martes, 10 de noviembre de 2026

Unha nova aventura na biblioteca: os ciclos tamén aceptan o reto!

Con motivo do Día das Bibliotecas, o alumnado dos ciclos formativos de Atención á Dependencia e Soldadura participou na formación de usuarios dunha maneira diferente e divertida: a través dun scape room protagonizado por detectives, gardiáns, descubridores e navegantes.

Seguindo pistas e resolvendo enigmas, descubriron como funciona a biblioteca e os recursos que ofrece, nunha aventura na que a curiosidade e o traballo en equipo foron fundamentais.

Porque a biblioteca é moito máis ca un lugar onde atopar libros: é un espazo para aprender, compartir e medrar.

Ler aliméntanos, esperta a nosa curiosidade e axúdanos a descubrir o mundo. Sigamos abrindo libros e novas portas ao coñecemento!



lunes, 9 de noviembre de 2026

O magosto foi un éxito

 Que ben o pasamos o venres no IES! O tempo dedicado aos xogos pasou voando entre risas, diversión e momentos compartidos. E as castañas… estaban boísimas! 

Foi unha xornada chea de alegría, compañeirismo e ganas de participar, na que todos e todas puxemos o noso gran de area para que saíse tan ben.

Aquí vos deixamos unha imaxe dalgúns dos momentos vividos nesta xornada tan especial. 

Grazas a todas as persoas que participastes e fixestes posible este día! Ata o próximo magosto! 







viernes, 6 de noviembre de 2026

Xogos e castañas

 Hoxe o ximnasio do IES vaise encher de enerxía, risas, emoción e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben!

Celebramos o noso magosto dunha maneira moi especial: con xogos, retos e actividades para compartir, cooperar e desfrutar xuntos. 

Os grupos xa están preparados e a expectación é máxima… 👀 A que nos tocará xogar? Cal será o primeiro reto? Quen conseguirá sorprendernos?

Hai nervios, curiosidade e moitas ganas de descubrir as propostas que agardan por nós. Porque o importante non será gañar, senón participar, colaborar, rir e crear bos recordos entre compañeiros e compañeiras.

Castañas, xogos e diversión: a combinación perfecta para celebrar o outono no noso IES!

Que comece a festa! Que hoxe o ximnasio sexa o escenario das nosas mellores xogadas!

martes, 3 de noviembre de 2026

Novidades para este frío

 Se estás buscando unha nova lectura para estes días fríos, cando apetece quedar na casa cunha manta e un bo libro, este é o momento perfecto para achegarse a biblioteca. Temos novidades!!


Ven a visitarnos, consulta as novidade e déixate sorprender polo teu próximo libro, porque cada libro é unha porta aberta a un novo mundo. 

Agardámoste na biblioteca

viernes, 30 de octubre de 2026

Unha ronda do séptimo arte: " La bola negra"

 Xoves 29 de outubro, nove menos cindo da mañá, o autobús agarda polos derradeiros un ou dous rezagados do alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato, para dirixirmos á capital galega co obxectivo de ver a peli española do momento.

Estamos chegando ó centro de Santiago, tralas pertinentes indicacións da profesora organizadora da actividade, baixamos preto do casco histórico, e poucos pasos despois mediante unha galería alcanzamos a sala onde vai ter lugar o evento. Unha pequena introdución das humildes características da empresa e da obra, realizada amablemente polo persoal do lugar, precede ó visionado do filme. 

Un producto de ficción froito dun traballo moi riguroso de documentación e de arte, aínda que con persoas reais e acontecementos históricos que se entremezclan, xunto cunha excelente fotografía e banda sonora estremecedora, envolve ó espectador en torno a tres liñas argumentais cun, canto menos notable común denominador, quen sabe se máis. Esa información queda relegada a futuros espectadores e espectadoras, por aquelo de non facer spoiler.

Unha produción na que se reflexa drama, literatura, historia, incluso con algún pequeno toque humorístico, e que representou e segue representando o cine español alén das nosas fronteiras, sendo canto menos, didáctica e moi digna de ver.

É preciso destacar ó impecable comportamento do alumnado na actividade extraescolar, tanto durante o visionado do filme como antes e despois. Así dá gusto levalos a estas actividades. 


jueves, 29 de octubre de 2026

Quen está detrás dos grandes descubrimentos científicos?

 Coa mirada posta na próxima celebración do Mes da Ciencia, o alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato púxose na pel de pequenos investigadores e investigadoras para descubrir a vida e o traballo de grandes científicos e científicas, así como as súas achegas á sociedade.


E a actualidade púxonolo aínda máis doado! A coincidencia da actividade coa entrega dos premios Nobel de 2026 espertou a curiosidade do alumnado e animou algúns estudantes a investigar sobre estes prestixiosos galardóns, incluíndo entre os seus traballos un dos premios concedidos nesta edición.