miércoles, 30 de enero de 2019

*eu son

Este ano quixemos traballar o día da Paz dun xeito diferente, facendo unha reflexión co hastag *eu son.


martes, 29 de enero de 2019

Visita á Biblioteca Xosé Neira Vilas

O alumnado de 1º de ESO visitou a Biblioteca Municipal. Elsa e Mónica explicaron como se distribúe os materiais que hai e fixeron unha pequena actividade para buscar distintos libros. Aproveitamos a visita para facernos usuarios da biblioteca cubrindo o carné.

lunes, 21 de enero de 2019

Visita de Carlos Labraña

O alumnado de 1º ESO e 1º FBásica estiveron con Carlos Labraña. E estas son algunhas das crónicas que fixeron:


O día 18 de xaneiro de 2019 ás 12:50 h da mañá fomos todo 1ºA á biblioteca do instituto porque viña Carlos Labraña, o autor do libro O valo, a darnos unha charla.
Cando xa estabamos e acomodados, el presentouse e dixo que era de Cedeira (A Coruña). Despois foinos facendo preguntas sobre o libro en xeral; por exemplo, preguntounos que acontecera e, por último, que personaxe escolleriamos nós se nos desen a elixir entre o Soldadiño ou Sahara. Todos dixemos Sahara; Carlos contounos unha anécdota de que en todas as charlas que dera só un neno dixera o soldadiño. A continuación preguntámoslle unha dúbida que tiñamos sobre o final do libro.
Posteriormente foron ler uns compañeiros meus un fragmento do libro O valo. En primeiro lugar, Carlos Labraña interpretou ao Soldadiño e Yasmín, a Sahara. Seguidamente foron Ainara e Alejandro e despois ninguén quería ir ler, entón Miriam presentouse voluntaria para facer de Soldadiño e Anais de Sahara. Finalmente, quitamos unha foto en grupo co autor e marchamos para a clase porque xa tocara o timbre.
Lorena Alonso

O venres día 18 de xaneiro veu ao noso instituto un escritor galego chamado Carlos Labraña. Estívonos contando por que escribiu o libro titulado O valo. Contounos tamén que escribiu outros libros e que estaba especializado en teatro infantil.
Estivemos actuando coma se foramos os protagonistas, que eran dous. Chamábanse Sahara, a nena que quería saltar a fronteira, e o Soldadiño de Chumbo, que non a deixaba pasar.
Para terminar a súa visita démoslle as grazas por vir ao noso centro. Para ter un recordo de cando veu, fixéronnos moitas fotos con el. Eu estou moi agradecida de que viñera. Paseino moi ben nesta visita que nos fixo!
Lucía Gil

viernes, 11 de enero de 2019

Charla Igape

O alumnado de 2º curso de ciclos formativos, e os alumnos de economía de ESO e Bacharelato, asistiron o pasado día 10 de xaneiro, a una charla do IGAPE sobre a viabilidade de proxectos empresariais, que tivo lugar na aula Manuel Dobarro.
Dita actividade se enmarca no Programa Eduemprende, organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e foi impartida por Fátima Rodríguez, socia de promove consultoría, e coa colaboración da empresaria e emprendedora Marta Blanco, propietaria de Galáurea SLU.
A valoración foi moi positiva, pois o seu contido esta moi relacionado coas materia de economía e iniciativa a actividade emprendedora.



jueves, 10 de enero de 2019

Taller de sensibilización contra a violencia de xénero


Cal é a idea que teñen os mozos e mozas do amor? Son conscientes dos riscos cibernérticos aos que se expoñen ao compartir fotos e comentarios nas redes? Seleccionan a música que escoitan? Son críticos coa publicidade que chega as súas máns? Todos estes temas englobaron a charla taller sobre prevención  e detección da violencia de xénero na que participou o alumnado de FPBásica e 2º ESO. Entre todos e todas podemos e debemos construír unha sociedade onde nos sintamos seguros e seguras.



miércoles, 9 de enero de 2019

Taller de entroido

Hoxe tivemos a honra que contar con César Gúzman (ex-alumno do centro), membro da asociación Cultural Vellos dos Cornos de Merza,  para falarnos do Entroido do Ulla e amosarnos como se fan os versos de Moros e Xenerais. Este ano o alumnado de 1º ESO vai participar no III Encontro de Entroido que terá lugar no Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces, xunto co alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira, CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, CEIP Cerdeiriñas de Piloño e CEIP de Merza.  Serán eles os encargados de dar o alto dos Xenerais e Moros.