jueves, 4 de junio de 2026

Escritoras coetáneas de Rosalía de Castro

 "ESCRITORAS COETÁNEAS DE ROSALIA DE CASTRO" é o título da exposición dos  traballos do alumnado de 3° ESO sobre a brillante xeración de escritoras do S.XIX.

Mulleres que, coma Rosalía de Castro, romperon barreiras creativas e tamén sociais: as irmás Brontë, Emilia Pardo Bazán, George Sand, Carolina Coronado, Jane Austen, Emily Dickinson...e moitas outras coas que a nosa poeta máis universal compartiu retos e loitas.







miércoles, 3 de junio de 2026

Eclipse Solar

 Hoxe o IES Marco do Camballón contou coa visita do astrofísico Eduardo Ojero Pascual, que impartiu unha interesante charla ao alumnado de 1º da ESO e 1º de Bacharelato. Durante a sesión, explicou diferentes aspectos do Sistema Solar e achegou curiosidades sobre os seus corpos celestes. Tamén dedicou unha parte da intervención ao eclipse solar que terá lugar o vindeiro 12 de agosto, explicando as súas características e a mellor maneira de observalo con seguridade. O alumnado participou con interese e puido resolver dúbidas sobre este fenómeno astronómico. A actividade resultou moi enriquecedora e contribuíu a espertar o interese pola ciencia e a astronomía. 



Desde o IES Marco do Camballón queremos agradecerlle a Eduardo a súa disposición e colaboración, así como a súa capacidade para achegar o coñecemento científico ao noso alumnado dunha forma amena e motivadora.