
Este luns 25 de marzo, as alumnas e alumnos de Latín, Grego e Artes
Escénicas do IES "Marco do Camballón" fixemos unha excursión a Ourense
para asistir á representación da Cistellaria de Plauto a cargo de
SV Producciones.
Despois dun breve paseo polo casco antigo da cidade, dirixímonos,
gozando dunha temperatura e un ceo espléndidos, ao Auditorio Municipal,
onde coincidimos con centos de alumnas e alumnos doutros centros de
ensino secundario de Galicia. A obra non defraudou e a
vis comica
de Plauto espertou as gargalladas dun público entregado 2200 anos
despois da estrea da obra. Teresa Amado, organizadora deste evento,
emprazounos para o vindeiro ano no que se celebrarán os primeiros 20 de
existencia do Festival de Teatro Clásico de Lugo. Parabéns pola
efeméride, intentaremos formar parte dela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario