viernes, 30 de abril de 2021

Mediación

Esta semana o alumnado 1º de ESO estivo traballando a importancia do traballo en equipo, a escoita activa e respecto. É moi importante  para o benestar físico, mental e social.


Mediación20210430 - Kizoa Movie Maker

jueves, 29 de abril de 2021

Postura corporal

 Durante esta semana, o noso alumnado tivo  un taller co obxectivo de cambiar as creencias sobre a postura corporal, rompendo falsos mitos e facendo conscientes ós alumnos da importancia da actividade física diaria.

Na ESO foi impartido por Sandra Pena, profesora do centro e no Bacharelato Fátima Fontenla, vogal do Colexio Oficial de fisioterapeutas de Galicia  vía streaming.



 

miércoles, 28 de abril de 2021

Decalcomonias

 

 

Xa chegaron as decalcomonías ao Instituto, se queredes podedes pedilas.

lunes, 26 de abril de 2021

Concurso de Escritura rápida


 Estes son os  textos seleccionados para o concurso de escritura rápida.


 
 
 Os premiados son:
- "Un lugar para perderse"- Nuria 4º ESO
- "Libro favorito"- Anxo 1º ESO
- "Que pasou despois"- Victoria 1º ESO
- "14 de marzo de 2020"- Vanessa 1º TAPSD

viernes, 23 de abril de 2021

Día do Libro

 
 
Este ano no Marco do Camballón fixemos un concurso de escritura rápida para conmemorar o día do libro e o resultado foi sorprendente. Durante a semana pasada foronse propuxendo diversos temas sobre os que escribir: un lugar para perderse, o teu libro favorito, o que pasou despois e 14 de marzo do 2021.                                                                   O volume de producción foi moito e moi diverso polo que o xurado tivo que facer unha selección relatos por temática proposta.
Estes son algúns dos finalistas desta convocatoria, que hoxe tiveron unha xuntanza co equipo de biblioteca e recibir un pequeno agasallo.

Moitas grazas a todos por participar nesta inicitiva da biblioteca.

jueves, 15 de abril de 2021

Programa sobre o autocoidado

 

 Hoxe tivo lugar un programa de Radio elaborado polo alumnado de 1º de ciclo medio
de APSD en colaboración coa súa profesora Montserrat Sanmartín tratando a temática do autocoidado.

Para escoitalo pincha aquí.

miércoles, 14 de abril de 2021

Visita de Cristina Gende e Consuelo Souto

Esta tarde tivemos a sorte de poder contar coa presenza de dúas poetisas do noso Concello para falarnos dos seus poemarios, algúns publicados ( exemplares que hai na nosa biblioteca) e outros a piques de saír a luz. Moitas grazas por compartir e deixar  aflorar tantas ideas e inquietudes.

 

lunes, 12 de abril de 2021

Xornada de nutrición


 Hoxe estivo no centro unha ex- alumnada Uxía González que é nutricionista e falou co alumnado do centro sobre a importancia que ten levar unha alimentación saudable.