No mes de febreiro, no marco do Plan Director, recibimos a visita dunha axente da Garda Civil que falou ás familias sobre a violencia de xénero. Da man da axente descubrimos como traballan as forzas de seguridade nestes casos, as dificultades ás que se enfrontan e a importancia da súa labor na axuda as vítimas. Asemade, amosaron ás nais asistentes os contidos que se traballan sobre este tema nas charlas que imparten nos centros educativos ao alumnado.
Foi unha xornada de reflexión e intercambio de impresións, nas que se fixo patente que a violencia de xénero é unha cuestión que afecta a parellas de calquera idade e clase social, así como a importancia de pedir axuda e denunciar.
martes, 27 de febrero de 2024
Charla sobre violencia de xénero para familias
jueves, 1 de diciembre de 2022
25N
Como chovía moito
baixamos ao ximnasio. Alí bailamos a coreografía elaborada polas alumnas de 4 de ESO sobre a canción Hay algo en mi de Miriam Rodríguez. viernes, 25 de noviembre de 2022
25N
Dío como queiras...
Baixo este lema quixemos concienciar aos nosos adolescentes da necesidade de denunciar calquera tipo de maltrato: físico, psicolóxico, sexual ou económico en non tolerar este tipo de situacións.
Que saiban diferenciar unha relación afectiva sana dunha relación basada no dominio e o control da parella, que poida desencadear en violencia.
Dío como queiras....
lunes, 21 de noviembre de 2022
Sensibilizar sobre a violencia de xénero
Hoxe mostrámosvos un proxecto moi especial. O alumnado de 1º de FPB realizou, co seu profe de inglés Adrián, unha serie de actividades que tratan de sensibilizar sobre a violencia de xénero, no marco da celebración de 25N. Primeiro traballaron na aula ordinaria con diferentes fichas e despois graváronse na aula da radio. Incluíron unha entrevista, música de fondo e a lectura de frases célebres. Moi bo traballo
viernes, 11 de noviembre de 2022
AS CARAS DO MALTRATO
Aprendemos sobre xénero, roles, estereotipos e a súa presenza na linguaxe. De forma inconsciente asumimos determinados comportamentos como propios dun ou doutro xénero, como consecuencia do proceso de socialización diferencial, o que contribúe a reproducir a desigualdade entre os xéneros. Ser conscientes destas cuestións favorece unha vivencia libre de estereotipos, baseada no respecto e igualdade, o que contribúe á prevención da violencia de xénero.
Agradecemos a Lucía as aprendizaxes que nos transmitíu!
jueves, 9 de junio de 2022
Sesión sobre Violencia de Xénero
Nesta semana, o alumnado dos ciclos formativos de Soldadura e Atención a persoas en situación de dependencia, participou nunha sesión sobre violencia de xénero impartida por un policía experto na materia.
Coa súa intervención, o axente explicou ao alumnado cales son os signos de maltrato e os distintos tipos de violencia (visible e invisible, explícita e sútil), así como as posibilidades de intervención das autoridades en cada caso. Abordouse o concepto de violencia de xénero, distinto doutros como violencia doméstica, enmarcando o tema dende unha perspectiva legal, na que o alumnado puido coñecer tamén as consecuencias do maltrato para os agresores. Na sesión, de dúas horas de duración, tamén houbo tempo para comentar sobre o sexting e os seus riscos, así como as implicacións legais da difusión de material íntimo de terceiras persoas.
O alumnado amosou moito interese na temática e participou activamente na sesión, conectando co axente e a súa labor.
jueves, 25 de noviembre de 2021
25N
Gritar, ameazar, desprezar, anular, agredir, ignorar... rexeitamos todo tipo de violencias, as visibles e as que non se ven.
20211125 - Kizoa Movie Maker
lunes, 22 de noviembre de 2021
Performance 25N
viernes, 19 de noviembre de 2021
Lectura para o 25N
viernes, 23 de octubre de 2020
Concurso de frases organizado polo Concello de Vila de Cruces con motivo do día internacional da non violencia de xénero 25Nmartes, 26 de noviembre de 2019
25N
O alumnado de 4º e bacharelato traballo na aula o texto"Medias Rojas" de Emilia Pardo Bazán
O alumnado de ciclos e FPbásica participou nunha charla sobre novos modelos de masculinidade.
Para pechar os actos, reunímonos no ximnasio onde estaban escefinicado un ceminterio, onde 52 pares de zapatos foron asignados aos nomes das 52 mulleres víctimas da violencia de xénero.
martes, 17 de septiembre de 2019
Minuto de silencio
jueves, 10 de enero de 2019
Taller de sensibilización contra a violencia de xénero
Cal é a idea que teñen os mozos e mozas do amor? Son conscientes dos riscos cibernérticos aos que se expoñen ao compartir fotos e comentarios nas redes? Seleccionan a música que escoitan? Son críticos coa publicidade que chega as súas máns? Todos estes temas englobaron a charla taller sobre prevención e detección da violencia de xénero na que participou o alumnado de FPBásica e 2º ESO. Entre todos e todas podemos e debemos construír unha sociedade onde nos sintamos seguros e seguras.
lunes, 19 de noviembre de 2018
Sensibilización contra a violencia de xénero
Dentro da semana de sensibilización contra a violencia de xénero, o alumnado de 2º TAPSD realizou un traballo sobre micromachismos na prensa escrita e na linguaxe cotiá.
Tapamos as fiestras do instituto facer facer visible este problema.
lunes, 27 de noviembre de 2017
27N
2017-11-27 27N
No acto o alumnado do ciclo leu un manifesto. Un grupo de alumnas e alumnas tocaron Imagine de Lenon.
As delegadas e delegados xuntos cas subdelegadas e subdelegados de cada clase foron os encargados de soltar un globo en representación de cada clase.
Durante o recreo tamén inaguramos a aula de alumnado na que se estivo traballado neste trimestre para crear un espazo adicado ao xogo e para realizar traballos en grupo.
viernes, 24 de noviembre de 2017
25N: Mulleres e homes pola igualdade
martes, 24 de octubre de 2017
Tocando as estrelas. Violencia Zero
No acto houbo un recordo para as mulleres que foron vítimas de violencia de xénero.
miércoles, 25 de noviembre de 2015
25 de novembro: Educando contra a Violencia de Xénero
150 vídeos para traballar a prevención da violencia de xénero no eido educativo.
No centro traballouse este tema e o resultados foron traballos como estes:





