miércoles, 27 de febrero de 2019

Taller de afectividade e autoestima

O alumnado de segundo estiveron onte co equipo de arteexpresate(Geles e Rebeca) na última sesión sobre afectividade e autoestima co grupo.
Desta volta e a través do rol playing o alumnafo analizou os mitos do amor romántico e fixo unha aposta polo valor único de cada persoa.

Taller de afectividade

O martes 26 de febrero levouse a cabo a segunda xornada de formación sobre afectividade e autoestima para segundo de ESO. Desta volta analizaron os estereotipos de xénero e como afectan non desenvolvmento da nosa autoestima.

martes, 26 de febrero de 2019

Pinto de Herbón en Vila de Cruces




Pinto de Herbón,  estivo no Marco do Camballón  aprendendo a regueifar ao alumnado de 1° da ESO.

lunes, 25 de febrero de 2019

Concerto Panxea

O venres 22 de febreiro o alumnado de 2º e 3º de ESO asistíu a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia. O concerto titulábase Panxea e nel o mestre Abraham Cupeiro mostrou distintos instrumentos que foi coñecendo durante as súas viaxes arredor do mundo.
Antes de entrar fixeron unha visita guiada á exposición Deseño Galego no Século XX.
Para rematar asistiron á exposición Castelao Maxistral, no Gaiás, que foi explicada polo profesor Sèchu Sende.


viernes, 22 de febrero de 2019

Salomé: III CONGRESO NOSA


O pasado 11 de febreiro, o IES Marco do Camballón participou no III Congreso NOSA, celebrado no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros. Neste congreso presentáronse varias comunicacións que analizaban os datos do voo da cápsula MarumaSat III, lanzada o pasado mes de maio. 
Alén diso, o acto constituíu o primeiro encontro cos nosos centros incorporados ao proxecto. Neste momento, a NOSA está formada por seis centros públicos galegos: IES Maruxa Mallo, IES Miraflores, IES Xelmírez II, IES Ferrol Vello, CPI O Cruce e IES Marco do Camballón. 
Na xornada presentouse a páxina web da NOSA (www.nosa.gal) e contouse coa presenza da escritora e profesora Marilar Aleixandre, que ofreceu unha conferencia sobre pensamento crítico no eido das ciencias.

miércoles, 20 de febrero de 2019

III Encontro de entroido

Hoxe tivo lugar no auditorio Xosé Casal o III Encontro de Entroido intercentros no que participaron CEIP Cerdeiriñas, que foi o organizador do evento, CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira, CEIP Nosa Señora da Piedade, CEIP de Merza e o IES Marco do Camballón. Nesta edición había como novidade as Parrandas e Rumbas ademáis do Alto dos Xenerais e dos Mouros. Tamén actu


viernes, 15 de febrero de 2019

Quero cantar

O concurso "Quero cantar"está a ser unha experiencia única. Aquí tedes a fotos de Noa e do grupo enxebres, a gravar, para o CD "Quero cantar" no estudo de gravación do concello de Arzúa, con Paco Cerdeiras. Parabéns