 3º ESO) recolleu o Segundo Premio do Concurso Odisea 2017. Un día moi completo. O alumnado de TAPSD visitou o centro integral de atención Aixiña, onde puideron visitar os diferentes recursos sociais e asistenciais da entidade e o centro especial de emprego.



miércoles, 15 de febrero de 2017

Concurso Odisea


Dos 309 equipos galegos que participaron no concurso Odisea, dous do noso centro quedaron na primeira posición: Os espartanos e Os poderosos. Pero aos demais non lles foi mal, quedaron nos postos 10, 12, 14, 92 e 229.

Parabéns a tod@s, bo traballo!!!

Este mércores Os Espartanos librarán a batalla polo podio con outros catro equipos de Valga, Chantada, Muros e Ferrol.
Que atenea e Minerva lles sexan favorables!



domingo, 5 de febrero de 2017

Odyssea Certamen


Hoc anno MMXVII, a die Lunae postridie Nonas Februarias usque ad diem Iovis ante diem V Idus Februarias, septem turmae discipularum et discipulorum linguae Latinae et Humanitatis Classicae Lycei "Marco do Camballón" aderunt in certamine optimo Odyssea quod de rei publicae administrandae rationibus apud veteres Romanos Graecosque aget.

Nomina turmarum sunt:
CERBERUS
Aarón Senande Alonso, David Quintela Pérez, Adrián García Torres
 (3º ESO)
DÉDALO
Margarita Rey Cea, Rubén López García (3º ESO)
OS ESPARTANOS
Diego Asorey Carreira, Isaac Nicolás Datorre Espigó (3º ESO)
EL_DIEGUS
Manuel Taboada González, Adrián Iglesias Vázquez (4º ESO)
IX HISPANA
Carme María Pampín Torres , Roi Guzmán Gómez, ÁLvaro Rey Silva (4º ESO)
LOCOS AGUSTI
Jesús Calviño Ruiz, Rosalía Puga Méndez, Sonia Ares Prieto (4º ESO)
OS PODEROSOS
Nerea Ferreiro Leiro, Óscar González Pena, María Seijo Delgado (4º ESO)
Athenam Minervamque obtestor,
ut hoc iter vobis prospere bene feliciterque eveniat!

Sint nobis laeti dies navigationis!!!