Mostrando entradas con la etiqueta FpBásica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FpBásica. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de febrero de 2026

Visita a Innovart26

 

O alumnado de FP e de 4°ESO visitou Innovart26 na Cidade da Cultura para coñecer as ensinanzas de FP de réxime especial que se ofertan en Galícia. 


Nesta visita o alumnado tivo ocasión de participar en diversos obradoiros tales como restauración de obras de arte, creación de colgantes con arxila, escritura en chino ou campeonato de fútbol entre outras.


martes, 20 de enero de 2026

Apoio emocional e habilidades sociais



Da man da psicóloga Adriana Rodríguez traballamos a educación emocional e habilidades sociais co alumnado de 3º ESO, 4º ESO, 1º CM Soldadura e FP Básica, ao longo de varias sesións. Aquí podedes ver fotos dos obradoiros.


lunes, 12 de enero de 2026

Sen consentimento, é delito? Imaxes e violencia dixital

 

Participamos na actividade “Sen consentimento, é delito? Imaxes e violencia dixital”, impartida por unha docente da UDC especializada en dereito penal. A profesora dialoga co alumnado de formación profesional sobre a captación, manipulación e difusión de imaxes íntimas sen consentimento, o que na maior parte dos casos constitúe un delito.




Na sesión, abórdase termos como deepfake, cyberflashing, sextorsión, upskirting...promovendo a concienciación do alumnado sobre a gravidade da violencia sexual baseada en imaxes e a súa prevención.


miércoles, 19 de marzo de 2025

Prevención de drogodependencias


Abordarmos co alumnado de Formación Profesional Básica a prevención de drogodependencias, a través do obradoiro impartido por Ramón Molina, educador social de Arelar Xestión Socioeducativa. 

Unha boa autoestima, coñecer os factores de risco e protección fronte aos consumos e tomar conciencia dos mesmos, así como a adquisición e entrenamento en habilidades sociais que permitan afrontar a presión do grupo, son fundamentais de cara a prevención e toma de decisións adecuada na adolescencia. Ademais disto, falamos do uso e abuso de susbstancias, como pasos previos á adicción, así como os efectos e consecuencias das mesmas.

Non cabe dúbida que o consumo de drogas leva consigo consecuencias indesexadas, sendo clave saber dicir NON, abogando por un tempo de ocio saudable. 

martes, 25 de febrero de 2025

Visita a Fundación Laboral da Construcción

 O pasado mércores, o alumnado de 4º ESO e FP Básica visitou a Fundación Laboral da Construcción en Santiago de Compostela. Durante a visita, puidemos recorrer as súas instalacións e coñecer máis de preto a oferta formativa do centro especializada nas distintas áreas que forman parte do sector da construcción: albanelería, soldadura, electricidade, instalación de paneis solares...Unha visita moi interesante para coñecer as oportunidades de formación e emprego que ofrece este sector.

jueves, 19 de diciembre de 2024

Agresión e violencia sexual


A piques de rematar o trimestre, o alumnado de 4º ESO e FPB asistiu a unha charla impartida por Angélica Mercado, especialista en estudos de xénero e políticas de igualdade. Na actividade estimulouse a reflexión sobre o bo trato nas relacións para identificar violencias sexuais, evitar agresións e incidir nunha educación afectivo-sexual alternativa á pornografía. 

miércoles, 29 de mayo de 2024

Prevención de adiccións. Proxecto Home


Dende Proxecto Home informan ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO e 1º FPB sobre as adiccións, co

obxectivo de informar e previr as mesmas.

Que son as drogas, tipos, efectos e consecuencias son algunhas das cuestións que se abordaron nas sesións, concienciando ao alumando da importancia de tomar decisións adecuadas e saber dicir que NON. No caso de 2º ESO e FPB, as sesións centráronse tamén na prevención de adiccións sen substancia (adicción ao móbil, videoxogos, apostas....), pois son tan dañinas como aquelas nas que se inxiren substancias e tamén requiren de tratamento.

O alumnado participou de forma activa nas distintas sesións, nas que se pretende, entre outras cuestións, favorecer o pensamento crítico e o ocio saudable.


miércoles, 17 de abril de 2024

Chicas Nuevas 24 horas



O noso centro alberga ata o día 30 de abril a exposición "Chivas nuevas 24 horas", que denuncia a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. No marco desta exposición, o alumnado de 4º ESO, Formación Profesional Básica, ciclos medios de Soldadura e caldeiraría e Atención a persoas en situación de dependencia, así como alumnado do proxecto de Igualdade de xénero de 3º ESO, tiveron a oportunidade de acudir a unha actividade didáctica arredor da mesma. Presentada a exposición fotográfica por unha experta na materia, puideron visualizar o documental do mesmo nome dirixido pola actriz, documentalista e directora Mabel Lozano, así como participar nun taller sobre o visto e traballado anteriormente.

Trátase dunha actividade educativa e de concienciación social, da que se fixo eco a sección comarcal do Faro de Vigo, dada a súa relevancia e interese pública.  
Aquí pódese ver as fotos da xornada didáctica, agradecendo ao Concello de Vila de Cruces que a fixera posible.
 

jueves, 11 de abril de 2024

Prevención de delitos sexuais

 No marco do Plan director, unha axente da Garda Civil informa ao alumnado de 2º ESO e FPB sobre a prevención de delitos sexuais, aparellados en multitude de ocasións ao uso inadecuado de internet e redes sociais.

Sexting, grooming, sextorsión....son cuestións que se abordaron na sesión, concluíndo a importancia de facer un uso responsable e reflexivo das redes, que garantan a seguridade e integridade persoal. 



miércoles, 10 de abril de 2024

Obradoiro de educación afectivo-sexual

 


Un curso máis, o alumnado de 3º ESO e 1º FPB participaron no obradoiro de sexualidade impartido por persoal especializado do centro Quérote Máis. Deste xeito, completamos o traballo que se está a levar a cabo ao longo do curso no Plan Proxecta Q+.



viernes, 22 de marzo de 2024

"Quérote Máis"


 Plan Proxecta Quérote Máis. Continuamos!


Desta volta deixamos un resumo do traballo efectuado no 2º trimestre co alumnado de 3º ESO e FPB no marco do programa de educación afectivo-sexual "Quérote Máis". 

Tras rematar algunha tarefa pendente...adentrámonos na diversidade afectivo-sexual! Na presentación que se xunta no enlace, podedes consultar as obras que realizou o alumnado, a fin de promover o respecto cara as distintas identidades e orientacións sexuais. 

Pero non só iso...Tamén tivemos tempo para investigar sobre o amor romántico e detectar os mesmos na música, literatura, publicidade...

Finalmente, abordamos a importancia da prevención. O alumnado descubríu a través de variadas metodoloxías e actividades os distintos métodos anticonceptivos e o seu papel na prevención de embarazos non desexados e ETS. Foron varias sesións interesantes nas que dialogamos sobre as preocupacións e dúbidas adolescentes, achegándonos tamén á regulación legal da IVE no noso país. 

Premendo nesta presentación podedes ver un resumo do traballado en imaxes.

jueves, 18 de enero de 2024

Obradoiro de Motivación e Autoestima




Ao longo de varias sesións, o alumnado de Formación Profesional Básica desfrutou dun obradoiro de motivación e autoestima, adquirindo aprendizaxes intrapersoais e interpersoais mediante dinámicas e xogos educativos. Foron unhas sesións moi produtivas e amenas, nas que a reflexión final é que podemos conseguir grandes logros, sempre que nolo propoñamos e nos esforcemos por alcanzalos!


viernes, 10 de febrero de 2023

Plan de Prevención Drogas e Alcohol



Rematamos coas charlas do Plan Director, impartidas pola Garda Civil no noso centro no segundo trimestre. Desta volta, pechamos coas charlas de prevención no consumo de drogas e alcohol impartidas ao alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Formación Profesional Básica. Na adolescencia prodúcense cambios importantes no alumnado, propios da etapa vital que atravesan: egocentrismo, invulneravilidade, o sentido crítico, a identificación cos iguais e a importancia da pertenza ao grupo...Nestas circunstancias, entre outras cousas, o alumnado precisa de información veraz e modelos de identificación positivos que incentiven a responsabilidade cara o o ocio saudable, evitando que asuman riscos ou condutas perxudiciais. En definitiva, trátase de promover unha correcta toma de decisións a través do coñecemento do risco do consumo de certas substancias nocivas para a saúde.

Risco en Internet



O mércores 8 de febreiro recibimos a visita da Garda Civil, que nesta ocasión e no marco do Plan Director, falaron co alumnado de 1º ESO, 2º ESO e Formación Profesional Básica sobre os riscos de internet (ciberacoso, sexting, grooming, importancia da privacidade na rede....).Se ben as novas tecnoloxías e redes sociais teñen aspectos positivos, tamén é certo que é conveniente coñecer os seus riscos para poder evitalos e movernos de forma segura no entorno virtual.

jueves, 11 de noviembre de 2021

Fundación Laboral da Construción

 

O alumnado de FPBásica e Soldadura visitou a Fundación Laboral da Construción. Puidéronse ver os diferentes talleres para a formación no ámbito da construción, saída laboral que está moi en auxe actualmente. Ademáis da formación, as instalacións son unha antiga cortidoría rehabilitada.


20211110 fundacion laboral - Kizoa Movie Maker