Mostrando entradas con la etiqueta Soldadura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Soldadura. Mostrar todas las entradas
jueves, 23 de octubre de 2025
Masculinidade en prol da igualdade
Continuamos a traballar en materia de igualdade, desta volta, reflexionando sobre os estereotipos e roles de xénero cos alumnos do 1º curso do ciclo medio de soldadura e caldeiraría. Entre outras cuestións, falamos da influenza da socialización diferencial na construción do xénero, de conciliación e corresponsabilidade. Porque a masculinidade non está reñida coa igualdade.
Etiquetas:
Igualdade,
Masculinidade en prol da igualdade,
Orientación,
Solca,
Soldadura
viernes, 31 de enero de 2025
En SolCa tamén se fan bolígrafos
Para que vexades que en SolCa se fan cousa interesantes, ensínamosvos este bolígrafo feito cun tornillo de aceiro inoxidable. A tapa está feita de tuerca cega soldad a outra normal.
A funda está torneada nun tubo de inox, pra que encaixe a tapa. Todo está tratado con calor dun soplete, xa que este material oxidándose en distintas cores segundo o rango de temperatura. Créase unha capa de óxido estable coloreado de marrón claro a azul claro
sábado, 13 de enero de 2024
Reutilizar materiais

jueves, 13 de abril de 2023
Asistencia á II Mostra de Orientación de A Estrada
Etiquetas:
Mostra de Orientación de A Estrada,
Soldadura,
TAPSD
lunes, 20 de marzo de 2023
Día de Cine
Hoxe fomos
Hoxe fomos ao cine!! O alumnado de 1° de Bacharelato e dos ciclos de Dependencia e Soldadura visionou o filme As bestas na sala NUMAX. O largometraxe, dirixido por Rodrigo Sorogoyen, está centrado na vida de Antoine e Olga, unha parella francesa instalada nunha aldea do interior de Galicia, e inspirado nun suceso real ocorrido en 2010 en Santoalla (Ourense). As relacións cos veciños, dentro da parella e entre pais e fillos son algúns dos temas tratados no filme que comentaremos na aula. Impactante e moi recomendable!!miércoles, 1 de diciembre de 2021
Creatividade no corredor
jueves, 11 de noviembre de 2021
Fundación Laboral da Construción
O alumnado de FPBásica e Soldadura visitou a Fundación Laboral da Construción. Puidéronse ver os diferentes talleres para a formación no ámbito da construción, saída laboral que está moi en auxe actualmente. Ademáis da formación, as instalacións son unha antiga cortidoría rehabilitada.
20211110 fundacion laboral - Kizoa Movie Maker
Etiquetas:
FpBásica,
Fundación Laboral da Construción,
Soldadura
jueves, 7 de octubre de 2021
Segundo premio nos Skills
Noraboa Nico, alumno do ciclo de SOLCA que acadou o segundo premio nos Skills 2021 en Vigo.
Parabéns!!
miércoles, 29 de enero de 2020
Visita a industrias Guerra
Os alumnos e segundo do ciclo visitaron a empresa de Guerra, donde se fabrican grúas forestales para camiones, e marinas para barcos, etc. Estiven castro horas de visita muy bien atendidos por las distintas personas que trabajan en los departamentos. Tienen zona de caldereria, de soldadura robótizada, manual, zona de montaje, de corte plasma y gas, de hidráulica. Y los departamentos de desarrollo en i+d+i, y control de calidad.
viernes, 30 de noviembre de 2018
Galicia Skills 2018
O alumnado do Camballón xunto a máis 130 concursantes máis estiveron no pavillón número 2 de Silleda para participar no Skills 2018. Durante o mércores e a mañá do xoves fixeron exercicios prácticos. Competiron seis alumnos dos institutos e CIFP de Vigo, Santiago, a Coruña, Valga e Vila de Cruces. Na primeira proba tiñan que realizar e colocar unha soldadura en chapa e aceiro ao carbono en 5 posicións distintas a partir dun plano con simbolización da soldadura a realizar. Na segunda, realizada o xoves, tiñan que realizar tes soldaduras en tubo de aceiro carbono de 4mm de espesor. Durante máis de 14 horas os cinco alumnos e unha alumna traballaron a reo e Daniel Puga, do Marco do Camballón, acadou o segundo premio.
Parabéns!
miércoles, 7 de junio de 2017
Proxecto arteferro
Por segundo ano consecutivo a alumnado do ciclo medio de Soldadura e Caldereiría crearon este caderno de actividades poñendo en práctica todos os contidos dos diferentes módulos formativos que compoñen dito ciclo. Realizaron traballos de soldadura nas distintas posicións ( plano,vertical, cornisa e teito) e cos distintos métodos de soldeo (soldadura oxigas, soldadura por electrodo, soldadura MIG – MAG, soldadura TIG). Realizaron traballos de deseño de planos de diferentes pezas tanto a man, empregando os coñecementos do debuxo técnico, coma no ordenador, usando o programa Autocad.
martes, 7 de junio de 2016
Proxectos arteferro
Este é o dossier que elaboraron os alumnos do Ciclo de Soldadura despois de buscar información, diseñar e aplcar os coñecementos adquiridos durante o curso. As creacións son impresionantes. Parabéns!!.
Traballos Alumnado
jueves, 2 de junio de 2016
Recollida de diplomas 1ª movilidade Erasmus+

Hoxe tivo lugar en Pontevedra a recollida de diplomas do alumnado de Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería que finalizou a 1ª movilidade Erasmus+ Deputación de Pontevedra, cunha estancia de seis meses en Belfast e unha cuantía de 1600 euros/mes.Ao acto organizado pola Deputación de Pontevedra asistiron dous alumnos que participaron, Diego Filloy e Rafael Viana, o xefe de estudos do centro, Ricardo Rey, e o director, Diego Arias.
Experiencia laboral, mellora da competencia lingüística e maduración persoal son puntos clave deste proxecto.
Á pregunta, repetirías estas experencia? Ambos coinciden en dicir: Sí, sen pensalo.
Gran proxecto e grandes rapaces. Parabén Diego e Rafael!!
miércoles, 1 de junio de 2016
O Ciclo de Soldadura visita en Bilbao a BIEMH
Os alumnos do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería do Marco do Camballón visitan a 29 edición da feira BIEMH (Feria bienal de la máquinas herramientas).
Esta feira, unha das máis importantes deste sector de Europa, ten lugar cada dous anos en Bilbao na BEC. É unha oportunidade única para estes vinte alumnos e tres profesores poder ver os avances tecnolóxicos do sector da fabricación mecánica en xeral.
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Bilbao,
Soldadura
sábado, 14 de mayo de 2016
viernes, 13 de mayo de 2016
Visita do alumnado da Primeira Mobilidade Erasmus+
Hoxe tivo lugar na aula Manuel Dobarro a recepción de dous alumnos do Ciclo de Soldadura e Caldeirería que rematou a Primeira Mobilidade Erasmus+ na cidade de Belfast en Reino Unido durante 6 meses. Este programa está solicitado a través dun consorcio entre a Diputación de Pontevedra e varios centros da provincia entre o que se encontra o IES Marco do Camballón. Participa o alumnado que remata o ciclo e ten un período dun ano para poder acollerse a el.
Dende o pasado 25 de abril outros tres alumnos do centro participan na Segunda Mobilidade Eramus+ na mesma cidade. Queda pendente o destino de outros tres alumnos que se incorporaran no mes de outubro na Terceira Mobilidade Erasmus+.
O alumnado conta cunha beca de 1600 euros mensuais e o desprazamento de ida e volta incluídos.
Con este programa o alumnado adáptanse as esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiren aptitudes específicas e experiencia laboral así como unha preparación e actualización da lingua de acollida (neste caso inglesa que é algo que demanda o sector metalúrxico).
Diego Filloy e Rafael Viana contáronnos como foi a súa esperiencia durante a súa estancia na costa este de Irlanda do Norte e tamén respostaron a todas aquelas dúbidas que moitos compañeiros/as do centro.
Parabéns rapaces por esta experiencia irrepetible!!
sábado, 27 de febrero de 2016
Visita ao estaleiro de Navantia
Os alumnos de 1º e 2º do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería fixeron unha visita guiada polos estaleiros de Navantia en Ferrol
onde puideron comprobar todo o proceso que se leva a cabo na construción naval.
En primeiro lugar recibiron
unha charla sobre o compromiso coa calidade do sector naval, dende os operarios
ata os directivos e como grazas a esa calidade se reducen os custos e os
prazos.
Posteriormente visitaron o estaleiro na súa
totalidade, onde puideron coñecer os medios tecnolóxicos mais avanzados na construción
naval, pasando polo corte e preparación das chapas e perfís ata a construción
de bloques e o seu ensamblaxe así como, os diques secos para a reparación
naval.
A visita rematou no museo
do estaleiro, onde fixeron unha pequena achega á historia do estaleiro de
Navantia e como foron mellorando os medios na construción naval.
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Navantia,
Soldadura
martes, 13 de noviembre de 2012
SOLDADURA: PRINCIPIOS Y APLICACIONES
O presente libro é o manual profesional imprescindible de Soldadura. Corresponde á 5 edición norteamericana, e estuda e analiza os diferentes procesos de soldadura, cada sección introduce nos materiais, equipos, procesos ...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






.jpeg)








